sábado, 12 de marzo de 2011

Resultados do 12-13 de marzo:

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 CD CONXO
(25-23,25-8,25-22)-(2ª división autonómica feminina)


O Proboin pelexa pola liga
Vitoria do primeiro equipo feminino por 3-0 ante o CD Conxo desquitándose da derrota sufrida na primeira volta en Santiago de Compostela por 3-2. No primeiro set dominou a igualdade ata os momentos quentes do mesmo (puntos 17-18) no que as nosas conseguiron unha mínima vantaxe de dous puntos para situarse 21-19 e levarse o parcial por un 25-23 local. No 2º xogo o Proboin conseguiu, da man da central boirense Alicia Novoa e o seu potente servicio, unha ampla vantaxe que situaba un 10-2 no tanteador de "A Cachada". Continuidade no K1 e acerto en determinadas accións do K2 facían deste 2º parcial un trámite que as boirenses solucionaron con solvencia. O terceiro set estivo dominado por imprecisións de amos bandos. Un equipo conseguía unha minima diferencia de dous puntos e inmediatamente o rival a neutralizaba. Así chegouse ó 21-21. Neste momento a experiencia e o bo facer das boirenses permitiron encadear accións moi boas de transición defensa-ataque e conseguiron cerrar o set e o partido cun 25-22. Con esta vitoria as rapazas do Proboin dependen de sí mesmas para situarse líderes da competición e acudir á fase de ascenso á 1ª división nacional. Noraboa para elas, meréceno. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Carolina Cuadros, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Leonor Lorenzo e Sara Martínez.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Acersa Voley Arteixo16133043131295105229
2Proboin Boiro Voleibol15132043121301103828
3Emeve Lab. Nupel B15123037181240114327
4San Sadurniño16115042231459124627
5Comercial Durán1486029241177111622
6XAV Cambados1468022321113120720
7CD Conxo16412022441319148720
8Autos Rico UDC A15411021351149125219
9Calasancias Coruña B15411019371109126319
10Dompa Gestión140140242730108814

BOIRO VOLEIBOL 3-0 MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO
(25-11,25-12,25-16)-(Play Off fase interzonal xuvenil feminina)


Vitoria por 3-0 das xuvenís
Partido que as rapazas de Juan Resúa solventaron sen ningún tipo de apuros en 51 minutos. A pesar do comezo de partido un tanto dubitativo por parte das boirenses, de contado tomaron a dianteira no marcador para non perdela no que restaba de encontro. O 2º parcial foi, coma o primeiro, dominado por completo e no 3º o adestrador local puxo en escea unha rotación cadete para preparar os importantes partidos da xornada do domingo. Polo Boiro Voleibol xogaron Patri, Ana, Katy, Andrea, Evelyn, Ángela e Sindy (líbero). Tamén xogaron Sara, Sheila, Sandra e Alejandra.


HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-0 CID JOVELLANOS (Gijón)
(25-11,25-22,25-16)-(1ª división nacional masculina)

O Hipescar á fase de ascenso a FEV
Contundente vitoria do primeiro equipo masculino ante un sempre duro rival como é o equipo asturiano do CID Jovellanos. Mentalizados na importancia do choque saíron á cancha os de Emilio Palacio sabendo que unha vitoria os clasficaría matemáticamente para a fase de ascenso á categoría de bronce do voleibol nacional. Así foi. Moi conectados co partido e partindo dun moi bo K1 e dun excelente K2 conseguiu unha ampla vantaxe no 1º set. A boa recepción permitía xogar con velocidade cos nosos centrais e abrir balóns ás alas para deixar en situación de un contra un ós nosos atacantes. No 2º xogo os visitantes pisaron o acelerador para incomodar ó Hipescar. Éste conseguiu manter unha cómoda vantaxe ó largo de todo o set de 4-5 puntos, situación que serviría para anotarse con relativa tranquilidade este parcial. No derradeiro os nosos volveron ó seu xogo. Boa colocación do bloqueo e calidade na 2ª liña de defensa para aproveitar un bo puñado de contraataques que ampliarían a distancia entre ambos conxuntos no luminoso. Cabe destacar a aportación ofensiva de Cristóbal Álvarez e Narciso Abalo, moi atinados na tarde de onte. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez, Óscar Gómez, Jesús Vázquez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Tamén xogaron Daniel Eiras, Gustavo Romero, Manuel Pérez Andrade e o xuvenil Antón Pérez. A falta de dúas xornadas o Hipescar está matemáticamente clasificado para a fase de ascenso a liga FEV e continúa líder da categoría cunha vitoria de vantaxe respecto ó Universidade de Valladolid que onte doblegou en terras vallisoletanas ó Club Vigo Voleibol por 3-0.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Hipescar Boiro Voleibol14113038171268111625
2Universidad de Valladolid14104033221237113624
3Intasa San Sadurniño1596030251232117724
4CV Rianxo1587031261298124123
5Club Vigo Voleibol B1486026261139110122
6CID Jovellanos1468026291220122720
7Aule1367027271153121919
8Zalaeta1349017291000106117
9Auria Vella Voleyourense1411301340999126815

