EMMA, ANA, RUBÉN, PABLO E ISMAEL CONVOCADOS COA SELECCIÓN GALEGA:
5 boirenses no #CESAVB13 de Valladolid
O vindeiro mércores día 3 de xullo dará comezo en Valladolid o Campionato de España por Seleccións Autónomas nas categorías cadete e infantil, tanto masculino como feminino. Unha vez máis, os técnicos da FGVB poñen os ollos nas promesas do volei boirense para confeccionar os conxuntos que representarán a Galicia en pucela. Emma Ordóñez (infantil feminina), Ana Bugallo (cadete feminina), Rubén Martínez e Pablo Nieto (infantil masculina) e Ismael Martínez (cadete masculina) serán os nosos abandeirados neste torneo de ámbito estatal. Mención especial merecen tamén Lois Vázquez (cadete) e Darío Outeiral (infantil), que permaneceron no grupo das súas respectivas seleccións ata a última concentración, quedando ás portas de viaxar a terras castelás. Todo aquel que queira seguir os avances dos nosos rapaces pode premer nos enlaces vermellos anteriormente citados. ¡Moita sorte e a pasalo ben rapaces!
Enhorabuena a nuestros cachorros y ahora a darlo todo en el campeonato. Nuevas experiencias para Rubi y Pablo y nuevas sensaciones para los repetidores. Vamos Galicia. Nos veremos por Valladolid...
Unha experiencia máis rapaces, pasádeo en grande. Que pena as ausencias de Darío e Lois, o seu traballo durante o ano ben merecía a convocatoria pero todos non teñen cabida. A seguir!
4 comentarios:
E logo Lois?¿ Que tipo de convocatoria e esta....
Lois Selección
Enhorabuena a nuestros cachorros y ahora a darlo todo en el campeonato. Nuevas experiencias para Rubi y Pablo y nuevas sensaciones para los repetidores. Vamos Galicia. Nos veremos por Valladolid...
Cantos infantiles lle arriman o saque?? solo Darío. Papi era pequeno e titular en Italia.
Quen coño é o seleccionador???? Ah, xa sei...
Unha experiencia máis rapaces, pasádeo en grande. Que pena as ausencias de Darío e Lois, o seu traballo durante o ano ben merecía a convocatoria pero todos non teñen cabida. A seguir!
FORZA BOIRO VB!!!
Publicar un comentario