ZALAETA 3-2 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 25-23, 23-25, 17-25, 15-13)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos mostra dúas caras na súa visita ó Zalaeta |
STA. Mª DEL MAR 2-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 15-25, 25-22, 20-25, 15-17)-(Liga galega cadete masculina)
Si a fortuna facía que no partido xuvenil a balanza se desequilibrase para os rivais, nesta ocasión o tie-break premiaba ós rapaces do Reyca nun final moi axustado. Foi un encontro de ida e volta, tolo, onde se puideron ver múltiples facetas no xogo dos nosos. O acerto en ataque do oposto Fran Dieste axudaba moito ó Reyca para remintar o 1-2 a sets. Nesta situación os nosos sacaron a súa mellor versión para levarse o encontro tras remontar o adverso e complicado resultado que auguraba unha dolorosa derrota. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Óscar Refojo, Raúl Lojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Como reservas comezaba Dani Gey.
O Reyca mantén unha boa clasificación ná táboa |
FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 19-25, 25-22, 14-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Vitoria do equipo filial masculino do Boiro Voleibol no derbi rexional desta 2ª división autonómica. Os de Felipe García seguen deste xeito encaramados ós postos altos da táboa clasificatoria. O encontro comezaba de cara para os nosos. A boa recepción e a excelente dirección de Andrés Martínez marcaban a diferencia no inicio do partido. Destacados neste tramo tamén foron o líbero Adrián Armental e o receptor Diego Romero, que convertía en punto cada balón que atacaba. A orde defensiva facía dano na moral noiesa, que unha e outra vez vían como o Redesyl contraatacaba con éxito un alto porcentaxe de accións de defensas positivas. O segundo parcial foi similar ó primeiro. Os receptores boirenses seguían atinados e a primeira liña de defensa (bloqueo) permitía manter un alto nivel de defensa. No terceiro parcial os locais medraron gracias ós erros dos nosos. A porcentaxe de recepcións boas baixaba e os nosos colocadores non podían xestionar o xogo en condicións óptimas. Mentras, o Noia asumía riscos no seu servicio para contrarrestar o adverso resultado de 0-2. A táctica funcionoulles e anotáronse a manga por 25-22. No cuarto todo volvía a comezar. O acerto en K2 dos boirenses facía que o luminoso presentase unha vantaxe moi ampla en case que todo o parcial, levando así os dous puntos da vitoria de camiño a Boiro. Cabe salientar unha anécdota interesante do encontro xa que o colocador en idade cadete de primeiro ano Ismael Martínez substituíu ó seu pai, Andrés Martínez, no segundo parcial para facer deste xeito o debut en categoría senior. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Pablo Suárez, Martín Herrera, Diego Romero, Xavier Sarille e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Ignacio Cibeira, Felipe Resúa, Alén García e Diego Alcalde. Causou baixa por lesión o colocador Dani García.
Encontro moi serio do Redesyl no derbi comarcal da 2ª div. |
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 3-1 XAV CAMBADOS
(21-25, 25-17, 25-21, 25-16)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Vitoria máis complicada do que se esperaba de O Secreto Boiro Voleibol contra o equipo do Salnés. O partido serviu para facer bastantes rotacións no campo e poñer en práctica os aspectos tácticos que se están entrenando. Comezaron as locais moi confiadas e cometendo bastantes erros, sobre todo en servicio. Este factor púxolle en bandexa a vitoria no primeiro set ás cambadesas. A partires de aquí, un cambio en actitude e unha boa organización en bloqueo-defensa propiciou que os tres seguintes xogos caeran de lado boirense para deixar na Cachada os dous puntos da vitoria. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Andrea Barreiro, Katy Sampedro, Alicia Novoa, María Triñanes, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Sandra Lojo, Evelyn Urrutia, Elena García e Rebeca González. A próxima semana o noso equipo senior feminino desprázase á cancha do CV Pontevedra, segundo clasificado e co que se pechará a primeira volta da competición.
O Secreto volve a vencer |
BOIRO VOLEIBOL 3-0 NARÓN VOLEA
(25-8, 25-22, 25-11)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes continúan en forma |
Vitoria do equipo cadete feminino ás ordes de Emilio Palacio por un resultado de 3-0. Comezaban as boirenses moi fortes e mostrando moita solvencia desde a liña de saque cunha gran actuación nesa faceta de Ana Bugallo que lles permitía anotarse a primeira manga por un claro 25-8. No segundo parcial as visitantes melloraban no cambio e en gran parte beneficiábanse dos erros das nosas para dar máis batalla e achegarse na recta final para rematar cun 25-22. No terceiro e derradeiro xogo as boirenses volvían ás costumes do inicio do encontro. Efectividade no servicio e ataque atinado facían a ampla distancia no luminoso que se víu no final do encontro. Polo Boiro Voleibol xogaron: Melissa Novoa, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Antía Sampedro, Sara Bugallo, Sandra Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Claudia Pinaque, Marta García, Ángela Alves, Isabel Gómez e Sara Lojo
2 comentarios:
Que pena ese resvalón dos xuveniles en Coruña ante o Zalaeta sinón estaríamos falando dun novo pleno de vitorias de tódolos equipos do club.
Noraboa ós de 2ª pola vitoria en Noia pero sobre todo ás rapazas de O Secreto, que estou convencido que a partires de agora serán un equipo mooooooooi duro de doblegar, aínda estades a tempo.
FORZA CV BOIRO!!!
enorawenaaaa chicas y chicoss, que pena los juves 2-3, pero vista la cronica y visto los parciales jugando asi el proximo ganareis
Publicar un comentario