sábado, 19 de febreiro de 2011

Resultados do 19-20 de febreiro:

OS BACELOS DODRO 3-1 BOIRO VOLEIBOL
(23-25,25-20,25-19,25-13)-(Liga provincial cadete feminina)


Sheila prepara o saque en Dodro
Partido no que según o seu adestrador as nosas xogaron con apatía e falta de actitude. As locais aproveitaron estas circunstancias e, de menos a máis e cun xogo pouco vistoso pero efectivo conseguiron levarse a vitoria dun xeito merecido. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sheila (10 puntos), Ana (20), Alejandra, Sara (6), Katy (8) e Alba. Tamen xogaron Melissa (3), Sandra (1) e Andrea. O equipo ás ordes de Juan Resúa finaliza a competición regular desta liga provincial nunha meritotia 3ª plaza polo que o día 12 de marzo disputará a fase de ascenso á Liga Gallega Cadete. Moita sorte para elas, ánimo.



ZALAETA 3-1 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-13,25-17,17-25,25-23)-(Liga galega xuvenil masculina)


Bloqueo de Diego Romero
Ata Coruña se desplazaban os pupilos de Andrés Martínez para facer fronte ó equipo local do Zalaeta. Comezaba o encontro cos nosos totalmente desconectados en recepción, cuestión que impedía trenzar combinacións en ataque e incomodar o entramado defensivo dos coruñeses. Esta situación de imprecisión reinou nos dous primeiros xogos, os cales dominou o Zalaeta con soltura. No terceiro, o Trillizos aumentou a porcentaxe de recepcións boas, elevou o nivel de defensa e o seu xogo resultou ser de máis nivel. O resultado deste parcial foi de 17-25. O cuarto set estivo marcado pola igualdade pero o acerto dos locais en momentos importantes fixo que caera deste lado por un axustadísimo tanteador de 25-23. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Diego García, Diego Romero, Miguel Lorenzo, Antón Pérez, Martín Herrera, Ismael Martínez e Arsenio (líbero).

ACERSA VOLEY ARTEIXO 2-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 13-25, 21-25, 25-21, 7-15)-(2ª Div. autonómica feminina)


Alicia e Ángela en bloqueo frente as de Arteixo
Vitoria importante para o Proboin ante un rival directo nesta 2ª división autonómica feminina, que sumada á derrota do San Sadurniño ante o XAV Cambados por 3-2 lles permite ás boirenses situarse líderes en solitario da competición. Comezaron as boirenses cun moi bo plantexamento táctico pero con numerosos erros, sobre todo en recepción e saque. Desta situación aproveitáronse as locais para levarse o primeiro parcial. No segundo set as pupilas de Andrés Martínez saíron moito máis concentradas, aumentando sobre todo o nivel de saque que fixo estragos na recepción local e anotándose o set de maneira merecida. O terceiro e cuarto set foron os máis igualados da disputa. As locais melloraron a recepción e a súa eficacia en bloqueo mentres que as boirenses apoiábanse nunha gran defensa que evitaba que as coruñesas puideran pechar os puntos con facilidade. O resultado foi de un set para cada conxunto. No tie-break as nosas saíron cunha mentalidade moito máis agresiva moi animadas e cun xogo contundente co equipo rival que en ningún momento puido plantarlle cara ás rapazas do Proboin. Polas boirenses xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, Carolina Cuadros, Alicia Novoa, Rebeca González, María Triñanes e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Luisa, Sara Martínez e Leonor Lorenzo.

ZALAETA B 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-22,25-22,25-16)-(2ª Div. autonómica masculina)


Disposición do Redesyl
Dura derrota a sufrida polo equipo filial en terras coruñesas. Non conseguiron os de Antón Pérez construir o xogo como eles desexaban posto que a recepción foi deficiente complicando a transición ó ataque por parte dos nosos colocadores. Con este tropezo o Redesyl da un paso atrás nas súas aspiracións ligueiras polo que deberán comezar a carburar a maquinaria canto antes para revertir a situación no futuro.Redesyl Boiro Voleibol: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Diego Romero, Adrián Armental "Naranxo", Antón Pérez "Balboa", Fran López "Chepe" e Diego Alcalde (líbero). Como reservas estaban Luis Lustres, Alén García, Manuel Pérez "Cholo", Juan "Mande" e Rubén Román Vidarte.

VOLEIBOL DUMBRÍA 2-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(21-25,20-25,25-12,25-21,17-19)-(Liga galega cadete masculina)


Abel en colocación
Axustada vitoria do equipo cadete masculino do Boiro Voleibol nesta liga autonómica ante o Voleibol Dumbría, deste xeito os rapaces do Reyca afirman a importante evolución do seu xogo cun bo resultado nunha complicada cancha. Os de Andrés Martínez mantiveron unha boa orde defensiva con especial atención nos ataques ó segundo toque e nas fintas do equipo rival. Mellorou tamén a actividade psicolóxica respecto a outros días xa que a intensidade dos nosos empezou a parecerse á que se lle solicita nos adestramentos. Non cabe dúbida de que esta non é máis que unha mostra de potencial para os rapaces do Reyca Boiro Voleibol, nos que todo o club ten posta as súas esperanzas de cara un futuro próximo. Polo Reyca xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Raúl Lojo, Daniel Vázquez, Abel Sánchez, Óscar Refojo, Lois Vázquez e Alfonso.

11 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Noraboa rapazas do Proboin, sabía que non fallaríades!!.GRANDES

Ós coleguis do Redesyl darlle moitos ánimos para que sigan traballando e aprendendo dos erros cometidos no pasado, hai que mirar adiante!

Noraboa tamén ás pequenas do club (xuvenís e cadetes) que parece que van disputar a fase de ascenso á liga galega. PARABÉNS!!

P.D: Podedes acceder directamente ás vosas respectivas clasificacións dende o blog xa que encontraredes na barra esquerda o link de cada táboa clasificatoria.


FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

Chicho, te colaste en lo de redesyl boiro voleibol, tienes puesto 2ª div autonomica femenina

Adrián Alves dixo...

Ups!!

Gracias, xa está correxido!

a10 dixo...

chicho en los cadetes también jugo alfonso. eso es cadetes!!!!!!!1111

Adrián Alves dixo...

OOOOOOOOkas!

Narciso dixo...

Diego Romero é un animal. Choto fijo!!!

Narciso dixo...

Bueno, e tembla Pas. Vaia foto de Abel. Falasca!!!

angela dixo...

Chicas, enhorawena por el partidazooooo!! A seguir así, queda poco para conseguirlooo
Un placer jugar con todas vosotras...
Muak

PD: muxo ánimo pa los xicos de segunda, podeis conseguir muxo todavía!!

a10 dixo...

moi boa idea o de poñer os accesos directos das clasificacións na páxina!!
vamos cadetes podemos seguir ca racha!!
animo os de 1ª que xogan contra rianxo, faremos da cachada un inferno para os rianxeiros!
noroboa as rapazas que se consolidan como favoritas para o título e teñen a fase de ascenso na man!
forza CV Boiro!!

Adrián Alves dixo...

Incorporamos unha galería fotográfica máis ó blog. Podédela atopar na barra esquerda do mesmo. Gracias Evelyn e todos os que colaborades.

Narciso dixo...

Os de 2ª están bailando a "haka" dos all-blacks???
Que actitude é isa?? ata o colocador ten as mans nas rodillas