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 TURISMO DE VIGO
(14-25,24-25,21-25)-(2ª división autonómica masculina)


O Redesyl cae na 2ª división
Derrota en tres sets do equipo filial masculino do Boiro Voleibol ante un equipo aseado tácticamente como é o Turismo de Vigo. Comezaba o encontro cos nosos desaparecidos en tódalas facetas do xogo, situación que obrigaba ó técnico boirense a solicitar un tempo morto cun inquietante 1-9 no luminoso a prol dos vigueses. A situación non melloraría e cun elevado número de erros de recepción e construcción do ataque o set caería en saco vigués por un amplo 14-25. O comezo do segundo set foi máis igualado. Accións positivas para un e outro bando poñían o encontro emocionante. Os nosos conseguiron unha mínima vantaxe de 2 puntos mediado o set pero un eficiente saque flotante dun dos receptores do Turismo de Vigo contrarrestou dita diferencia. No desenlace do set os nosos cometeron un erro en construcción que a posteriori pagarían moi caro coa derrota parcial por 24-26. No derradeiro as imprecisións volverían co Redesyl. Malia non efectuar un xogo de calidade os visitantes atopáronse cunha vantaxe de 4-5 puntos no comezo de set (3-7). Unha boa racha de saques de Manuel Pérez "Cholo" igualaba o tanteador no 11-11 pero non serían suficientes para evitar de novo o tropezo nas imprecisións e na mediocridade das accións técnicas. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Xavier Sarille, Manuel Pérez "Cholo", Fran López, Juan Resúa e Diego Alcalde (líbero). Como reservas estaban Adrián Armental "Naranxo", Diego Romero, Alén García, Antón Pérez e Juan Mande. Todos sabemos que este equipo ten moita máis calidade da que demostra nos seus partidos polo que esperamos que os xogadores se conxuren en rematar o máis dignamente posible a campaña. Ánimo rapaces. Os anotadores do Redesyl foron Manuel Pérez "Cholo" (12 puntos), Antón Pérez (7), Roberto Rodríguez "Tito" (7), Adrián Armental "Nara" (5), Xavier Sarille (5) e Rubén Taibo (2).

REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 IES TEIS T.D.V. CAIXANOVA
(15-25,24-26,28-30)-(Liga galega cadete masculina)


Completo encontro do Reyca
Derrota en tres sets do equipo cadete masculino do Boiro Voleibol ante os vigueses do IES Teis. Malia o abultado que semella a primeira vista o resultado o encontro tivo alternativa e opcións de vitoria por ámbolos dous bandos. O Reyca de Andrés Martínez comezou con moitas dúbidas o encontro. Imprecisións sobre todo na recepción a partires da metade do set facían que os visitantes se anotaran con comodidade o parcial por 15-25. Moito cambiarían as cousas no 2º. Un Reyca moi combativo e efectivo facía fronte ó forte equipo olívico cun atinado ataque e cunha orde defensiva que comeza a ser habitual entre os nosos. O desenlace estivo marcado por unha acción de calidade do colocador visitante, o cal cun moi bo criterio, elixiu as mellores accións para o seu equipo. No 3º os nosos gobernaban por completo o marcador chegando a ter unha vantaxe de case 10 puntos. A medida que avanzaba o parcial os visitantes afinaban o seu xogo para achegarse pouco a pouco ós nosos ós cales alcanzarían no punto 21. A partir de aquí viuse un encontro non apto para cardíacos. Tras dispor de un par de puntos de set o Reyca non puido co IES Teis e caiu por un axustadísimo 28-30. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Xian Pérez, Lois Vázquez, Abel Sánchez, Fran Dieste e Daniel Vázquez. Tamén xogaron Óscar Refojo, Raúl Lojo e Alfonso Rey. Completísimo encontro do Reyca que plantou batalla ante un dos favoritos desta liga galega cadete masculina e animando ós siareiros que presenciaron o encontro con accións de calidade.

