luns, 5 de decembro de 2011

COPA GALICIA MASCULINA, FASE FINAL:

O Náutico buscará a sorpresa en Lugo, ¿conseguirao?
O vindeiro xoves día 8 de decembro terá lugar na cidade de Lugo (Pavillón Casa do Deporte) a fase final da Copa Galicia 2011. Os oito mellores conxuntos de Galicia (catro femininos e catro masculinos) enfrontaránse nas semifinais deste prestixioso torneo loitando pola hexemonía no voleibol autonómico. O noso primeiro equipo masculino, o Náutico Boiro Voleibol pelexará na primeira semifinal masculina ás 10:00h ante o equipo anfitrión, o EMEVÉ Laboratorios Nupel que milita na Superliga 2 española. Os de Emilio Palacio son conscientes do potencial do equipo rival pero viaxan á cidade lucense coa intención de facer un bo papel e poñerlle as cousas difíciles ós pupilos de David Sánchez. Na outra semifinal (12:00h) o Intasa San Sadurniño mídese ó máximo representante do voleibol galego, o Club Vigo Voleibol da Superliga nacional masculina que conta nas súas filas co receptor ex-internacional español Kike De la Fuente. Moitos folgos para os nosos nesta complicada misión.

5 comentarios:

Meii dixo...

Animo chicooooos!!!! a darles cañaaaa!! :) un saludooo!!

Dani dixo...

suerte? no la necesitais! lo unico que teneis que hacer es demostrar todo lo que valeis, y lo que sois capaces de hacer! animo chicoss!!

Anónimo dixo...

Todo puede pasar. Solo hay que creerlo.
Muchos exitos.
No vamos a lugo a pasear. Vamos a ganar...

Adrián Alves dixo...

Imos a pelexar pola vitoria ata que xa non poidamos máis. Que ninguén o dubide. Este equipo non sabe o que é andar de paseo e desde que estes xogadores forman o primeiro equipo do Boiro Voleibol xamais perderon un encontro coma visitantes en liga...Evidentemente o EMEVE é favorito, pero loitaremos.

Non sei por que motivo pero nestes momentos véñenme á mente tódolos ex-compañeiros ós que tanta ilusión lles hubese feito xogar con nós esta fase final da Copa...Iago, Andrés, Cabeco, Frigu, Víctor...Un saúdo para todos!

FORZA CV BOIRO!

Jesus_pivot dixo...

En el entrenamiento de ayer se comentó que quien quisiera ir a Lugo a verlo que habia sitio, que se llevan dos furgonetas, y bugallo lleva su coche, por si a alguien le interesa venir a animar y ver el torneo.
Y para los que estan "medio" interesados, tienen una escusa perfecta, se sale de boiro a las 7 de la mañana.