martes, 26 de febreiro de 2013

XENTE DO BOIRO VB: MARÍA CORTÉS, RESPONSABLE NA RELACIÓN COS MEDIOS

María Cortés, unha das nosas
“ O feito de ter xente preparada…axuda a evitar lesións“

María Cortés Ayaso. Ribeirense de nacemento con raices en Boiro, concretamente no Cabo da Cruz, berce do Boiro Voleibol. Estudou para médico de familia en Compostela. Actualmente médico de urxencias no Hospital Clínico de Santiago. É a vixiante  da saúde neste club, cando alguén cae mancado ahí está María para socorrer. Unha das  mulleres que compoñen a actual xunta directiva. Desempeña a función de portavoz nas relacións coa prensa.


-(Bugallo) María tamén xogou no Boiro Voleibol?
-(María) Por desgracia non. Desde pequena sempre fun alta, o que fixo que en moitas ocasións os adestradores da miña zona de baloncesto quixeran que fora a entrenar, pero nunca me chamou. No colexio descubrín o voleibol, e encantoume, e xogaba nos momentos de pausa e algún día na praia. Pero tiven unha lesión no nocello dereito, o que me apartou das prácticas deportivas, antes de coñecer a Andrés e o clube, polo que nunca xoguei oficialmente.

-Como se iniciou a relación con este club?
-Estaba no instituto, con 13 anos. Coñecín á irmá de Andrés, o noso actual presidente. Recordo que alá cerca da semana santa nos comentou ó grupo de amigas que seu irmán xogaba nun clube de voleibol e que estaban a organizar un campeonato para a semana santa, que necesitaban xente para botarlles unha man. Eu recordaba o moito que me gustaba o voleibol ó practicalo e fun encantada. Coñecín a Andrés, descubrín que aínda era moito máis interesante que o que practicara no colexio, e dende entón, non houbo quen me separara. É unha das miñas paixóns, xunto coa menciña.

-Sempre estiveches relacionada ou houbo parón?
-Dende que fun a ese campeonato permanecín no clube. Recordo que daquela era o C.V. Riveira, un grupo de amigos que xogaban en 2ª división B e que soían levar tundas. Ó principio aínda tentei adestrar con eles, pero a lesión non deixaba. Iba ós partidos, a algún entrenamento, e sempre que Andrés organizaba algún campeonato alí estaba para o que necesitara. Campeonatos de pista 3x3 sobre todo en semana santa, comezamos co voleipraia en Riveira, logo en Pobra, e un ano nos invitaron a organizar o Circuito Barbanza… Sempre permanecín relacionada co club. Ó non poder xogar, fixen os cursos de entrenadora ata nivel 2, e de árbitro. Ó acabar a carreira e empezar a traballar tuven menos tempo libre, e dificultóuseme o feito de ir ós partidos, e estar sempre, pero mantiven a relación, axudando no que podía. E así sigo, e espero seguir por moito tempo.

-A muller directiva ten outra visión dentro da xunta?
-Non creo. Si noto diferencia en visión entre os xogadores e os que non xogamos. Pero en xeral soemos estar todos de acordo, xa que o traballo é sempre coa misma meta.

-Unha maioría dos directivos tedes preparación universitaria e moi relacionada coa ensinanza e o deporte,  en qué se fai notar esta faceta?
-Eu creo que pode axudar sobre todo na maneira de traballar cos rapaces, en cómo plantexar as cousas, en organizar as saídas sobre todo cos máis pequenos. E o feito de ter xente preparada no terreno deportivo, xa que os adestradores están preparados, axuda a evitar lesións.

-Por que a día de hoxe, segue a practicar máis deporte o home ca muller?
-Eu creo que segue sendo algo máis cultural. Os rapaces desde pequenos alguén lles da un balón (aínda que soe ser de fútbol) , e as nenas as bonecas. Pero día a día eu creo que iso vai cambiando, e que pouco a pouco hai cada vez máis mulleres.

-Pouca oferta deportiva federada para a muller na zona?
-Nesta faceta véxome perdida. Pero realmente, do pouco que sei, a maioría dos deportes só ofrecen federar ó equipo masculino… En parte por decisión  dos clubs, en parte supoño que porque non teñan suficientes mulleres.

-Escoitamos a cotío que corren malos ventos económicos, o que implica tesourazos en tódolos eidos. Son imprescindibles na menciña e no deporte?
-Non, non o creo. Hai móitisimos eidos donde sí poderían e donde sería bo pasar a tesoura, ou mellor directamente o coitelo. Pero hai cousas coas que nunca se debería xogar nin andar rebaixando, como son a saúde, a educación… e nunha unión das dúas cousas o deporte. Eso é unha perda moi grande a curto, medio e longo prazo…. É algo que nunca chegarei a entender.

-O deporte é saúde?
-Si, sin duda. Aínda que hai que poñer un pero… se falamos dos deportes de elite. Indican saúde en cuestión cardiovascular, pero  moito sufrimento en cuestión articular.

