VOLEIBOL DUMBRÍA 0-3 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(11-25, 20-25, 24-26)-(Promoción á liga galega cadete feminina)
O Ingeniería Trazos xogará a liga galega o próximo ano |
Vitoria trascendente a conseguida polas rapazas que dirixe Emilio Palacio a domicilio ante o Voleibol Dumbría. Consíguese deste xeito o desexado ascenso á liga galega premiando un ano de duro traballo no que as boirenses do Ingeniería Trazos souberon estar á altura das expectativas nos encontros máis decisivos da campaña. O servicio boirense foi clave. Durante o primeiro set as locais non conseguían enlazar accións de bo xogo e as nosas campaban a pracer no Municipal de Dumbría establecendo un ritmo elevadísimo de xogo e demostrando unha eficacia extraordinaria nas "free" que outorgaba o contrario. Co 0-1 no luminoso o ascenso xa estaba no peto. O preparador boirense daba entrada ás xogadoras con menos minutos durante a temporada e o equipo seguía respondendo e desempeñando o plan de xogo que o técnico esixe para, en apenas unha hora, rematar cas esperanzas de permanencia en liga galega das de Dumbría. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol formaron: Sara Bugallo, Emma Ordóñez, Sara Lojo, Alejandra Galbán, Melissa Novoa, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Lea Gatbache, Claudia Pinaque e Isabel Gómez.
4 comentarios:
Enhorabuena chicas.Me alegra mucho que vuestro esfuerzo y calidad se vea reconpensado con el ascenso. Además con grandes resultados como el de hoy por la mañana.
Nunca dejeis de trabajar, que una liga superior significa más y más sacrificio para competir.
Si señor, noraboa rapazas e por suposto noraboa míster.
Sinto orgullo de ver como @s nos@s pequen@s van medrando e acadando alegrías en conxunto. Este proxecto non fai máis que comezar e de seguro que o mellor aínda está por vir (si cabe)
FORZA BOIRO VB!!!
Noraboa!!!
E a seguir demostrando que as cousas ben feitas teñen o seu premio!
A SEGUIR MELLORANDO!!!
e facernos sentir orgullosos!!!
BOIRO VOLEIBOL!!!!
Felicidades chicas. Muy buen progreso de principio a fin de temporada y esto solo se debe al esfuerzo y dedicación que demostraron durante todo el año. Me da pena por las jugadoras que pasan de categoría,ya que no van a poder disfrutar del nivel de la liga gallega. Pero para el año habrá que repetir en juveniles y no tengo dudas que así será.
Publicar un comentario