sábado, 2 de abril de 2011

Xente do Boiro Voleibol, María Triñanes

“O volei marcoume a vida”

María durante a entrevista
María leva máis da metade da súa vida facendo voleibol. E fala del como da súa familia, de feito as historias crúzanse, cando sae Ángela, a súa irmá e compañeira de equipo. Fala do compromiso co club “para o que faga falta”. E sobre a posibilidade de deixalo dalle a risa: “Diso nada. O volei marcoume a vida, ás veces cando me falan de marchar fóra estudar ou calquera cousa, penso, e deixar o volei? Non, non!”
E aínda co que dan para contar máis de dez anos de pista e praia, ela céntrase no equipo. Non hai compoñente do club do que non fale marabillas: os chavales do Redesyl, os da canteira, os adestradores, e Andrés “nomea a Andrés, a Andrés hai que nomealo!”, e Luci que é super comprometida, e Ángela, e até do bo traballo da directiva falou.

-(Charo) Primeiro de nada, parabéns pola Liga! Preparadas para subir á Primeira?
-(María) Gracias! Esperamos facer unha boa fase de ascenso, levamos moitas ganas; rematamos moi contentas. Se quedamos primeiras ou segunda collemos praza. Até agora o problema non era tanto de calidade como de cantidade; é díficil dicirlle á xente que veña xogar para a Segunda División. Para Primeira igual é mais fácil que se anime.
E se Arteixo sube, xunto con Ourense que xa está en Primeira, seríamos tres equipos de aquí, así non teríamos que desprazarnos tanto a fóra.

-Levas no volei desde nena
-Si. Non saberia dicir cantos anos levo, comecei nas Escolas Deportivas con Fran e Antón. Ángela empezou aos seis anos, e lévame dous, e eu comecei uns anos despois dela.
O volei é unha cousa que me marcou a vida; é do máis importante, até cando estou agobiada preciso que chegue o venres para ir xogar.

-E que tal se leva o de xogar coa túa irmá?
-Ben, eu admiro moito a Ángela, faime sentir orgullo. Leva aí toda a vida e víveo. Mira, até aí atrás fomos xogar a Narón a semana antes de ela se examinar do MIR – Ángela estudou medicina- e alí se presentou no partido.

-Algún momento especialmente memorábel?
-Pois o ascenso, por recente e tamén por importante. En Segunda non hai tanta competitividade, poder subir aumenta a motivación. E pensar que a principio de temporada non sabiamos nin se poderiamos sacar equipo! Pero moito foi cousa de Andrés, que se empeñou. Eramos poucas, pero empezou a sacar unha de aquí, outra que tal... Se non fora por el non sacábamos equipo, e mira ti ao final como foi!

-Praia ou pista?
-Non che saberia dicir, eu empecei en pista, pero son moi diferentes. Cando estou na pista penso “que chegue a praia!”, e cando estou na praia, penso “que chegue a pista!”. Así e todo, moita xente que está en pista engancháronse na praia. Chicho, Víctor… empezaron xogando pachangas na praia, e agora mira. Por aí sempre se achega xente nova.

-E a afección, que tal se porta?
-A afección, a verdade céntrase máis nos homes, tamén é diferente xeito de xogar, eles son máis rápidos. Pero cando hai público dá moito apoio, ver as gradas dando ánimo axuda na motivación. E hai que dicir que tamén contamos con algúns incondicionais: Chicho, Alén, Cristóbal...

-Como ves a canteira?
-Hai moi bo plantel. De rapazas, as xuvenís están moi ben, véselles ganas, velas que andan seguido no pavillón, incluso despois do seu adestramento. Os rapaces tamén están facendo un bo traballo, algún dos xuvenís até adestra ás veces con nós, en particular Adán Arsenio. Ese rapaz adestra con todos os equipos, e en primeira porque non lle deixan!(risas).
E, comentar tamén o dos rapaces de Segunda, que a verdade empezaron nas primeiras semanas no alto, entre os tres primeiros. E logo, non se sabe porque empezaron a baixar, perderon partidos a pesar de facer uns adestramentos incríbles.

-A longo prazo, valoras a posibilidade de ligarte de algún outro xeito ao club?Adestradora...?
-Por anos no club xa son veterana, pero non por idade. Oxalá dure moito tempo, por agora non teño pensado deixar. E manter o compromiso, iso sempre, para calquera cousa que haxa que axudar. De adestradora, non mo plantexei moito, porque creo que me costaría explicarlles aos rapaces, expresarme... Que tamén podería aprender a facelo, aínda que para iso igual mellor outra xente como Chicho, ou de rapazas Ángela, Luci...
Charo López

9 comentarios:

mechas dixo...

Grande MEIIIIIII!!!! xD!!! Moi boa a de Adan Arsenio...jejejeje!!! Un bico e moita sorte na Fase!!!

Adrián Alves dixo...

Guapa!!!


Pero que ben falas cando queres ehhh


FORZA CV BOIRO!!!

Meii dixo...

eivos varear a todooos!!! jajaja...

A darlle duro ás fases e á copa ahora,xentee!! :) que dentro de poukiiño xa volve a praiaaa!!! SIIIII!!!!! jajaja.
Un bikoo!! :)

Meii

Jesus_pivot dixo...

Me gustó la entrevista, me gusta mucho esta parte de la pagina.A por el ascenso chicas.

Sandra! dixo...

Vaia crack a meri jajaj :)


A pola fase de ascensoo juapaaaaasssss!!!!

PIOJITA dixo...

Moi bo estreno das rapazas nesta sección, algunha das triñanes tiña que ser :-)
Loiriña eres unha fenómena.
Moita sorte nos universitarios.

Capi dixo...

Noraboa pola entrevista, peke!!
Xa era hora de que te soltaras...jajaja.
E muxas gracias pola parte que me toca, un pracer sempre contigo!!
Y compis, vamos a por la Fase, eh!!!

Muak!

Gus dixo...

Moi ben sección...
e moi ben a entrevistada!!!

sorte na fase!!!

Andrés "Araña" dixo...

Grande Mariiii. Vale mucho pequeña y piensa en positivo que TU SI QUE VALEEEESSS. Un besazo guapa.