XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR
(Benxamíns, alevíns e infantís)
Ata Noia se desplazaron na mañá do sábado os rapaces e rapazas do Boiro Voleibol para competir nesta concentración do deporte en idade escolar. Un bo número de cativos boirenses competiron contra outras escolas deportivas como as de Cee, Noia, Rianxo ou Padrón. Foi unha boa mañá de voleibol para todos na que se apreciou unha vez máis o bo traballo que están a facer o técnicos do Boiro Voleibol cos máis pequenos, demostrando que o futuro do clube está en boas mans.
EMEVE LAB. NUPEL B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(Benxamíns, alevíns e infantís)
A nosa canteira voltando de Noia |
EMEVE LAB. NUPEL B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-15,8-25,25-20,12-25,13-15)-(2ª división autonómica masculina)
K1 do Redesyl Boiro Voleibol |
Balsámica vitoria a domicilio do equipo filial masculino ás ordes de Antón Pérez que se reencontra co triunfo tralas dúas derrotas da xornada anterior. O Redesyl recuperaba efectivos para esta disputa. O receptor Manuel Pérez "Cholo" viaxaba por primeira vez co equipo tras superar a súa lesión muscular. O encontro foi de ida e volta, con alternativas para os dous bandos pero que caeu en saco boirense por consistencia colectiva nos momentos importantes do partido. Certo é que o equipo mostrou outra cara ben diferente á vista fai sete días, pero deberán facer firme esta situación nas próximas datas con boas actuacións, traballo e compromiso nos adestramentos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Luis Lustres, Roberto Rodríguez "Tito", Xavier Sarille, Diego Romero, Fran López "Chepe", Antón Pérez e Juan Lorenzo "Doc". Tamén xogaron Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Manuel Pérez "Cholo" e Juan "Mande".
ZALAETA 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(16-25,22-25,18-25)-(1ª división nacional masculina)
Contundente vitoria dos rapaces que dirixe Emilio Palacio en terras coruñesas. O Hipescar demostrou unha semana máis que os automatismos e engranaxes do equipo funcionan ás mil maravillas. Non deron opción ós locais en case que ningún momento do partido. Bloqueo ben posicionado e orde táctica na segunda liña facían do K2 boirense o seu punto forte unha semana máis. En canto ó K1 cabe destacar a intelixencia do colocador boirense Iván Souto "Pas" elixindo sempre a mellor opción para o seu equipo. A recepción boirense rozou a perfección un sábado máis, con Cristóbal Álvarez e Manuel Pérez moi atinados nesta tarefa. Causaron baixa para o encontro Iago Vidal por lesión e Óscar Gómez por motivos persoais. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Miguel Vázquez, Gustavo Romero e o xuvenil Martín Herrera. Con esta nova vitoria o Hipescar alcanza o liderado da 1ª división nacional grazas ós pinchazos do Club Vigo Voleibol e do Universidade de Valladolid ante CV Rianxo e San Sadurniño respectivamente. Os de Emilio Palacio visitarán o próximo sábado ó equipo vallisoletano dende o máis alto da clasificación gracias a un set average favorable, nun partido que semella vital de cara as aspiracións dos boirenses á acudir á fase de ascenso á liga FEV nacional.
O Hipescar en recepción |
Equipo | J | G | P | PS | SF | SC | PF | PC | Pts |
1 | Hipescar Boiro Voleibol | 9 | 7 | 2 | 0 | 25 | 13 | 860 | 772 | 16 |
2 | Club Vigo Voleibol | 9 | 7 | 2 | 0 | 23 | 12 | 794 | 718 | 16 |
3 | Universidad de Valladolid | 9 | 7 | 2 | 0 | 24 | 15 | 866 | 808 | 16 |
4 | Aule | 9 | 5 | 4 | 0 | 21 | 17 | 843 | 844 | 14 |
5 | C.V. Rianxo | 9 | 4 | 5 | 0 | 18 | 17 | 785 | 774 | 13 |
6 | Zalaeta | 9 | 3 | 6 | 0 | 12 | 20 | 704 | 737 | 12 |
7 | Aldebarán San Sadurniño | 9 | 3 | 6 | 0 | 12 | 22 | 722 | 788 | 12 |
8 | CID Jovellanos | 8 | 3 | 5 | 0 | 15 | 18 | 736 | 725 | 11 |
9 | Auria Vella Voleyourense | 9 | 1 | 8 | 0 | 9 | 25 | 668 | 812 | 10 |
BOIRO VOLEIBOL 3-1 MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(14-25,25-18,25-18,25-16)-(Liga provincial cadete feminina)
Cómoda vitoria das pupilas de Juan Resúa nun partido que comezaba con dificultades debido ás numerosísimas imprecisións das locais pero que a medida que avanzaba o encontro se correxían e transformaban en acerto en saque, recepción e ataque. Cabe destacar a aportación de Ana Bugallo en ataque xa que se sigue mantendo partido tras partido rondando os 20 puntos (19 hoxe). Polo Boiro Voleibol xogaron: Sheila, Ana, Sara, Alba, Katy e Alejandra. Como reservas esperaban a súa oportunidade Melissa e Andrea.
