QUE NON FALTE NINGUÉN ESTE SÁBADO, DE CEA CO BOIRO VB:
¡Non faltedes á cea do vindeiro sábado!
Este sábado ás 22:00h o Boiro Voleibol despedirá informalmente a tempada 2011-2012 cunha velada en forma de cea. A celebración terá lugar nun dos establecementos colaboradores co noso clube, o Tres.catorce, na rúa peonil de Boiro (fronte á praza de abastos da localidade). O prezo do menú, que incluirá unha táboa de xamón e queixo, pantumaca, polbo con ameixas, ensalada chef, croquetas, tortilla, zorza con patacas, postre, bebida (Viño, sangría, cervexa, refrescos, etc) e café e chupitos, será de 20€ por persoa. Para recibir máis información acerca do evento podedes poñervos en contacto co xogador do primeiro equipo masculino, Narciso Abalo. Non deixedes para mañá o que poidades facer hoxe. Agardámosvos a tod@s: xogador@s boirenses, santiagueses, "suecos", "diablos" e incluso da Patagonia arxentina. Anímense, pasaremos un bo rato en familia.
jajajaj que diversidade cultural nos xogadores deste clube, suecos santiagueses de debaixo da terra e do outro lado do oceano, que pasada. Ali nos vemos !! e animadevos !
2 comentarios:
Ten boa pinta, desde logo no menú clavouno o amigo Narciso.
Pena que algún superclase xa confirmara a súa non asistencia (Guslightyear) pero faremos unha videochamada dende o ESE para que esté presente tamén XD
Veña, a animarse todo o mundo!
jajajaj que diversidade cultural nos xogadores deste clube, suecos santiagueses de debaixo da terra e do outro lado do oceano, que pasada. Ali nos vemos !! e animadevos !
Publicar un comentario