BURGAS VOLEI 1-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(9-25, 26-24, 21-25, 24-26)-(Liga galega infantil masculina)
Excelente actuación en servicio de Pablo Nieto no Paco Paz |
Vitoria do equipo infantil masculino que dirixe Adrián Alves en terras ourensás no madrugón que os máis pequenos tiveron que realizar para xogar ás 9:30h no Paco Paz. Comezaba o encontro cun Reyca sólido, baseándose nun servicio moi estable que imposibilitaba a construcción local e que disparaba ós branquiazuis no luminoso. Rubén Martínez foi o puñal que unha e outra vez se adentraba na recepción do Burgas e salvagardaba a vitoria parcial para os seus. No segundo os locais melloraron, sobre todo en facetas defensivas. Pablo Nieto e Daniel Olveira, inspirados en ataque ata o momento, xa non atopaban o firme no terreo ourensá. Despois de dispor de 3 pelotas de set para colocarse cun claro 0-2 os locais aproveitaron os erros dos nosos para empatar o choque e deixar no aire o futuro do mesmo. No terceiro os nosos cativos recuperaban a iniciativa. Darío Outeiral e Pablo Nieto bombardeaban dende os 9 metros ó Burgas permitindo ós boirenses mostrar a mellor cara da tempada en tarefas defensivas. No cuarto e derradeiro o nerviosismo volvía ó seo do Reyca. O medo a perder o conseguido atenazaba ós nosos un pouco pero logo dunha intensa pelexa conseguían pechar o set e o encontro demostrando a progresión do conxunto nas últimas semanas. Polo Reyca xogaron: Rubén, Pablo, Darío, Daniel, Christopher e Álvaro. Tamén o fixeron Jorge, Álex, Gabriel e Manu.
BURGAS VOLEI 3-1 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-15, 25-21, 20-25, 25-21)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos planta cara en Ourense |
Derrota dos de Adrián Alves na cancha dun rival directo na pelexa polos 3º e 4º postos que dan dereito a disputar o play-off. O encontro comezaba igualado. Ámbolos dous conxuntos mantiñan un pulso ata ben avanzado o set onde algunha imprecisión do Trillizos dende a liña de saque e en recepción enchía de confianza ós locais para disparalos no luminoso e deixar o triunfo parcial en peto ourensá. A medida que pasaban os puntos os nosos melloraban, sobre todo en ataque. Da man dos seus atacantes de banda (Xian, Fran e Dani Sieira) o Trillizos complicaba a defensa local e conseguía apretar o desenlace do segundo que, de novo, se decidía nos últimos compases cando os nosos baixaron o listón a partir do 19-19. O terceiro foi de dominio boirense dende o seu inicio. Ós potentes atacantes de banda uníase agora Lois Vázquez, que mostrando un gran compromiso co seu equipo, desempeñou un gran encontro no posto de central materializando en punto o 100% dos balóns que tocaba. No cuarto o servicio dos locais marcou a diferencia. Os nosos non baixaron os brazos pero a maior experiencia dos do Paco Paz desequilibraría unha balanza pola que os nosos pelexaron ata o final. Polo Trillizos xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Dani Sieira, Lois Vázquez, Daniel Gey e Abel Sánchez (líbero). Tamén xogaron Óscar Refojo e Adrián Gatbache.
BURGAS VOLEI 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-12, 25-18, 25-18)-(2ª División autonómica masculina)
O Redesyl traballará para volver ó bo xogo |
Derrota e malas sensacións é o equipaxe co que retornou ó Barbanza o equipo filial masculino nesta expedición multitudinaria dos nosos equipos á cidade das Burgas. En ningún momento do encontro o equipo estivo á altura das esixencias do mesmo. Os ourensás superaban en tódalas facetas ós nosos que probablemente mostraron a peor cara da temporada. As imprecisións en servicio e recepción e a excesiva bondade dos nosos ataques permitía un plácido tránsito dos locais nun encontro sen historia. A defensa ourensá desactivaba o predecible ataque boirense e facía medrar a confianza dos locais no seu xogo para pechar a contenda pola vía rápida. Polo Redesyl xogaban: Ismael Martínez, Fran Dieste, Miguel Lorenzo, Antón Pérez, Alén García, Adrián Armental e Abel Sánchez (líbero). Tamén o fixeron Andrés Martínez, Diego Romero, Xian Pérez e Juan Outeiral.
UNIVERSIDADE DE BURGOS 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(20-25, 22-25, 21-25, 18-25)-(1ª División nacional masculina)
A expedición adicou os 3 puntos a Narciso. ¡O 8 é teu! |
Importantísimo triunfo do noso primeiro equipo masculino en terras burgalesas sobrepoñéndose ós múltiples contratempos de última hora e doblegando ó UBu nunha cancha que, históricamente, é un fortín moi difícil de asaltar para os equipos visitantes. Ás baixas de Cristóbal Álvarez e Rubén Taibo por motivos laborais uníase a do oposto Narciso Abalo que no adestramento do venres sufriu unha caída que lle fracturou o peroné e o apartará das canchas os próximos meses. Con estas malas novas presentábase un encontro de vital importancia no que os boirenses pretendían dar un paso adiante e encaramarse ós postos altos desta 1ª división. Comezaba o choque cun tanteo mutuo no que os ataques superaban ás defensas ata ben avanzado o set. No ecuador do mesmo o servicio branquiazul comezou a subir de nivel e danar a recepción local. Foi neste momento cando os nosos abriron ferida nun UBu que non atopaba a maneira de superar o bloqueo boirense no que as figuras de Mario Iglesias e Emilio Palacio facían sombra ós atacantes castelás. No segundo xogo os locais melloraron. Os de Emilio Palacio, atenazados, cometían numerosísimos erros que daban ás ós universitarios e apoucaban o xogo do Náutico que viaxaba a remolque na travesía deste parcial. No terceiro as boas sensacións voltaban. Comandados por un inspirado Iván Souto os boirenses volvían a tomar a iniciativa do xogo. O servicio barbanzano facía tremer os brazos dos burgaleses. Éstes víanse na obriga de enviar múltiples "free-ball" que os boirenses materializaban en tanto por medio dunha conexión extraordinaria entre o noso colocador Iván e os centrais. No cuarto a tónica continuaba. Presión do Náutico dende a liña de saque, efectividade no complexo bloqueo-defensa e ataques incandescentes dos nosos por tódalas vías aproveitando a incertidume creada pola mestría do armador no altísimo bloqueo do UBu. Deste xeito chegaba un triunfo conseguido nuns momentos moi complicados e que demostra que o Náutico é un equipo con maiúsculas. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Emilio Palacio, Jesús Vázquez, Mario Iglesias, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Miguel Vázquez e Xavier Sarille.
