domingo, 13 de xaneiro de 2013

OS NOSOS EQUIPOS ROZAN O PLENO DE VITORIAS NESTA XORNADA:

NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL 3-2 XAV CAMBADOS
(25-17, 18-25, 17-25, 25-17, 15-12)-(Liga galega infantil feminina)

Destacada aportación de Lea dende a liña de saque
Tras moitos intentos fallidos no que vai de tempada desta volta si puideron as infantís pechar favorablemente un encontro na lotería do tie-break. Comandadas polas veteranas Emma Ordóñez e Lea Gatbache dende a liña de saque conseguiron as de Andrés Martínez anotarse dous valiosísimos puntos para cargar de moral ó equipo e continuar traballando a reo durante os adestramentos da semana. Foi un encontro de ida e volta onde a efectividade dende os 9 metros se traducía en dominio no luminoso por parte dun e doutro equipo. Con esta vitoria as máis pequenas do club sitúanse a tan só unha vitoria das cambadesas ocupando a 11ª posición. A vindeira semana viaxaremos ó polideportivo Alonso Rodríguez de Noia para medirnos no derbi comarcal ó Fisioterapia Cinesia, encontro que se prevé moi parello ó igual que na ida en Barraña (vitoria boirense por 3-2). Polo Navales Chicolino Boiro Voleibol xogaron: Lea, Emma, Marta, Paula, Lía e Irea. Tamén xogaron Ada, Laura Olveira, Laura Piñeiro, Vera, Miriam e Luciana.

INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 3-1 XAV CAMBADOS
(25-19, 23-25, 25-17, 25-15)-(Liga galega cadete feminina)

Destacadísima aportación ofensiva de Emma e Ana
Vitoria en catro sets do equipo cadete feminino que dirixe Emilio Palacio ante un rival que agora distancia ás nosas en dúas vitorias nesta liga galega. Pódese dicir que a clave do encontro estivo no tino en ataque das boirenses que, lideradas polas súas canoneiras Emma Ordóñez e Ana Bugallo desmantelaban por completo o entramado defensivo das visitantes percutindo con dureza e contundencia nos brazos das cambadesas. Tan só no segundo set, onde a porcentaxe de efectividade das boirenses nesta faceta caíu un pouco, puideron as da comarca do Salnés facer perigar o resultado do choque. Esto non chegou a acontecer. A velocidade de pelota que as nosas xogadoras de banda lle imprimían ó esférico era demasiado para unha defensa do XAV que pouco podía facer para evitar que os dous seguintes sets caeran en peto branquiazul. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Ana, Emma, Lea, Antía, Sara, Claudia e Ángela (líbero). Tamén xogaron Marta, Paula, Irea e Lía.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS ESCUMA
(25-16, 25-19, 25-23)-(Liga galega xuvenil feminina)

As xuvenís compeltaron o pleno de vitorias
Clara vitoria das xuvenís de O Secreto en tres sets. As sensacións por parte das nosas eran unha prolongación das que se puideron ver minutos antes no encontro cadete, baseando nunha notable construcción do ataque as súas opcións de vitoria. O Secreto pisaba o acelerador desde o arranque, deixando claro que as cambadesas deberían estar moi atinadas para levarse algo positivo da Cachada. Melissa Novoa, Emma Ordóñez e Ana Bugallo enviaban ó firme do recinto boirense case que cada balón que lles enviaba a súa colocadora. Especial mención merece tamén a defensa de segunda liña plantexada polas boirenses, faceta que lle brindabadaba moitas oportunidades de break ás de Emilio Palacio. Con estes dous puntos as branquiazuis sitúanse 7ª igualadas a puntos co Calasancias Coruña. Por O Secreto formaban: Sara, Emma, Melissa, Ana, Katy, Alejandra e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Sheila Pouso, Andrea, Isa e Antía.

MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO 0-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 8-25, 20-25)-(Liga galega infantil masculina)

Clara vitoria dos infantís no derbi comarcal da liga galega
Merecido triunfo dos máis pequenos da sección masculina do Boiro Voleibol neste derbi comarcal ante os rianxeiros do Mexillón de Ouro para o que os nosos contaban coa baixa de última hora por lesión de Jorge Sieira. O cambio de esquema que mostraron os de Adrián Alves onde cobra vital importancia a figura do seu colocador e pequeno da saga dos Martínez (Rubén) serviu para derrotar a un rival que na primeira volta se levou os dous puntos da vitoria do polideportivo municipal de Barraña no tie-break. En ningún momento perigou o encontro para o Reyca que tras un intercambio de erros en servicio nos momentos iniciais do choque poñía a directa cara a vitoria mostrando unha das mellores versións do que vai de liga. Destacable aportación en ataque de Pablo Nieto e Álvaro Pérez que complicaron a defensa rianxeira en cada acción ofensiva que acometeron. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Rubi, Álvaro, Pablo, Darío, Christopher e Dani. Tamén xogaron Manu, Álex e Gabriel.

MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-16, 25-20, 25-19)-(2ª División autonómica masculina)

A inseguridade en ataque condea ó Redesyl
Contundente derrota a encaixada polo equipo filial na súa visita ó municipal de Rianxo. Foi un encontro cheo de erros non forzados e imprecisións de todo tipo por ámbolos dous conxuntos. O atenazamento dos boirenses sumado ó status de favorito do conxunto de Héctor Matilla foi unha lousa demasiado pesada para os de Adrián Alves que seguen sen conseguir mostrar nos encontros o nivel dos adestramentos. A gran asignatura pendente no choque da mañá do sábado foi sen lugar a dúbida a estabilidade no ataque. Non conseguían os novos xogadores boirenses encontrar o firme do terreo de xogo rianxeiro imprimindo golpes que inquedasen a defensa local. Con esta derrota sigue o Redesyl pechando a táboa clasificatoria da 2ª autonómica tendo a tiro de pedra ós ferrolanos do Narón Volea. Polo Redesyl xogaron: Ismael Martínez, Diego Romero, Adrián Armental, Xavier Sarille, Antón Pérez, Alfonso Rey e Daniel Sieira (líbero). Tamén xogaron Andrés Martínez, Fran Dieste, Alén García, Juan Outeiral e Xian Pérez.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEIBOL BERA BERA (San Sebastián)
(25-11, 25-14, 25-18)-(1ª División nacional masculina)

O Náutico liderará outra semana máis a 1ª división nacional
O Náutico Boiro Voleibol seguirá unha semana máis sendo o líder do grupo norte da 1ª división nacional masculina. Os de Emilio Palacio doblegaron en tres sets ó Bera Bera de San Sebastián nun encontro no que se produxo o debut co primeiro equipo do colocador cadete Ismael Martínez. Os primeiros compases do partido foron de tanteo mutuo. As imprecisións en ambos bandos caracterizaban a contenda ata chegados á decea de puntos no luminoso. Foi neste momento cando os de Emilio Palacio se escudaron nun fortísimo complexo bloqueo-defensa para poñer terra de por medio e gardar no peto o primeiro set. No segundo parcial o numeroso público congregado nas bancadas da Cachada viu como o encontro seguía polos mesmos derroteiros. Os vascos non podían facer fronte a solidez dos branquiazuis na tarde do sábado e vían como se lles poñía a empresa moi costa arriba. Co encontro de cara o preparador local aproveitou para ofrecer minutos a tódolos seus efectivos e apenas mudou a imaxe dun Náutico que non dou opcións ós de José Luis Moltó. Deberemos agardar ó resultado do encontro entre os madrileños de Collado Villalba e o Universidade de Valladolid (Domingo, 13:00h) para coñecer como remata definitivamente a xornada, o que é seguro é que a competición nacional seguirá sendo branca e azul. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Emilio Palacio, Gustavo Romero, Manuel Pérez, Jesús Vázquez, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como reservas atopábanse Ismael Martínez, Miguel Vázquez, Antón Pérez, Cristóbal Álvarez e Xavier Sarille.

9 comentarios:

Black Bandana dixo...

Es una pena que los de Segunda no diésemos la cara este fin de semana pues habríamos hecho un pleno de victorias en 6 categorías diferentes. Han sido 5, creo que la gente que está trabajando día a día para el club puede estar muy orgullosa.

El rendimiento del equipo de Segunda en los partidos por supuesto no es el deseado. Pero no debemos quedarnos con eso, esta temporada en ningún momento se plantearon objetivos de cara a alcanzar un puesto determinado en la liga.Se habló de formar jugadores, de sentar unas bases para los que vienen atrás y definir un sistema de juego (pues cada temporada nos encontrábamos con un equipo distinto que jugaba de forma diferente). Los que entrenamos sabemos que los objetivos se están cumpliendo. El cambio ha sido más que notable. Tenemos una plantilla comprometida que se esfuerza en cada entrenamiento (aspecto muy destacable pues somos los colistas y el compromiso es el mismo que el primer día).
Perder partido tras partido no es gusto de nadie, menos aún cuando no se juega al nivel real.Es algo que hay que cambiar y se cambiará,trabajando así no me cabe duda alguna.
Enhorabuena a los de Primera,animales.

Black Bandana dixo...

En cuanto al comentario sobre la foto de segunda por parte del simpático vecino...En fin,yo lo que veo en la foto es a 4 juveniles que si están en pista es por su rendimiento superior y punto.
Y el número 11 en concreto,pero tu ves donde pone la cabeza??Xian deixa as anfetas.

xavi dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Quen che dera a ti estar nese banquillo! dixo...

Xavi, si te lo dice el "Anónimo"...va a misa,q este tío tiene pinta de saber de lo que habla. Moito tempo libre me parece a min q teñen algúns!

Toca semana de anónimos espabilados dixo...

Llamarnos "burros" y a continuación escribir "hay mama" en vez de "ay mamá"...Está claro que sabes tanto de voley como de ortografía.

xavi dixo...

preocupado estou, sabelo ben. preocupate ti por culturizarte algo campeon e planteate poñer o teu nombre, tes moito de que esconderte?

Adrián Alves dixo...

Boa fin de semana para o club. Felicitar especialmente á sección feminina e ó mister polo pleno, a seguir traballando. En canto ós maromos... en liñas xerais ben, lástima ese tropezo do filial en Rianxo ante un equipo que simplemente foi mellor.

Felicidades tamén a Isma pola súa primeira convocatoria co Náutico, poucos o conseguen sendo cadete.

¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

Adrián Alves dixo...

Para comentar a partir de agora será preciso estar rexistrado.


¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

Jesus_pivot dixo...

El partido de segunda en Rianxo no fue bueno, ya lo sabemos, pero es importante que no os desanimeis, sobre todo los seniors, sois mejores jugadores de lo que aparenta por momentos en vuestros partidos, al menos cuando entrenais con el primer equipo "atracais", naranxo, xavi, anton, diego....hay que espabilar con el filial,animo.
La pequeñas hicisteis un pedazo de fin de semana todas.
PD: Emma eres buenisima.
Mis compañeros de equipo, sois peores que Emma pero jugasteis bien el sabado. :)