Novo formato nas competicións nacionais |
A Real Federación Española de Voleibol celebrou estes días pasados en Madrid as súas reunións de Xunta Directiva e Comisión Delegada. A temática destas xuntanzas é importantísima e de gran interese para tódolos clubes con equipos en competicións de índole nacional xa que se aprobaron medidas como a reestructuración das competicións nacionais. A RFEVB decidiu reorganizar as competicións nacionais baseándose na supresión da liga FEV. Según o acordo adoptado polos organismos federativos da RFEVB o voleibol español quedaría constituído por 3 ligas: Superliga, Superliga 2 e 1ª División. Tanto os equipos que tiñan dereito a competir en Superliga 2 como os que gañaron o dereito a participar na antiga liga FEV farano a vindeira tempada na Superliga 2. Nesta nova competición poderán participar ata un máximo de 24 equipos, cun nivel de cuotas e gastos máis próximos ós da pasada liga FEV. Si o número de inscritos nesta Superliga 2 supera os 13 equipos, a competición estructurarase en dous grupos. De non ser así constituirase nun só grupo. O formato da 1ª División será semellante ó das últimas tempadas, existindo 3 grupos formados por proximidade xeográfica. A máxima competición do voleibol español, a Superliga na que militan vellos coñecidos da afección boirense coma o canteirán Pablo Bugallo (CMA de Soria) e Óscar Gómez (Club Vigo Voleibol), terán un máximo de 12 equipos inscritos. ¿Que vos parece o novo debuxo proposto pola RFEVB?
2 comentarios:
Non fai falla ser un gurú do voleibol para ver que en España había case tantas ligas coma equipos. Sen ningunha dúbida a medida semella axeitada pero chega un par de anos tarde. Non é normal a incertidume que rodea sempre o tema das competicións neste deporte e que baixo o meu punto de vista impide ós clubes planificar as tempadas cun maior criterio.
Todo o que signifique mellorar...benvido sexa!!
FORZA BOIRO VB!!!
Era lo que casi todos esperabamos. Pero dudo mucho que haya tantos equipos para completar dos grupos de superliga 2, o otros 3 grupos que sean buenos y competitivos en 1ª Nacional.Incluso se atoja complicado que vuelvan a 12 los equipos de Superliga.
La nueva distribucón no está mal, pero en mi iponión para ser realmente viable deberían bajar el coste de fichas, de incripción de equipos, arbitrajes....
Publicar un comentario