NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(19-25, 20-25, 20-25)-(Semifinais da Copa Galicia 2013)
|
Espectacular aspecto da Cachada, gracias afección |
Non puido ser. O afán por repetir a fazaña da pasada temporada eliminando da Copa a un equipo da máxima categoría quedouse definitivamente en nada. Ante un gran número de afeccionados congregados nas bancadas da Cachada, boirenses e vigueses decidiron qué equipo acompañaría ó EMEVÉ na final do torneo. Dende o comezo os olívicos se mostraban moi sólidos. Atinadísimos en bloqueo-defensa e cunha dirección maxistral do seu colocador Eduardo Sánchez non permitían ós locais atopar a maneira de puntuar con certa fluidez. Malia non baixar os brazos en ningún momento do encontro, os de Emilio Palacio víronse superados na tarde de onte pola velocidade de cruceiro vermella, que camiñaba sen fisuras hacia un merecido triunfo. Unha das cruces branquiazuis no encontro foi sen ningunha dúbida os arranques de set, cedendo amplias vantaxes iniciais ó rival e outorgándolle a confianza de remar a favor de corrente prácticamente en todo momento. Agora non hai tempo para lamentos, en tres semanas arranca a aventura da Superliga 2 e hai que correxir erros e afinar a preparación. Ánimo! Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio, Mario Iglesias, Jesús Vázquez e Adrián Alves. Como reservas estaban Ismael Martínez, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Antón Pérez.
2 comentarios:
Non queda outra, felicitar a un rival que onte foi mellor e reunir máis forzas para volver ó traballo con enerxías renovadas e mellorar, mellorar e mellorar a medida que avancen as semanas. Un equipo non se mide polas veces que cae, sinon polas veces que se levanta. Compis, ferro e parqué, ánimo!
FORZA BOIRO VB!!!
Sinto moita coraxe por non saber levar o partido adiente, non poder cumplir no campo,non competir o nivel desexado, a nosa xente si cumple asistindo o encontro e nos non demos todo o que podiamos contra un equipo que foi, e todo hai que decilo moitisimo mellor que o noso en todas a facetas do xogo.
Noraboa o CLub Vigo.
Moitas gracias a todo o publico que se achegou pola Cachada, xa lle gustaria a mais de un equipo de primeiro nivel ter tanto publico nas bancadas.
Publicar un comentario