PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 CD CONXO
(25-23,25-8,25-22)-(2ª división autonómica feminina)
O Proboin pelexa pola liga |
Vitoria do primeiro equipo feminino por 3-0 ante o CD Conxo desquitándose da derrota sufrida na primeira volta en Santiago de Compostela por 3-2. No primeiro set dominou a igualdade ata os momentos quentes do mesmo (puntos 17-18) no que as nosas conseguiron unha mínima vantaxe de dous puntos para situarse 21-19 e levarse o parcial por un 25-23 local. No 2º xogo o Proboin conseguiu, da man da central boirense Alicia Novoa e o seu potente servicio, unha ampla vantaxe que situaba un 10-2 no tanteador de "A Cachada". Continuidade no K1 e acerto en determinadas accións do K2 facían deste 2º parcial un trámite que as boirenses solucionaron con solvencia. O terceiro set estivo dominado por imprecisións de amos bandos. Un equipo conseguía unha minima diferencia de dous puntos e inmediatamente o rival a neutralizaba. Así chegouse ó 21-21. Neste momento a experiencia e o bo facer das boirenses permitiron encadear accións moi boas de transición defensa-ataque e conseguiron cerrar o set e o partido cun 25-22. Con esta vitoria as rapazas do Proboin dependen de sí mesmas para situarse líderes da competición e acudir á fase de ascenso á 1ª división nacional. Noraboa para elas, meréceno. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Rebeca González, Carolina Cuadros, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Leonor Lorenzo e Sara Martínez.
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Acersa Voley Arteixo | 16 | 13 | 3 | 0 | 43 | 13 | 1295 | 1052 | 29 |
2 | Proboin Boiro Voleibol | 15 | 13 | 2 | 0 | 43 | 12 | 1301 | 1038 | 28 |
3 | Emeve Lab. Nupel B | 15 | 12 | 3 | 0 | 37 | 18 | 1240 | 1143 | 27 |
4 | San Sadurniño | 16 | 11 | 5 | 0 | 42 | 23 | 1459 | 1246 | 27 |
5 | Comercial Durán | 14 | 8 | 6 | 0 | 29 | 24 | 1177 | 1116 | 22 |
6 | XAV Cambados | 14 | 6 | 8 | 0 | 22 | 32 | 1113 | 1207 | 20 |
7 | CD Conxo | 16 | 4 | 12 | 0 | 22 | 44 | 1319 | 1487 | 20 |
8 | Autos Rico UDC A | 15 | 4 | 11 | 0 | 21 | 35 | 1149 | 1252 | 19 |
9 | Calasancias Coruña B | 15 | 4 | 11 | 0 | 19 | 37 | 1109 | 1263 | 19 |
10 | Dompa Gestión | 14 | 0 | 14 | 0 | 2 | 42 | 730 | 1088 | 14 |
BOIRO VOLEIBOL 3-0 MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO
(25-11,25-12,25-16)-(Play Off fase interzonal xuvenil feminina)
Vitoria por 3-0 das xuvenís |
Partido que as rapazas de Juan Resúa solventaron sen ningún tipo de apuros en 51 minutos. A pesar do comezo de partido un tanto dubitativo por parte das boirenses, de contado tomaron a dianteira no marcador para non perdela no que restaba de encontro. O 2º parcial foi, coma o primeiro, dominado por completo e no 3º o adestrador local puxo en escea unha rotación cadete para preparar os importantes partidos da xornada do domingo. Polo Boiro Voleibol xogaron Patri, Ana, Katy, Andrea, Evelyn, Ángela e Sindy (líbero). Tamén xogaron Sara, Sheila, Sandra e Alejandra.