EMEVE LAB. NUPEL B 3-2 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(25-22,25-22,24-26,18-25,15-11)-(2ª división autonómica feminina)
Agardando o bloqueo Ali, Rebe e Luci |
EMEVE LAB. NUPEL 3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-15,25-22,22-25,25-15)-(Liga galega cadete masculina)
K2 do Reyca |
BOIRO VOLEIBOL 3-0 MEXILLÓN DE OURO VOL. RIANXO
(25-12,25-19,25-20)-(Liga provincial xuvenil feminina)
Vitoria en apenas unha hora de xogo das xuvenís do Boiro Voleibol nesta liga provincial xuvenil feminina. Saíron concentradas en facelo ben as de Juan Resúa, mostrando grandes avances no seu xogo. Unha gran xeira de servicios por parte de Ana Bugallo (11 consecutivos) metía no peto o primeiro parcial para as boirense. Nos dous seguintes a clave estivo no acerto en saque, que impedía ás rianxeiras construir xogadas claras de ataque. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Andrea, Ana, Katy, Adriana, Ángela e Iria (líbero). Como reservas actuaron Sheila, Alba, Sara e Sindy.
EMEVE LAB. NUPEL 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-16,25-20,25-20)-(Liga galega xuvenil masculina)
Os xuvenís dos Trillizos en recepción |
18 comentarios:
Parabéns para o Redesyl pola vitoria, vamos a ver si levantamos o voo de novo.
Para os meus compañeiros nada que dicir, a continuar crecendo e mellorando. Aínda non fixemos nada!!
P.D: estemos tendo problemas coa lista de reproducción. Esperamos solucionalo en breve. SORRY!
FORZA CV BOIRO!!!
Bo finde po boiro polo que parece !!
A seguir asi e loitar o maximo que podamos.
Moito animo e a por eles !
PD :quero ver a ese equipo de primeira ascendendo a fevb !
Desde este momento, tódolos comentarios de xente NON IDENTIFICADA (anónimos) serán eliminados polo administrador, é dicir, por min. Acordádevos de escribir o nome!!!
eu, q habitualmente comento con conta rexistrada opina que se debería respetar o dereito a aonimato xa que entendo que se alguén lle falta o respeto a outra persoa o comentario debe ser borrado, agora ben en ocasións entendo que a xente prefira expresar opinións dende o anonimato para evitar represarias porque hai cousas que aínda que algúns non lle gustan oír, si que deben ser escoitadas, para aprender e mellorar e é normal que esa persoa non queira mostrar o nome para que dito dalgún xeito non lle collan "manía".
!!!respecto os comentarios ánonimos respetuosos!!!!
noraboa os de primeira que vén cerca a fase de ascenso e os de segunda que voleven a senda da victoria os demais, a seguir traballando!!!
forza cv boiro!!
Buen partido el sabado chicos, hicimos meritos para estar donde estamos, pero seguimos, igualmente que antes, necesitando victoria en valladolid.El juego es perfecto, me encanta jugar al voley pero con vosotros es todavía mejor.
Si os comentarios son respetuosos non vexo motivo algún para esconder a identidade, aquí todos nos coñecemos e é de agradecer a xente que di o que pensa mostrando o seu nome. ¿Manía?, sinceramente a10, penso que estás moi equivocado. Se pretendedes que algunha vez se tomen en serio as túas opinións (aquí e noutros ámbitos da vida) debes ir de frente, só así che escoitarán.
Repito: non tolerarei nin un anónimo máis, estou farto de borrar gilipolleces. De bo rollo ;-)
Boas rapaces e rapazas, Noraboa os equipos que conseguiron a victoria, sobre todo os meus por esa inxección de moral que nos trae esta victoria, temos duas semaniñas por diante para dar o maximo de cada un en cada entrenamento, e logo demostralo na pista (que ainda que gañamos este fin de semana, non podemos cometer tantos erros nun set, e ganamos siguiente 8-25). E despois felicitar en especial ós componentes do Hipescar, que estan no máis alto da clasificación de primeira. Moita sorte en Valladolid, e espero esa ansiada victoria. Con respecto as rapazas do Proboin, a lebantarse porque esa fase ainda esta a tiro, non perdades o ánimo, a por elas!!!
E os xuves e os cadetes....entrenar entrenar e entrenar, Tedes ainda moita marxe de mellora, aproveitadeo. Un saúdo
P.D.: Con respecto os anonimatos, opino o mismo que chicho!!
P.D.: O LIDER CHEGA A VALLADOLID jejeje
e como sabes que o nome é o verdadeiro da persona que escribe?? porque digo que sempre podrán poñer calquera nome en vez de anonimo.
esa batalla tela perdida chicho ainda que avises a xente que non poña anónimos, vas seguir tendo que borrar comentarios de persoas que poñen un supuesto nome.
tontos vainos haber sempre jejej
suerte para o próximo
Xa se poden ver na miña galería de fotos algunhas instantáneas dos partidos contra EMEVE LAB.NUPEL (cadete e xuvenil) en Lugo.
Hola buenas!
Tal y como yo lo veo lo ideal sería que ocurriese lo que dice Chicho, pero lo más seguro es que antes o después ocurra lo que dice Brasi...qué más dá!los comentarios que merecen ser la pena leídos serán tenidos en cuanto...los anónimos faltones se borrarán y punto.
Enhorabuena a los chicos de Primera,"xogades como nunca e ganades como merecedes", no os confíeis, no aflojéis, seguir trabajando cada día más duro y nadie os bajaré de ahí arriba.
Las chicas de Segunda tropezaron, pero todos sabemos el potencial que tiene el equipo y que si se esfuerzan finalizarán la temporada en lo más alto que es dónde se merecen.
En cuanto a nosotros, ganamos, lo cual nos hacía mucha falta, pero quizás de una forma más forzada de lo necesario...tenemos que definir nuestro juego, asentarnos como equipo y a partir de ahí pensar en resultados.
Para finalizar recordar a los chicos de Segunda (y a quien lo quiera ver) que está colgado en la videoteca el vídeo del partido de ida contra el Lugo.
Perdón por la parrafada...
FORZA C.V.BOIRO!!!
Ti non es o Brasileiroooo!!!!xDD
Que decir, casi nos meten un 3-0 y al final el 3-2 nos sabe a poco, sobre todo despues de la ventaja que llegamos a tener en el 5º set. Una pena!!!Se ve que los domingos por la mañana no nos sientan nada bien (las dos derrotas ese día), así que domingos....NUNCA MAIS
Ánimo chicas, que tenemos que seguir dando guerra
LUCI
Personalmente siempre echo en falta un poco más de "mimo" por parte de La Voz en sus noticias de cara a nuestro Club, jod..., los de primera se ponen líderes y parece que TODO fue gracias al Rianxo, no sé, igual que ganen partidos también tiene algo que ver!?
O mellor regalo de cumple foi ese liderato
GRACIAS COMPAÑEIROS
Lástima das Proboin, sería un finde perfecto!
Luci, o nome, se o pos, ponse onde se ten que poñer JEJEJE
Y yo sin felicitarte amigo. Escuse mua... Un abrazo y que cumplas muchos más. Que yo de mayor quiero ser como túuuu. Grande Gusi, O Capitán mi capitán.
Veña lo Gustavo,a partir de ahora pondré el nombre de guerra ...
A todo esto, el sábado de carnavales los de 1º juegan en Vigo y nosotras en Pontevedra, los de 2º no lo se, asi que habrá que mirar a que hora se juega para ver si se puede hacer la cena
Enhorabuena a mis compañeros!
Joder, dejo de jugar y os poneis lideres? Je,je...
Ánimo a las chicas, hay que seguir luchando!
Y al resto, a seguir dando caña, AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Chicho, muy bien con la página, y con el resto, AUPA CHICHO!!!!!!!
P.D. Hay que fijar bien la hora o el dia de la cena de disfraces; si no se come temprano, se come mas tarde, y si no puede ser el dia de carnaval, se hace el sábado siguiente. Ok Piojita? Bicos.
AAAAAAUUUUUUUPPPPPPPAAAAAAAAAA
BBBBOOOOOOOIIIIIIIRRRRRRROOOOO!
Me parece correcto, lo de la cena, es más ya podemos ir disfrazados a los partidos para no perder tiempo, jeje
Publicar un comentario