O NÁUTICO XA COÑECE O CALENDARIO NO ANO DO SEU DEBUT NA SM-2:
O Náutico debutará na SM-2 ante o CyL Palencia 2014
Definitivamente son oito os equipos de toda a xeografía española que serán rivais do noso primeiro equipo masculino nesta nova andaina na categoría de prata do volei español: Intasa San Sadurniño, AD Cáceres Extremadura, CV AA Llars Mundet (Barcelona), CV Mediterráneo de Castellón, CDV Textil Santanderina, CyL Palencia 2014 (Selección española júnior), CV Leganés e FC Barcelona competirán nunha liga que se antoxa moi competitiva e na que os de Emilio Palacio deberán mostrar cada fin de semana a súa mellor versión para plantar batalla a rivais de tanta entidade. O calendario, que hoxe publicou na súa web a RFEVB, foi caprichoso e reservou unha estrea de luxo á vez que esixente para os boirenses: o 19 de outubro de 2013 o Náutico visitará o "Campo de la Juventud" (Palencia) para medirse á todopoderosa Selección Española Júnior, ex-equipo do boirense Pablo Bugallo. Debut inmellorable para unha temporada que se albisca trepidante e chea de emocións fortes. ¡A por eles Náutico!
De verdad a federación vai volver permitir que se xogue una superliga de 7 ou 8 equipos, e una superliga 2 de 9 equipos? Unificación de liga XA porfavor, carece de sentido algún seguir con esta "charlotada". Se Teruel e moi superior a todos, pois que nos mete unha paliza e os demais competimos, pero para os gatos que conleva a un equipo como o Boiro Voleibol unha liga como a SM2, e mellor xuntar as ligas xa que os viaxes non cambian tanto e polo menos xogase unha liga de 25 xornadas, na que afecionados e os xogadores disfrutemos dunha boa liga. Xuntar as ligas é o único método de voltar a unha liga competitiva.
2 comentarios:
vamooooos!!!!

Publicar un comentario