Medallas boirenses no Cpto. de España de hai 15 días |
Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Rubén Martínez, Christopher Rodríguez, Daniel Olveira, Darío Outeiral e Pablo Nieto son os xogadores da canteira do Boiro Voleibol que conquistaron Valladolid hai escasos 15 días e trouxeron cara Galicia 7 medallas do Campionato de España por Seleccións Autónomas representando á Selección Galega. O feito non pasou desapercibido para as autoridades locais que mañá sábado día 10 de maio teñen programada unha recepción na casa do Concello ás 12:00h para homenaxear ós nosos deportistas. Unha vez máis confírmase a perfecta comunión e colaboración constante que existe entre o Departamento de Deportes do Concello de Boiro e o noso clube. Por suposto, agardamos a presencia dos familiares dos rapaces para acompañalos nun momento tan especial.
1 comentario:
Aqueles compañeir@s do club que queiran acompañar ós 7 medallistas poderán facelo tamén. Lembrade, ás 12:00h no Concello
Publicar un comentario