sábado, 2 de abril de 2011

Resultados do sábado 2 de abril

BOIRO VOLEIBOL 3-2 COMERCIAL DURÁN
(25-23,20-25,22-25,25-22,15-8)-(Promoción á liga galega xuvenil feminina)

Vitoria das xuvenís
Trepidante encontro o visto nesta tarde de sábado na Cachada e no que as de Juan Resúa saíron vitoriosas tras cinco emocioantes sets. O encontro comezaba coas boirenses nun estado profundo de nerviosismo, cometendo múltiples erros no K1 por mor do eficaz servicio das pontevedresas. A traducción no luminoso sería dunha vantaxe visitante de seis puntos co set ben avanzado (15-21). Sería neste momento cando as nosas conseguirían engrasar a súa  maquinaria para remontar e levarse o primeiro por 25-23 da man dunha atinada Ángela Fernández. Os dous seguintes xogos serían similares. Moi igualados ata a metade dos mesmos e que caeron en saco visitante debido ós erros das nosas nos momentos importantes. Cun 1-2 na contra as de Juan Resúa sacaron a súa mellor cara para darlle a volta á situación. Da man dunha inspiradísima Ana Bugallo (26 puntos) e dunha orde defensiva notable conseguiron reverter a situación e levarse o encontro por 3-2, conseguindo deste xeito unha renda mínima para o partido de volta. Boiro Voleibol: Patri, Andrea, Evelyn, Ana, Ángela, Katy e Sheila (líbero). Como reservas agardaban Iria, Adriana e Sindy.

5 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Bo partido nenas, a seguir currando e seguro que esto vai a máis, moito ánimo!!


FORZA CV BOIRO!!!

Adrián Alves dixo...

Por certo, mandar un saúdo desde aquí e en nome de toda a directiva a Pas que está o pobre pachucho.

Recupérate Suecoooo!

Jesus_pivot dixo...

Enhorabuena chicas, hay que hacer otros 3 set en pontevedra.suerte

Gus dixo...

Moi bo partido, menudas remontadas!

Ánimo Pas!

Anónimo dixo...

ahora toca ganar en pontevedra chicas! ^^
mucha suerte a los universitarios!! =)
Forza CV Boiroo!!!=)