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 IES TEIS T.D.V. CAIX.
(21-25,18-25,11-25)-(Liga galega xuvenil masculina)


Diego Romero, un dos destacados
Caiu o equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol que dirixe Andrés Martínez ante o 3º clasificado desta liga galega. Comezou o encontro con igualdade no luminoso e cos nosos atinados no cambio de saque. A medida que o set avanzaba os erros afloraron entre os xogadores do Trillizos, situación que o IES Teis aproveitou para levarse o parcial por unha vantaxe de 4 puntos no luminoso. A tónica no segundo e terceiro parcial foi a mesma. Erros moi habituais entre os locais, intensidade decrecente no xogo e decisións arbitrais canto menos dubidosas foron motivos máis que suficientes para que os visitantes se levaran os sets por 18-25 e 11-25 respectivamente. Importantes baixas as que Andrés Martínez, técnico do Trillizos Boiro Voleibol, tiña que facer fronte como a do receptor Martín Herrera ou a do colocador Daniel Sieira. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Antón Pérez, Diego Romero, Abel Sánchez, Diego García, Miguel Lorenzo e Adán Arsenio (líbero). Como reservas estaban Xian Pérez, Lois Vázquez, Daniel Vázquez e Fran Dieste.


IES AMES 2-3 BOIRO VOLEIBOL
(25-23,26-24,21-25,13-25,6-15)-(Play Off fase interzonal cadete feminina-Ida)


Vitoria pola mínima en Ames
Encontro disputado na mañá do domingo no que as nosas conseguiron unha axustada vitoria a domicilio. No primeiro set baseándose nun acertado K2 as de Juan Resúa conseguían unha vantaxe que as locais neutralizarían no fin do mesmo para anotarse pola mínima (25-23) por mor do nerviosismo boirense. O 2º set pódese dicir que foi un calco do anterior no que as de Ames conseguiron a vitoria por unha lixeira diferencia. A partir de aquí a efectividade boirense co saque aumentou e da man sobre todo de Sara Bugallo conseguían manter un marcador favorable nos sets seguintes para alzarse coa vitoria final. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sheila, Ana, Alejandra, Katy, Sara e Sandra. Como reservas estaban Andrea e Alba.

BOIRO VOLEIBOL 0-3 IES AMES
(16-25,23-25,21-25)-(Play Off fase interzonal cadete feminina-Volta)

As de Juan Resúa caen por 0-3
Derrota por 0-3 das cadetes do Boiro Voleibol neste encontro de volta do play off da fase interzonal ante un IES Ames que foi superior en todo momento ás nosas. Comezaba o encontro coas visitantes danando a construcción das boirenses cun preciso e potente servicio que impedía que o K1 das nosas funcionara correctamente. Por mor desto, as visitantes mantiveron sempre un colchón de 4 puntos que lle permitiron xogar con tranquilidade e anotarse o set por un claro 16-25. Estaba claro que o servicio ía marcar o desenlace de tódalas accións e por conseguinte do partido. No 2º as rapazas de Juan Resúa afinaron puntería e conseguiron pagar coa mesma moeda ás súas rivais no comezo do parcial. Mediado este baixou significaticamente a porcentaxe de servicios bos das nosas e aumentou a do equipo rival que volvería a levarse o set por un axustado 23-25. A derrota neste último parcial minou a moral das locais, tanto que no 3º comezarían cunha desvantaxe de 7 puntos (2-9). Tras un tempo morto os ánimos volveron ás nosas e conseguiron remontar boa parte da renda que as de Ames conseguiran pero o último empuxón non foi suficiente por esta vez. Polo Boiro Voleibol xogaron: Ana, Sara, Sandra, Alejandra, Katy e Sheila. Como reservas estiveron Andrea e Alba.

8 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Noraboa ás rapazas q siguen imparables!!!

Esperemos estar á altura das circunstancias nos partidos da tarde..

P.D: para os nostálxicos e os amantes da area tedes un novo canle de vídeo, o correspondente ó circuito americano de volei praia (AVP). Botádelle un ollo!

LOST dixo...

Enorabuena chicas, que no decaigan las victorias!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dixo...

novo link creado para subir mais fotos do circuito e do club voleibol boiro

aquí tendes o link para ver as fotos do partido boiro-jovellanos

picasaweb.google.com/101570066197613355910/BoiroJovellanos#

disfrutade e en nada xa estaran a das chicas

Andrés "Araña" dixo...

Esa Sara Bugallo... vaya máquina de sacar. Rompeu todalas estadísticas. Enhorabuena Sarita. Y Enhorabuena a los de 1ª y 2ª femenina por esos triunfos. Ya queda menos de liga...ánimo en la recta final a todos. Un abrazo

Sandra! dixo...

http://circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com/

LOST dixo...

BO PARTIDO RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!
XOGO BONITO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ANIMALIÑOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

NORABOA RAPAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!
IMPARABLES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

MOITO ÁNIMO Ó RESTO!!!!!!!!!!!!!!

AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

mechas dixo...

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/03/16/0003_201103B16C14991.htm

mechas dixo...

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/03/16/0003_201103B16C14992.htm