mércores, 20 de abril de 2011

Boirenses convocados pola selección galega:

Fran, Ana e Isma de novo coa selección
Unha vez máis faise patente o bo traballo dos técnicos do Boiro Voleibol coa base. Tres rapaces do noso club foron chamados para participar nunha concentración da que sairán os seleccionados polo combinado galego para disputar o campionato de España por autonomías que se celebrará en Cartaxena (Murcia) entre o 26 de abril e o 1 de maio. Os chamados foron Ismael Martínez (selección galega infantil masculina), Ana Bugallo (selección galega infantil feminina) e Fran Dieste (selección galega cadete masculina). As concentracións cadete masculina e infantil feminina terán lugar en Noia os días 18,19 e 20 deste mes. Pola contra a concentración infantil masculina terá lugar na cidade de Lugo os mesmos días. Na próxima fin de semana os equipos disputarán partidos de preparación nos que os técnicos farán unha selección de 12 xogadores dos 14 que alí se atopen. Noraboa rapaces e noraboa adestradores.

2 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Noraboa de novo rapac@s. Non cabe dúbida de que o club está en boas mans. Parabéns a Juan Resúa, Andrés e Emilio xa que boa parte desta convocatoria recae nas súas mans.

A seguir mellorando.

FORZA CV BOIRO!!!

Diablo dixo...

Enhorabuena chicos, a disfrutarlo mucho.