NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVE
(4-25, 12-25, 5-25)-(Liga galega infantil feminina)
Lea pelexa por un balón durante o encontro fronte o EMEVE |
Nada puideron facer as infantís que dirixe Emilio Palacio ante un fortísimo rival. O servicio bastáballes ás visitantes para desarbolar por completo o xogo do Navales Chicolino. Cunha disposición táctica máis avanzada que as nosas, as lucenses puntuaban con facilidade froito dunha maior experiencia e dominio de cada faceta do xogo. Certo é que no segundo parcial as nosas mostraron o que parecía ser unha reacción. Neste treito as máis pequenas do Boiro Voleibol melloraron a súa movilidade e por conseguinte a recepción. O servicio local conseguía desestabilizar por primeira vez ás visitantes pero a situación volvía a ser controlada polo EMEVE para pechar o encontro en apenas unha hora. A vindeira semana agarda Calasancias Coruña, 6º clasificado desta competición autonómica. Polo Navales Chicholino xogaban: Lea, Marta, Ada, Celia, Miriam e Paula. Tamén o facían Lía, Carla, Laura Piñeiro, Luciana e Vera.
INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 1-3 EMEVE
(15-25, 15-25, 25-15, 26-28)-(Liga galega cadete feminina)
Gran encontro das de Emilio Palacio malia a derrota |
Boas sensacións as que nos deixou o encontro correspondente á liga galega cadete feminina na visita que nos brindou masivamente o EMEVE de Lugo. O encontro comezaba coas nosas despistadas. A presión exercida polo saque visitante condicionaba totalmente o traballo da colocadora boirense. O bo posicionamento defensivo e a efectividade na contra era suficiente para que as lucenses se situasen cun claro 2-0 no luminoso. Chegados a este punto o Ingeniería Trazos mudou de rumbo e puxo en perigo as opcións de vitoria visitantes. Devolendo a pelota ó tellado do EMEVE, agora eran as nosas as que atopaban no seu servicio o antídoto contra o xogo contrario e se levaban o terceiro con suma comodidade. O cuarto foi unha batalla moi igualada. Ámbolos dous conxuntos se castigaban dende a liña dos 9 metros e a maior efectividade visitante impedíu coñecer cál sería o desenlace do choque de ter chegado éste ó tie-break. Polo Ingeniería Trazos xogaban: Claudia, Ana, Emma, Sara, Antía, Lea e Ángela (líbero). Tamén xogaban Marta, Lía e Paula.
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVE
(13-25, 13-25, 11-25)-(Liga galega xuvenil feminina)
REYCA BOIRO VOLEIBOL 1-3 EMEVE
Melissa Novoa ataca un zaguero no encontro do xoves |
Caía en tres sets o equipo xuvenil feminino ante a contundencia dun sempre combativo nestas categorías, o EMEVE. As lucenses, que contan nas súas filas con xogadoras que tamén forman nas aliñacións do seu equipo senior de Superliga 2 non deron opción ás de Emilio Palacio e Narciso Abalo nun encontro no que a versátil xogadora infantil Emma Ordóñez volveu a ser a colocadora das branquiazuis, suplindo deste xeito a baixa por lesión de Sara Bugallo. O Secreto non podía contrarrestar a velocidade no ataque lugués por tódolos carrís e sufría o saber facer das visitantes nesta faceta onde destacaba Sara Folgueira, xogadora que recentemente foi chamada polo seleccionador español xuvenil para formar co combinado nacional estas navidades. As boirenses mostraron unha melloría tanxible en defensa, posicionándose con destreza en segunda liña para manter en xogo algúns balóns impensables tempo atrás e que no futuro servirán para puntuar ante rivales desta entidade. Por momentos, o servicio de Emma Ordóñez e Ana Bugallo convertíuse na mellor arma das locais facendo dubidar a recepción das lucenses e eliminando opcións de ataque na elección da súa colocadora. A vindeira semana agarda Calasancias Coruña, rival empatado a puntos coas boirenses na táboa clasificatoria no que seguramente sexa un encontro non apto para cardíacos. Ánimo rapazas, hai que voltar a atoparse coa vitoria. Por O Secreto xogaron: Emma Ordóñez, Katy Sampedro, Melissa Novoa, Ana Bugallo, Alejandra Galbán, Isa Gómez e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaban Sheila Pouso, Andrea Davila e Antía Sampedro.
REYCA BOIRO VOLEIBOL 1-3 EMEVE
(11-25, 16-25, 26-24, 17-25)-(Liga galega infantil masculina)
A pesar da derrota, o Reyca xogou coma un equipo |
Derrota dos rapaces que dirixe Adrián Alves nun encontro no que os visitantes decantaron a balanza dende a liña de saque. A tensión dominaba ós nosos nos momentos iniciais, mostrando un nerviosismo que lles impedía enlazar accións de bo xogo. No segundo o Reyca mellorou. Da man do pequeno dos Martínez os infantís conseguiron tomarlle o pulso ó encontro. Unha xeira incrible de servicios deron a vitoria parcial ó EMEVE para colocarse 2-0 no tanteador. No terceiro puidemos ver a mellor cara dos máis pequenos da sección masculina do club. Xogando con descaro e sen presión os boirenses puxeron contra as cordas ós da cidade da muralla levando a cabo un set no que as emocións levantaron dos asentos ós que presenciaban o encontro. Tras recurtar distancias, o Reyca vía como o EMEVE se entonaba. De novo, bombardeando a recepción barbanzana, conseguían os luguesas amplas rendas no tanteador que farían imposible a reacción dos nosos. Polo Reyca xogaron: Rubi, Darío, Pablo, Jorge, Dani e Álvaro. Tamén xogaron Álex, Christopher, Gabriel e Manu.
TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 2-3 EMEVE
(26-24, 26-24, 16-25, 17-25, 12-15)-(Liga galega xuvenil masculina)
A presión e a relaxación condean ó Trillizos en Barraña |
Dura derrota a sufrida polo equipo xuvenil masculino nun encontro que se puxo moi de cara no momento que os nosos se situaron dous sets a favor no luminoso. O encontro, para o que os nosos contaban coas baixas de Daniel Vázquez e Alfonso Rey, comezaba moi igualado. Moitas imprecisións por ambos bandos mantiñan a pelexa equilibrada ata os puntos finais do primeiro set onde o tino en ataque do receptor boirense Xian Pérez poñía a salvo a vitoria parcial para o Trillizos. As sensacións persistían durante o segundo set. Os branquiazuis dominaban o xogo baseándose no seu ataque polas bandas e os lucenses pouco podían facer en defensa ante a contundencia dos remates dos nosos. Deste xeito chegábase ó punto de inflexión da tarde. Con 2-0 no tanteador xeral a presión de vitoria instaurouse no subconsciente dos locais, que pouco a pouco comezou a darlle vida ó EMEVE. A inseguridade dos de Adrián Alves viña dada por un ataque que agora xa non atopaba o firme do polideportivo municipal de Barraña. O EMEVE mellorou exponencialmente en defensa e a presión boirense por derrotar a un rival directo pola pelexa para o play-off foi demasiado para deixar os dous puntos da vitoria na nosa terra. Só queda seguir traballando e pelexando por un obxectivo cuxas opcións seguen intactas e para as cales os xuvenís dependen de eles mesmos. Polo Trillizos xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Dani Sieira, Óscar Refojo, Lois Vázquez e Abel Sánchez (líbero). Esperando unha oportunidade atopábanse Adrián Gatbache, Daniel Gey e o cadete Antón Sánchez.
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 1-3 EMEVE B
(20-25, 25-23, 14-25, 12-25)-(2ª División autonómica masculina)
O Redesyl padece as consecuencias dunha irregular recepción |
Clara e merecida vitoria do EMEVE na súa visita ó municipal de Barraña. Os boirenses mostraron unha das peores caras do ano nun encontro no que as imprecisións impedían ó Redesyl plantar batalla. A recepción segue a ser unha das asignaturas pendentes, e o xoves, non foi excepción. Tan só a partires da metade do segundo set os nosos mostraron uns minutos de bo xogo. O gran protagonista deste treito do encontro foi o bloqueo, faceta onde destacaron Antón Pérez e Diego Romero. Co empate no luminoso (1-1) o Redesyl desapareciu da pista. O escaso ritmo de xogo local e o excelente rendemento defensivo poñíanlle en bandexa de prata os tres puntos ó EMEVE. Con esta derrota o Redesyl atópase na 7ª praza, empatado co seu próximo rival, o Narón Volea. Polo Redesyl xogaron: Ismael Martínez, Diego Romero, Alén García, Xavier Sarille, Miguel Lorenzo, Antón Pérez e o xuvenil Adrián Gatbache no seu debut como líbero en categoría senior. Como reservas estaban Andrés Martínez, Fran Dieste, Lois Vázquez, Adrián Armental e Juan Outeiral.
11 comentarios:
No hay crónica?
Jorge,Cuando lleguen los parciales ya pondra Chicho la Crónica,no te desesperes!!
Estamos en eso cachorros, paciencia!
O xoves á tarde puidéronse ver comportamentos que dende as gradas non gustaron, tanto dentro da pista (posiblemente causantes das derrotas) que haberá que mellorar adestrando, como fora da pista, que son inda máis graves.
Lembrarlle a alguns, que isto e un deporte de equipo e, máis que ningún outro require a colaboración e complicidade de tódolos seus membros.
Seguindo esta línes, entre os partidos xuvenil e infantil habia 7 xogadoras do clube levando 2 marcadores (parece tarea complexa), pero durante o partido dos senior, tiveron que facer de recollepelotas os directivos do clube. Esa xente bastante traballa xa para que poidamos xogar. Vamos a votar todos unha man para que sexa máis sinxelo.
Narciso,yo creo que hay que dejar que l@s cachOrr@s disfruten estando en las mesas,nos hace ilusion eh,ademàs asi tambien aprendemos algo
Narci, eu penso que os nosos cativos e cativas o están a facer moi ben. Ofrécense para recoller pelotas, controlar tanteadores, etc e cada vez témolos máis presentes nos encontros. Por eso penso que o máis xusto é agradecer. Seguide así e indo a máis!
En canto ó tema dos comportamentos fóra da cancha... Sinceramente non vin NADA digno de nomear nin moito menos e paréceme inxusto criticar a un colectivo (para min sen motivo) que demostra un compromiso extraordinario co club en case que tódalas facetas (adestramentos, recadación, asistencia a eventos organizados polo club, etc)
¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!
Todos en xeral pero eu en particular como xestor do blog estamos un pouco cansado das bobadas dos anónimos, gallos máximos, castigadores e correctores ortográficos. De seguir así volveranse a restablecer as condicións de rexistro para os comentarios.
Chicho,jorge salió de titular,christopher no.
Chicho yo en este partido no pude jugar por la amigdalitis y me pusiste igual no seria muy justo para las demas que jugaron k me pusieras sin haber jugado
Modificado, gracias Laura!
Publicar un comentario