AD A PINGUELA 3-0 NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(25-13, 25-9, 25-13)-(Liga galega infantil feminina)
Durísimo rival se encontraron as boirenses en Monforte |
Encontro sen historia o que disputou o noso equipo infantil feminino en terras monfortinas. As locais, cunha capacidade atlética evidentemente superior á das novas xogadoras boirenses, non pasaron apuros para quedarse cos dous puntos da vitoria. O potente servicio local só permitía ó Navales Chicolino pasar "free-ball" a terreo contrario, o contundente ataque da AD A Pinguela faría o resto. O modus operandi das monfortinas incluía unha alta asunción de risco no servicio, vía pola cal as nosas conseguían gran parte dos puntos que reflexaban no luminoso aproveitando os erros non forzados cometidos polas xogadoras locais. Toca pensar xa na vindeira xornada, na que nos visita o potente EMEVE e teremos de novo un durísimo encontro ante as que , na actualidade, lideran a liga galega infantil feminina. Moito ánimo e a traballar rapazas. Polo Navales Chicolino xogaron: Irea, Marta, Ada, Celia, Paula e Miriam. Como reservas estaban Lía, Carla, Laura Olveira, Laura Piñeiro, Luciana e Vera.
AD A PINGUELA 3-0 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(26-24, 25-19, 25-16)-(Liga galega cadete feminina)
As cadetes deron guerra |
O do cadete feminino foi o encontro máis axustado da xornada matutina do domingo na que a sección feminina do Boiro Voleibol se desprazaba a Monforte de Lemos para medirse á AD A Pinguela. O encontro comezaba cun set de infarto. Ana Bugallo e Emma Ordóñez mantiñan a flote as aspiracións do Ingeniería Trazos que chegou incluso a dispor de dúas oportunidades para pechar o set ó seu favor. Na parte inicial do segundo parcial o servicio dunha das xogadoras monfortinas abreu unha ferida no tanteador que as boirenses xa non poderían contrarrestar. No terceiro os ánimos das nosas decaeron froito da impotencia que transmitía o traballo sen resultados obtidos ata o momento. Esto non o desaproveitaron as locais que non tremeron para pechar o encontro en tres sets. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Claudia, Lea, Antía, Sara, Ana, Emma e Ángela (libero). Agardando a súa oportunidade estaban Irea, Marta, Paula, Lía e Ada.
AD A PINGUELA 3-0 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-10, 25-14, 25-9)-(Liga galega xuvenil feminina)
O bloqueo boirense sobrevive á derrota de O Secreto |
Clara derrota a sufrida polo equipo xuvenil feminino a mans dunha AD A Pinguela que utilizou o servicio para condicionar totalmente o xogo de O Secreto. O tino das monfortinas nesta faceta puidose apreciar dende o arranque, onde as locais apuraban ata o último centímetro da pista cada saque efectuado. A recepción boirense pouco podía facer para sobrepoñerse ós acontecementos e a pesar do saber facer de Emma Ordóñez na súa estrea como colocadora caía a vitoria de bando local en apenas unha hora de xogo. Cabe destacar a actuación do bloqueo boirense, demostrando melloría respecto a semanas anteriores e complicando con intermitencia o ataque rival. O vindeiro xoves visitará Barraña un óso duro de roer, o EMEVÉ, actual líder da competición. Ánimo rapazas. Por O Secreto xogaban: Emma Ordóñez, Melissa Novoa, Ana Bugallo, Alejandra Galbán, Katy Sampedro, Isa Gómez e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Antía Sampedro, Claudia Pinaque, Lea Gatbache e Sheila Pouso
5 comentarios:
Durísimo exame o que superamos na tarde de onte ante un equipo que nos fixo sudar sangue o ano pasado co equipo ó completo. As baixas de Narci e Cris son case imposibles de suplir, e vaia se o fixemos... Insisto: EQUIPO, sodes os mellores.
Moito ánimo Narci, despois do turrón vémonos na cancha. Que saibas que na furgoneta falouse moito de ti. Non viñas a Boiro a facer amigos pero parece ser que non che quedan máis coll... que facelos ;-)
¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!
Equipon, está claro.
Moito ánimo a narciso, non son boas noticias, pero as veces as lesions fan volver con mais ganas e mais motivacion. Eres un grande e en nada xa estas dando caña de la buenaaaaa !!
Grandisimos chicos, sacamos adelante un partido muy importante, 3 puntos como visitantes son importantisimos.
Ivan Souto Espasandin MVP (mejor.valoracion.PASS).
No ai cronica de los otros equipos?
Estou en ello!!!
Publicar un comentario