Este sábado o Náutico regresa á Cachada coa Copa Galicia |
Este sábado pola tarde A Cachada acollerá a 1ª xornada da Copa Galicia Masculina recibindo ós equipos senior que xogan competición nacional: EMEVE de Lugo (SVM) e Intasa San Sadurniño (SM-2). Viviremos dous partidos como pedras de toque para un Náutico que medirá as súas forzas por primeira vez nesta pretemporada. Ás 16:00h poderemos desfrutar do Intasa San Sadurniño-EMEVE co debut en competición oficial do receptor internacional Marlon Palharini nas filas dos lucenses. Ás 17:30h será o turno do Náutico-Intasa San Sadurniño e ás 19:00h do Náutico-EMEVÉ. De seguro que o espectáculo non defraudará. O sábado pola mañá, tamén na Cachada, a Copa Federación Masculina obrigaralle ó Redesyl Boiro Voleibol a empregarse a fondo ante Fisioterapia Cinesia Noia (11:30h) i EMEVE (13:00h). Lucenses e noieses medirán as súas forzas ás 10:00h. O Campo da Serra de Narón será o esceario no que as nosas cadetes disputarán a súa xornada de Copa Promesas. CV Narón Volea B (10:00h), CV Pontevedra A (11:30h) e Narón Volea A (13:00h) serán os equipos ós que se medirán. Pola súa banda o JEALSA Boiro Voleibol desprázase a Lugo o domingo 28 (Casa do Deporte) para xogar a Copa Promesas Masculina. Entrarán en acción ás 11:15 ante Narón Volea e despedirán a xornada xogando o seu encontro fronte a EMEVÉ ás 12:30h. ¡Boiro é volei!
Ningún comentario:
Publicar un comentario