domingo, 28 de xullo de 2013

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VOLEI PRAIA, UN BRONCE QUE SABE A OURO.

Bronce para o Barraña VP no Cpto. de España Infantil
Esta fin de semana tivo lugar na praia do Ézaro o Campionato de España Infantil de Volei Praia por clubes. Os mellores xogadores e xogadoras sub-15 do panorama nacional congregábanse en Dumbría nun torneo no que o noso club irmán, o Barraña Volei Praia, volvería cunha merecida medalla de bronce en categoría masculina. Rubén Martínez, Pablo Nieto, Daniel Olveira e Darío Outeiral subíanse ó terceiro escalón do podio tras derrotar nun encontro de infarto ó Voleibol Xátiva da Comunidade Valenciana por 2-1 e por deste xeito a guinda a un torneo no que competiron a un gran nivel. O CV Sóller (Baleares) subiu ó máis alto do caixón tras doblegar ós malagueños do VB San Pedro. No apartado feminino destacar a actuación de Emma Ordóñez, Lea Gatbache, Paula Vázquez, Irea Triñanes e Paula Mourís que alcanzaron un meritorio 8º posto nun torneo que se levarían as rapazas do EMEVÉ de Lugo. 

5 comentarios:

Gus dixo...

noraboa a todos, incluindo ós adestradores!!!!!

Adrián Alves dixo...

Noraboa rapaces, resultado máis que merecido. O ano que vén volveremos con máis forza. Hoxe a celebralo pero mañá comeza unha nova guerra para nós.

P.D: felicitar tamén a Laura, Lía, Ada, Calíope, Marta, Emma, Lea, Paula Vázquez, Paula Mourís, Irea, Gabriel, Álex, Jorge e Christopher polo seu bo papel no torneo.

FORZA BOIRO VB!!!

Jesus_pivot dixo...

Moi ben rapaces.

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Parabéns e moita satisfacción polo resultado. A seguir así!

Andrés "Araña" dixo...

Gran torneo campeones. Es un gustazo el veros jugar. Muy bien los otros equipos del club. Gracias a todos los que os desplazasteis a Ezaro a animar a los equipos. A seguir trabajando que vienen las recompensas. Ben xogaooooo