Voleibol Dumbría e JEALSA trala semifinal (Vía FGVB) |
O pasado domingo día 11 de maio celebrouse na localidade de Dumbría o playoff da Liga Galega Cadete Masculina onde os 4 mellores equipos da fase regular pelexaron polo cetro autonómico. O JEALSA, composto case que na súa totalidade por xogadores en idade infantil, caía en semifinais ante os anfitrións do Voleibol Dumbría (25-16, 25-14, 25-11). O encontro estivo marcado pola efectividade do servicio local que fixo estragos na liña de recepción boirense. Na outra semifinal o EMEVE de Lugo desfacíase sen atrancos do Calasancias Coruña (25-4, 25-14, 25-20), rival dos nosos no encontro pola medalla de bronce. Nun encontro atípico, de momentos malos alternados con accións brillantes, caían os de Adrián Alves despedíndose do terceiro escalón do podium despois de 5 sets e de plantar batalla a un equipo con máis experiencia e maior poderío físico (13-25, 25-16, 16-25, 25-17, 13-15). Na gran final o EMEVE dominaría por 3-0 ó Voleibol Dumbría (21-25, 23-25, 17-25)
Ningún comentario:
Publicar un comentario