O volei boirense non para nin coa chegada do verán. Despois de constituirse como clube, o Barraña Volei Praia xa prepara a que será a súa primeira tempada de verán. A carta de presentación desta nova e xoven entidade será un ambicioso evento de formación destinado a rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos, o I Campus de verán do Barraña Volei Praia que se celebrará do 25 ó 30 de xuño no areal boirense de Barraña. Será unha semana excelente de fabulosa convivencia e sesións de calidade impartidas por personalidades destacadas do volei praia da nosa comunidade como Luci Paz, Cristóbal Álvarez ou Germán Romero entre outros. Como convidado foráneo agardamos a Juanjo Susín, seleccionador nacional sub-15 de volei praia. Informádevos ben, trátase dunha oferta máis que atractiva e cun prezo moi razoable para os asistentes, ben sexan residentes en Boiro ou noutras partes de Galicia e España. Para consultar máis información acerca do Campus podedes ver neste link o dossier informativo. Tamén podedes acceder aquí á ficha de inscripción. O prazo para anotarse xa está aberto e permanecerá así até o 22 de xuño. Só tedes que cumplimentar a documentación cos vosos datos persoais (en caso de ser menores de idade necesitarase autorización paterna) e facérnola chegar canto antes. Non deixedes para mañá o que poidades facer hoxe, recordade que hai prazas limitadas. Si precisades información máis persoal ou doutro tipo podedes contactar co presidente do Barraña Volei Praia, Daniel Agra no 625021218. Achegádevos a Boiro, como ben sabedes nunca defrauda. Ánimo.
me cachis, creo que me paso un pouco de idade... bueno, anímovos ós que sexades un par de anos máis novos a que participedes, porque seguro que será unha expeciencia moi interesante... APERTAS!
2 comentarios:
me cachis, creo que me paso un pouco de idade... bueno, anímovos ós que sexades un par de anos máis novos a que participedes, porque seguro que será unha expeciencia moi interesante... APERTAS!
Veña xente, traballemos codo con codo. Ide correndo a voz o que poidades. Entre todos faremos que se entere todo o mundo!!
Vaia verán que nos agarda!!
Publicar un comentario