-Somos conscientes e consecuentes os cidadáns con esa premisa?
-Somos conscientes. Preguntes a quen  preguntes todo o mundo che dirá que si, que hai que facer exercicio, que é bo pasear, que baixa o colesterol, o azucre… Nos propósitos de aninovo case todo o mundo, se non todos, teñen o de facer máis exercicio, apuntarse ó ximnasio.. Sen embargo  a maioría quedan niso, por desgracia, en propósitos.

-Habíase preocupar a política que así acontecera?
-Polo menos deberíase preocupar de non poñérnolo máis difícil… Sería todo un detalle.

-Ti es filla e sobriña de concelleiros, téntache a  política?
-Non, nunca. E creo que precisamente por eles, non.


“ Que o proxecto comezado hai anos siga medrando “

-Causas e consecuencias das lesións  no volei?
-As principales causas das lesións, como en case tódolos deportes, é a falta de preparación. É imprescindible preparar o corpo, non só a práctica no xogo, se non a preparación física. E sempre, sempre, antes e despois de cada adestramento ou partido facer un bo quecemento e estirar ó final. O volei ten menos lesións  polo feito de non ser un deporte de contacto. Sobre todo o que máis vemos son as lesións de nocellos e rodillas (polos saltos e caídas abundantes ) e nos hombreiros no caso dos rematadores, e dedos polo balón. As consecuencias a curto prazo é non poder xogar… a largo.. a artrose precoz.

-As mulleres tedes fama de boas administradoras, por que non tesoureira?
-Non o sei. Tampouco me importaría. Pero quen o está facendo para min estao facendo moi ben. Non precisamos cambiar.

-Elexiche ti o cargo ou foiche imposto?
-Non elexín. Ofrecéronmo, e pareceume ben.

-Gostas do labor que desempeñas?
-Si. E ademáis na miña situación, á falta de tempo polo meu traballo, é a que máis se axusta a min.

-É doada a relación coa prensa?
-Cos que me fan caso si. Son moi agradables. O grave problema e que na maioría dos casos non sabes se son conscientes do que lle mandas. Pero ahora coa comunicación, cos e-mails e os móviles, estas cousas son máis doadas.

-Cómo a desenvolves?
-Sobre todo vía e-mail. Mándolles un correo o xoves cos partidos do fin de semana e horarios, e logo o domingo ou lunes unha coa crónica dos partidos. Ademáis mándolles algo cada vez que se fai algo distinto. Por móvil sobre todo chámanme eles cando necesitan algo. Teñen o meu móvil e dirección de e-mail e saben que estou á súa disposición para calquera dúbida.

-Atende suficientemente  as demandas do volei?
-Realmente… a medias. Segue sendo o fútbol o que ocupa a maior parte do espacio… pero pouco a pouco vámonos facendo camiño. E hai xente que noto que espera a nosa información, xa que se non lle chega nos horarios comentados chaman para preguntar.

-Dalle  a cobertura necesaria ao Boiro Voleibol?
-A prensa local, tanto a radio como a prensa escrita, cada día nos teñen máis en conta. Eu espero pouco a pouco conseguir que o resto da prensa me dé a opción, e con eso, a todo o clube.

-Eche fácil compatibilizar o traballo altruista no club coa vida laboral?
-A maior parte das veces si. Ó ser por mail sempre se aproveita un momento libre con un ordenador. E como é a miña paixón, o que me apena e non poder ter máis tempo para o club a verdade.

-Que botas a faltar… no club, na directiva, na competición, na afeción…?
-A verdade… Dende que cheguei ata agora medramos , tanto como club, como directiva, competición, e sobre todo na afección. Agora mesmo só podo sentirme orgullosa de todos e espero poder seguir axudando neste bo traballo.

-Que soño, que desexo, que meta….. gostarías de ver logrado ao remate da presente campaña?
-Pois a estas alturas e vendo as competición, o terceiro título de liga consecutivo do NÁUTICO. E sobre todo seguir medrando nas categorías inferiores..

-E  para máis adiante?
-Ver cómo cada ano máis nenos se enganchan ó volei, e poder ofrecerlles continuación  neste deporte. Que o proxecto comezado xa hai anos siga medrando.
Francisco Xosé Bugallo

5 comentarios:

Andrés "Araña" dixo...

Muchísisisisimas gracias por todo cariño. Eres la mejor. Un besazo

Adrián Alves dixo...

Tantos anos de traballo desinteresado merecen o respeto de tódalas persoas que forman parte deste club. Grande María. Por moito tempo!

Gus dixo...

Gracias por estar sempre aí!!!!!
APERTAAAAAS!!!

Xabier Vázquez Parcero dixo...

Imprescindible como outros moitos, esta muller voluntariosa, cumpridora, comprometida, cunha auréola chea de vitalidade, muller que non acouga e que arrasa cando está presente,amosando sempre o seu mellor sorriso e alento a todo aquel que está a sofrir unha lesión e que fai tremer ós rivais cando a un tempo bate as palmas e berra a esgalla nos partidos para animar xogadores e xogadoras do Boiro Voleibol. Apertas compañeira!

María Cortés dixo...

Muchas gracias a todos. Xabi, casi me haces llorar jijijiji

Pues seguiré gritandoooooo

Espero poder seguir muchos años más. No sabría que hacer sin vosotros.

Besos!!!