mércores, 16 de febreiro de 2011

¿Queres seguir xogando como local na Cachada?

Imaxino que a resposta a esta pregunta será por todos unánime, un "si" rotundo escoitase de fondo. Pois de nós depende moz@s do Boiro Voleibol. Puntualidade, responsabilidade, compromiso, seriedade, orde, madurez, sensatez, etc, etc...Moitos son os adxectivos que describen cál debería ser o comportamento de todos nós nunha instalación deste tipo e que debemos elevar á máxima potencia se queremos que "A Cachada" siga sendo o noso fogar deportivo. Nos últimos tempos o comportamento en moitas ocasións non foi o que o xestor da instalación esixe, nin moito menos. Descoidos, desfases horarios, detalles sempre sen maldade nin mala intención, pero ó fin e ó cabo descoidos, irregularidades pola nosa parte. O xestor da instalación, coma xestor que é esixe. As súas esixencias deben ser acatadas polos usuarios (nós), respetando en todo momento e en tódalas súas vertentes o pacto que existe entre o Boiro Voleibol e ditos xestores deportivos (horarios, protocolos, etc.).
Para evitar posibles interferencias a continuación citaremos os horarios pactados entre ámbalas dúas partes, horarios que deberemos respetar milimétricamente:

Disposición horaria en "A Cachada"

7 comentarios:

PIOJITA dixo...

Un pequeño detalle, si entreno con los chicos de 2º, dejarán que me pase un agüilla por encima,no? Cris y Oscar me lo agradecerán :-)
O el vestuario femenino tiene que quedar libre a las 20:45?

Adrián Alves dixo...

Luci, non creo q teñas ningún tipo de problema para abandoar o vestiario á mesma hora que o correspondente equipo sempre e cando contes co consentimento, neste caso, de Antón.

Rapaces a cuestión é MOI MOI seria. Se queremos seguir adestrando e xogando na que é e foi a nosa casa nos últimos tempos debemos cumplir ó 100% coas esixencias do xestor. Demostremos que somos serios e non só o aparentamos. De nós depende. Fagámolo ben...


FORZA CV BOIRO!!!

Narciso dixo...

Hai que respecar as esixencias do xestor. Ahi non me meto.

Se pasamos á parte deportiva, o equipo de 1ª ten 1h35' para entrar nas instalacións, cambiarse, quentar e entrenar. É o único momento da semana no que entrenamos todo o equipo.....se queremos facer algo na tempada igual é mellor que vaiamos entrenar ó Santa Baia

mechas dixo...

Narci, si o miramos asi o mesmo digo eu...que nos temos 5 min menos que vós...pero bueno, se estamos entrenando nunha instalazión privada,hay que respetar as esixencias do xestor (e ainda que fose municipal tamén). Pero bueno, e o que nos queda se queremos seguir xogando na Cachada. E creo eu que non e tan complicado cumplilos horarios que se poñen, eso si, temolo que facer TODOS!!
Un SAÚDO e sorte a todos esta fin de semana!! E en especial as rapazas de segunda que se xogan m8to este finde, ánimo rapazas!!

Adrián Alves dixo...

Completamente dacordo contigo Narciso, pero unha cousa é o que debería ser e outra ben diferente o que é.

Anónimo dixo...

Coido que estades a confundir as cousas. As esixencias veñen dadas porque dende principio de tempada pactáronse uns horarios que "nós solicitamos" e foron aceptados pola empresa. Nin é noso o pavillón nin a xestión, polo tanto o persoal que administra Supera, tén uns horarios e uns soldos nos que nós non poñemos nada e TEMOS QUE RESPECTAR.
CUMPRAMOS co que nos toca por RESPONSABILIDADE.
Bugallo

Adrián Alves dixo...

"que chungo. Ducharse en 10 minutos. Eso no pasa en ningun sitio. Qué están haciendo mal?"

19 de febrero de 2011 16:13

(ANÓNIMO)

Como ben sabedes e se avisou neste blog máis dunha vez non se permiten comentarios anónimos. En resposta a este último dicir que non se trata dunha cuestión do club, sinon que simplemente debemos ceñirnos a un horario dunha instalación privada. Estamos traballando en mellorar e non dubidedes que o faremos.



FORZA CV BOIRO!!!