Contundente vitoria do primeiro equipo masculino ante un sempre duro rival como é o equipo asturiano do CID Jovellanos. Mentalizados na importancia do choque saíron á cancha os de Emilio Palacio sabendo que unha vitoria os clasficaría matemáticamente para a fase de ascenso á categoría de bronce do voleibol nacional. Así foi. Moi conectados co partido e partindo dun moi bo K1 e dun excelente K2 conseguiu unha ampla vantaxe no 1º set. A boa recepción permitía xogar con velocidade cos nosos centrais e abrir balóns ás alas para deixar en situación de un contra un ós nosos atacantes. No 2º xogo os visitantes pisaron o acelerador para incomodar ó Hipescar. Éste conseguiu manter unha cómoda vantaxe ó largo de todo o set de 4-5 puntos, situación que serviría para anotarse con relativa tranquilidade este parcial. No derradeiro os nosos volveron ó seu xogo. Boa colocación do bloqueo e calidade na 2ª liña de defensa para aproveitar un bo puñado de contraataques que ampliarían a distancia entre ambos conxuntos no luminoso. Cabe destacar a aportación ofensiva de Cristóbal Álvarez e Narciso Abalo, moi atinados na tarde de onte. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez, Óscar Gómez, Jesús Vázquez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Tamén xogaron Daniel Eiras, Gustavo Romero, Manuel Pérez Andrade e o xuvenil Antón Pérez. A falta de dúas xornadas o Hipescar está matemáticamente clasificado para a fase de ascenso a liga FEV e continúa líder da categoría cunha vitoria de vantaxe respecto ó Universidade de Valladolid que onte doblegou en terras vallisoletanas ó Club Vigo Voleibol por 3-0.
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-0 CID JOVELLANOS (Gijón)
(25-11,25-22,25-16)-(1ª división nacional masculina)
O Hipescar á fase de ascenso a FEV |
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Hipescar Boiro Voleibol | 14 | 11 | 3 | 0 | 38 | 17 | 1268 | 1116 | 25 |
2 | Universidad de Valladolid | 14 | 10 | 4 | 0 | 33 | 22 | 1237 | 1136 | 24 |
3 | Intasa San Sadurniño | 15 | 9 | 6 | 0 | 30 | 25 | 1232 | 1177 | 24 |
4 | CV Rianxo | 15 | 8 | 7 | 0 | 31 | 26 | 1298 | 1241 | 23 |
5 | Club Vigo Voleibol B | 14 | 8 | 6 | 0 | 26 | 26 | 1139 | 1101 | 22 |
6 | CID Jovellanos | 14 | 6 | 8 | 0 | 26 | 29 | 1220 | 1227 | 20 |
7 | Aule | 13 | 6 | 7 | 0 | 27 | 27 | 1153 | 1219 | 19 |
8 | Zalaeta | 13 | 4 | 9 | 0 | 17 | 29 | 1000 | 1061 | 17 |
9 | Auria Vella Voleyourense | 14 | 1 | 13 | 0 | 13 | 40 | 999 | 1268 | 15 |
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 TURISMO DE VIGO
(14-25,24-25,21-25)-(2ª división autonómica masculina)
O Redesyl cae na 2ª división |
Derrota en tres sets do equipo filial masculino do Boiro Voleibol ante un equipo aseado tácticamente como é o Turismo de Vigo. Comezaba o encontro cos nosos desaparecidos en tódalas facetas do xogo, situación que obrigaba ó técnico boirense a solicitar un tempo morto cun inquietante 1-9 no luminoso a prol dos vigueses. A situación non melloraría e cun elevado número de erros de recepción e construcción do ataque o set caería en saco vigués por un amplo 14-25. O comezo do segundo set foi máis igualado. Accións positivas para un e outro bando poñían o encontro emocionante. Os nosos conseguiron unha mínima vantaxe de 2 puntos mediado o set pero un eficiente saque flotante dun dos receptores do Turismo de Vigo contrarrestou dita diferencia. No desenlace do set os nosos cometeron un erro en construcción que a posteriori pagarían moi caro coa derrota parcial por 24-26. No derradeiro as imprecisións volverían co Redesyl. Malia non efectuar un xogo de calidade os visitantes atopáronse cunha vantaxe de 4-5 puntos no comezo de set (3-7). Unha boa racha de saques de Manuel Pérez "Cholo" igualaba o tanteador no 11-11 pero non serían suficientes para evitar de novo o tropezo nas imprecisións e na mediocridade das accións técnicas. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Xavier Sarille, Manuel Pérez "Cholo", Fran López, Juan Resúa e Diego Alcalde (líbero). Como reservas estaban Adrián Armental "Naranxo", Diego Romero, Alén García, Antón Pérez e Juan Mande. Todos sabemos que este equipo ten moita máis calidade da que demostra nos seus partidos polo que esperamos que os xogadores se conxuren en rematar o máis dignamente posible a campaña. Ánimo rapaces. Os anotadores do Redesyl foron Manuel Pérez "Cholo" (12 puntos), Antón Pérez (7), Roberto Rodríguez "Tito" (7), Adrián Armental "Nara" (5), Xavier Sarille (5) e Rubén Taibo (2).
