CV PONTEVEDRA A 3-0 NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(25-5, 25-10, 25-10)-(Liga galega infantil feminina)
CV PONTEVEDRA 3-1 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 24-26, 25-18, 25-18)-(Liga galega cadete feminina)
CV PONTEVEDRA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(26-24, 12-25, 22-25, 25-20, 5-15)-(Liga galega xuvenil feminina)
CLUB VIGO VOLEIBOL 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-5, 25-10, 25-10)-(Liga galega infantil feminina)
As infantís estrean novo sistema de xogo en Pontevedra |
Complicada saída a que tiveron as infantís no seu viaxe a Pontevedra para medirse ás 4ª clasificadas desta liga galega. O cadro boirense estreaba un novo sistema de xogo, o cal en moitos treitos do encontro xeraba desconcerto e incertidume entre as nosas. Pasado o nerviosismo inicial as de Andrés Martínez conseguiron mellorar dun xeito crecente no seu xogo e adquirir a medida que avanzaban os puntos máis e máis orde no terreo de xogo. Deberá seguir o Navales Chicolino traballando neste novo reto para elas que de seguro ofrecerá unha mellor versión de este equipo nun futuro non moi alonxado. Ánimo rapazas. Arestora as nosas pequenas ocupan a 11ª posición da táboa clasificatoria, visitando na vindeira xornada ás 10ª, o Manuela Rial Mouzo de Cee. Polo Navales Chicolino Boiro Voleibol xogaron: Lía V., Ada V., Marta S., Irea T., Lea G. e Laura P. Tamén xogaron Vera e Luciana.
CV PONTEVEDRA 3-1 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 24-26, 25-18, 25-18)-(Liga galega cadete feminina)
As cadetes plantan cara a pesar das baixas |
Outro encontro máis as baixas volvían a lastrar ó noso equipo cadete nun partido oficial. Desta volta Emma Ordóñez e a líbero Ángela Alves foron as que non puideron acompañar ás súas compañeiras a terras pontevedresas. O servicio local desequilibraría un primeiro set que estaba a ser moi igualado, pero que tras este importante factor se anotou o CV Pontevedra con relativa comodidade. No segundo as nosas chegaron a situarse con 8 puntos de vantaxe sendo a nosa mellor baza o servicio de Ana Bugallo. Esta renda desaparecería froito das imprecisións e desaxustes das nosas. Tal e como reflexa o tanteador o terceiro e cuarto set eran un calco do primeiro: moita presión por parte das pontevedresas dende a liña de saque e impotencia na construcción das boirenses que malia as boas xeiras de Ana B. dende os 9 metros non podían forzar o tie-break. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Ana B., Irea T., Claudia P., Lea G., Antía S., Sara L. Como reservas figuraban Ada V., Marta S. e Lía V.
CV PONTEVEDRA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(26-24, 12-25, 22-25, 25-20, 5-15)-(Liga galega xuvenil feminina)
O Secreto salva o único encontro desta expedición a Pontevedra |
Ó igual que no encontro cadete as baixas obrigarían ó preparador boirense Emilio Palacio a reestructurar a súa formación. Comezaba o partido moi parello con ambas escuadras danando ó equipo rival cun bombardeo dende a liña de saque. O maior tino das locais outogaríalles a posibilidade de adiantarse no luminoso. No segundo o dominio boirense foi aplastante. As receptoras Ana Bugallo e Melissa Novoa botáronse o equipo ás costas e a base de potentes remates igualaban a contenda. A terceira e cuarta manga estiveron marcados polas imprecisións. Primeiro as boirenses e despois as pontevedresas aproveitaban os erros non forzados das xogadoras rivais para vencer o parcial. Chegados ó tie-break o servicio boirense marcou a diferenza, brindándolle ás branquiazuis numerosas oportunidades de contra que aproveitaron ás mil marabillas. En O Secreto formaban: Sara B., Isa G., Ana B., Melissa N., Alejandra G., Antía S. e Sheila O. (líbero). Como reserva estaba Sheila P.
CLUB VIGO VOLEIBOL 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-8, 25-11, 25-9)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos mostra a súa peor cara no feudo do líder |
Encontro para esquecer do equipo xuvenil masculino na súa visita ó PM de Coia para medirse ó actual líder da liga galega, o Club Vigo Vb. O servicio olívico foi suficiente para desactivar a un Trillizos que acusou a falta de costume dos choques en horario de mañá. O gran hándicap dos de Adrián Alves foi a súa recepción. Condicionado totalmente por pases defectuosos e alonxados da súa posición de referencia tentaba Ismael Martínez reciclar o caudal ofensivo dos boirenses. Esta situación convertía o xogo dos nosos nunha historia escrita que os vigueses xa tiñan lida. O previsible ataque barbanzano era presa fácil do bloqueo-defensa local que apenas se tiña que esforzar para recuperar balóns e culminar contrataques que significaban amplas rendas no luminoso. Polo Trillizos xogaron: Ismael M., Fran D., Alfonso R., Lois V., Xian P., Daniel S. e Abel S. (líbero). Tamén xogaron Daniel V., Dani G., Óscar R. e Adrián O.
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-2 UNIVERSIDADE DE VALLADOLID
(22-25, 25-14, 23-25, 25-18, 15-9)-(1ª Div. Nacional masculina)
Encontro apaixoante o vivido a tarde do sábado onde os numerosos siareiros congregados nas bancadas da Cachada viron como o Náutico recuperaba o liderato da 1ª Div. Nacional. A igualdade reinaba nos primeiros compases do choque. Ámbolos dous conxuntos estaban a ser puntuais á súa cita co cambio e as defensas non conseguían facer acto de presencia. Foi nos derradeiros puntos onde os pucelanos, cun pesado servicio flotante, conseguían situarse por diante no encontro cun parcial de 0-5. No segundo set o Náutico foi un rodillo. Cunha gran xeira de servicios do colocador Iván Souto conseguían os de Emilio Palacio unha ampla vantaxe inicial de 9-0 que sería clave para o empate dos nosos no tanteador global. Vislumbrábase un novo encontro. As táboas poñían a flor de pel os nervios en ámbolos dous conxuntos que na terceira manga mostraron un espectáculo incrible para deleitar a tódolos presentes no recinto boirense. Defensas imposibles, bloqueos contundentes e accións combinativas en ataque son os descriptores deste axustado set que caíu pola mínima en peto do UVa. A situación era límite para o Náutico. Case que tódalas súas opcións ligueiras pasaban por unha vitoria que arestora semellaba cara non, carísima. Ante a adversidade os branquiazuis volveron demostrar o gran espíritu combativo que atesouran e iniciaron a escalada á cima do partido. Mario Iglesias convertiuse nun xigante ante o que pouco podía facer o bloqueo-defensa visitante e cos seus puntos directos de bloqueo, atenazou os brazos dos atacantes do UVa. Solidez en ataque froito dunha extraordinaria recepción e unha sobresaínte defensa levaron ós branquiazuis a unha vitoria das que fan afección e permiten crer que a triple coroa nesta 1ª Div. Nacional é aínda posible. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Emilio Palacio, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Jesús Vázquez, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Fran Dieste, Antón P., Xian P. e Manuel P.
Recital de Iván Souto dende a liña dos 9 metros |
1 comentario:
Siiii partidazo.Mucho que agradecer a todos los que acompañaban el compas de chicho animando. Grandes una vez mas chavales.
Publicar un comentario