luns, 7 de abril de 2014

O JEALSA MEDALLA DE BRONCE NO PLAY-OFF DA LIGA GALEGA XUVENIL:

Só 3 xogadores abandoarán a disciplina do JEALSA por idade
Agridoce final de campaña para o noso equipo xuvenil que tras moitos anos de ausencia volvía a unha fase final dun Cpto. Galego. A derrota chegaba na semifinal das 11:00 ante os anfitrións do EMEVE. Os da muralla contaban coa alta de dous xogadores integrantes da concentración permanente da selección española júnior (Víctor Conde e Mario Dovale). A gran pedra no camiño para os nosos foi a recepción e os numerosos saques errados, en especial nos dous primeiros sets. Tras unha reacción no 3º parcial onde parecía que o JEALSA podía levar o encontro ó tie-break os locais pecharon o encontro por 3-1. A final de consolación agardaba e os boirenses conseguiron doblegar ó Voleibol Dumbría (1-3) para alzarse coa medalla de bronce nesta fase final da LGXM. As bases dun proxecto que de seguro terá continuidade nas vindeiras campañas quedan cimentadas posto que a columna vertebral do JEALSA seguirá competindo en idade xuvenil. Traballo de calidade e humildade son os ingredentes para regresar a un play-off sendo máis competitivos. Ánimo.

3 comentarios:

Gus dixo...

Bo traballo!!!!

Para o ano... máis e mellor!!!

Jesus_pivot dixo...

Gran temporada de todos rapaces!!!
Lástima que Xian non pudese estar toda a temporada.
Noraboa polo 3º posto.

farrucox dixo...

Quedádevos co positivo de ter disputado unha fase final. O traballo que fagades dende agora ata a seguinte, só depende de vós para mellorar resultados.NORABOA EQUIPO