REYCA BOIRO VOLEIBOL 0-3 IES TEIS T.D.V. CAIXANOVA
(15-25,24-26,28-30)-(Liga galega cadete masculina)
Completo encontro do Reyca |
Derrota en tres sets do equipo cadete masculino do Boiro Voleibol ante os vigueses do IES Teis. Malia o abultado que semella a primeira vista o resultado o encontro tivo alternativa e opcións de vitoria por ámbolos dous bandos. O Reyca de Andrés Martínez comezou con moitas dúbidas o encontro. Imprecisións sobre todo na recepción a partires da metade do set facían que os visitantes se anotaran con comodidade o parcial por 15-25. Moito cambiarían as cousas no 2º. Un Reyca moi combativo e efectivo facía fronte ó forte equipo olívico cun atinado ataque e cunha orde defensiva que comeza a ser habitual entre os nosos. O desenlace estivo marcado por unha acción de calidade do colocador visitante, o cal cun moi bo criterio, elixiu as mellores accións para o seu equipo. No 3º os nosos gobernaban por completo o marcador chegando a ter unha vantaxe de case 10 puntos. A medida que avanzaba o parcial os visitantes afinaban o seu xogo para achegarse pouco a pouco ós nosos ós cales alcanzarían no punto 21. A partir de aquí viuse un encontro non apto para cardíacos. Tras dispor de un par de puntos de set o Reyca non puido co IES Teis e caiu por un axustadísimo 28-30. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Xian Pérez, Lois Vázquez, Abel Sánchez, Fran Dieste e Daniel Vázquez. Tamén xogaron Óscar Refojo, Raúl Lojo e Alfonso Rey. Completísimo encontro do Reyca que plantou batalla ante un dos favoritos desta liga galega cadete masculina e animando ós siareiros que presenciaron o encontro con accións de calidade.
TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 IES TEIS T.D.V. CAIX.
(21-25,18-25,11-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
Diego Romero, un dos destacados |
Caiu o equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol que dirixe Andrés Martínez ante o 3º clasificado desta liga galega. Comezou o encontro con igualdade no luminoso e cos nosos atinados no cambio de saque. A medida que o set avanzaba os erros afloraron entre os xogadores do Trillizos, situación que o IES Teis aproveitou para levarse o parcial por unha vantaxe de 4 puntos no luminoso. A tónica no segundo e terceiro parcial foi a mesma. Erros moi habituais entre os locais, intensidade decrecente no xogo e decisións arbitrais canto menos dubidosas foron motivos máis que suficientes para que os visitantes se levaran os sets por 18-25 e 11-25 respectivamente. Importantes baixas as que Andrés Martínez, técnico do Trillizos Boiro Voleibol, tiña que facer fronte como a do receptor Martín Herrera ou a do colocador Daniel Sieira. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Antón Pérez, Diego Romero, Abel Sánchez, Diego García, Miguel Lorenzo e Adán Arsenio (líbero). Como reservas estaban Xian Pérez, Lois Vázquez, Daniel Vázquez e Fran Dieste.
