mércores, 25 de setembro de 2013

O CLUB VIGO VOLEIBOL DA SUPERLIGA VISITA A CACHADA O SÁBADO 28:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL - CLUB VIGO VOLEIBOL
(19:00h, A Cachada)-(Semifinais da Copa Galicia 2013)

Imaxe correspondente á semifinal do 2012 en Rianxo
Despois dun longo período de descanso, A Cachada volve esta fin de semana a vivir a festa do voleibol. Cun aspecto renovado gracias á intervención do Concello de Boiro nas últimas datas, o templo do volei boirense volve a estar preparado para unha temporada que se antoxa apaixoante. Deste xeito, as semifinais da Copa Galicia 2013 aterrizan este sábado no renovado piso do pavillón da Cachada para levar a cabo a súa inauguración oficial. Repetindo a semifinal da tempada pasada celebrada no exilio no Municipal de Rianxo, olívicos e boirenses tentarán de gañarse sobre a cancha unha praza para disputar a final do torneo. Na outra semifinal EMEVE de Lugo e Intasa San Sadurniño pelexarán para seguir vivos na Copa e tentar alzarse co entorchado autonómico. Para abrir boca, a partires das 16:30h o noso equipo xuvenil masculino disputará o seu primeiro partido amigable da temporada ante o IES de Ames. ¡Non faltes!

Ningún comentario: