martes, 4 de xaneiro de 2011

De novo na salección galega:

O BOIRO VOLEIBOL NA SELECCIÓN GALEGA:

Nesta ocasión os chamados son Ana Bugallo, convocada coa selección galega infantil feminina, e Francisco Dieste, presente na selección galega cadete masculina.
Ambos conbinados estarán concentrados no albergue de Gandarío (Sada) os días 3, 4 e 5 de xaneiro. Os nosos parabéns, e noraboa por esta oportunidade que vos brindan os técnicos da FGVB. Sabemos que a aproveitaredes ben para seguir aprendendo e mellorando como persoas e como xogadores.

Ana, no centro da imaxe

Fran, na dereita da imaxe


O REDESYL, DE VACACIÓNS:
O equipo que dirixe Antón Pérez, o Redesyl Boiro Voleibol, reanudará os seus adestramentos o próximo día 12 de xaneiro (mércores) por decisión técnica.

DÚAS LESIÓNS E UNHA RECUPERACIÓN:

Miguel voando
Producíronse nos últimos tempos dúas importantes e sensibles baixas  para os seus respectivos equipos xa que se trata de pezas moi importantes. Trátase dos dous receptores  Miguel Vázquez (Hipescar) e Manuel Pérez "Cholo" (Redesyl). O primeiro sufriu un esguince de nocello e o segundo padece dun problema muscular en aductores que o impide funcionalmente para a práctica do voleibol. Esperamos vervos pronto entre nós.


Non todo son mala novas xa que por outro lado o líbero boirense do Hipescar Adrián Alves "Chicho" retoma a actividade normal do grupo tras superar unha doenza no sóleo esquerdo que lle impedía adestrar con normalidade nas últimas semanas.


¡ÁNIMO!

5 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Noraboa Fran, noraboa Ana...intentade aprender e disfrutar destas oportunidades que outros non tivemos no seu momento.

Moito ánimo a Migui e a Cholo para que se recuperen de contado e así poder poñerse ó temiña canto antes.

Para rematar recordar que a sección musical segue e seguirá aberta para aportacións vosas por moito tempo...Así que a crear a banda sonora do Boiro Voleibol entre todos....ÁNIMO!


FORZA CV BOIRO!!!

lol dixo...

¡Enhorabuena pequeñajos!

melchor dixo...

Migui hace cuento para ir a jugar al poker.

Anónimo dixo...

Pufff...Levadeo con calma que se non se curan ben as lesions, a larga repintense, asi que con paciencia que todo se cura!

Anónimo dixo...

ROTURA DE FIBRAS EN EL ADUCTOR.15 SESIONES DE FISIO.3 SEMANAS+-.A darle duro¡¡¡
CHOLO