Derrota por 0-3 das cadetes do Boiro Voleibol neste encontro de volta do play off da fase interzonal ante un IES Ames que foi superior en todo momento ás nosas. Comezaba o encontro coas visitantes danando a construcción das boirenses cun preciso e potente servicio que impedía que o K1 das nosas funcionara correctamente. Por mor desto, as visitantes mantiveron sempre un colchón de 4 puntos que lle permitiron xogar con tranquilidade e anotarse o set por un claro 16-25. Estaba claro que o servicio ía marcar o desenlace de tódalas accións e por conseguinte do partido. No 2º as rapazas de Juan Resúa afinaron puntería e conseguiron pagar coa mesma moeda ás súas rivais no comezo do parcial. Mediado este baixou significaticamente a porcentaxe de servicios bos das nosas e aumentou a do equipo rival que volvería a levarse o set por un axustado 23-25. A derrota neste último parcial minou a moral das locais, tanto que no 3º comezarían cunha desvantaxe de 7 puntos (2-9). Tras un tempo morto os ánimos volveron ás nosas e conseguiron remontar boa parte da renda que as de Ames conseguiran pero o último empuxón non foi suficiente por esta vez. Polo Boiro Voleibol xogaron: Ana, Sara, Sandra, Alejandra, Katy e Sheila. Como reservas estiveron Andrea e Alba.
IES AMES 2-3 BOIRO VOLEIBOL
(25-23,26-24,21-25,13-25,6-15)-(Play Off fase interzonal cadete feminina-Ida)
Vitoria pola mínima en Ames |
Encontro disputado na mañá do domingo no que as nosas conseguiron unha axustada vitoria a domicilio. No primeiro set baseándose nun acertado K2 as de Juan Resúa conseguían unha vantaxe que as locais neutralizarían no fin do mesmo para anotarse pola mínima (25-23) por mor do nerviosismo boirense. O 2º set pódese dicir que foi un calco do anterior no que as de Ames conseguiron a vitoria por unha lixeira diferencia. A partir de aquí a efectividade boirense co saque aumentou e da man sobre todo de Sara Bugallo conseguían manter un marcador favorable nos sets seguintes para alzarse coa vitoria final. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sheila, Ana, Alejandra, Katy, Sara e Sandra. Como reservas estaban Andrea e Alba.
BOIRO VOLEIBOL 0-3 IES AMES
(16-25,23-25,21-25)-(Play Off fase interzonal cadete feminina-Volta)
As de Juan Resúa caen por 0-3 |
8 comentarios:
Noraboa ás rapazas q siguen imparables!!!
Esperemos estar á altura das circunstancias nos partidos da tarde..
P.D: para os nostálxicos e os amantes da area tedes un novo canle de vídeo, o correspondente ó circuito americano de volei praia (AVP). Botádelle un ollo!
Enorabuena chicas, que no decaigan las victorias!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
novo link creado para subir mais fotos do circuito e do club voleibol boiro
aquí tendes o link para ver as fotos do partido boiro-jovellanos
picasaweb.google.com/101570066197613355910/BoiroJovellanos#
disfrutade e en nada xa estaran a das chicas
Esa Sara Bugallo... vaya máquina de sacar. Rompeu todalas estadísticas. Enhorabuena Sarita. Y Enhorabuena a los de 1ª y 2ª femenina por esos triunfos. Ya queda menos de liga...ánimo en la recta final a todos. Un abrazo
http://circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com/
BO PARTIDO RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!
XOGO BONITO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ANIMALIÑOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
NORABOA RAPAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!
IMPARABLES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
MOITO ÁNIMO Ó RESTO!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/03/16/0003_201103B16C14991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/03/16/0003_201103B16C14992.htm
Publicar un comentario