domingo, 22 de xullo de 2012

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE VOLEI PRAIA 2012:

EDM de volei praia 2012, ¡inscríbete!
Outro ano máis arrancaron as EDM de verán, nas que o volei praia recibe unha extraordinaria demanda por parte dos máis novos da vila. Os técnicos do Boiro Voleibol e do Barraña Volei Praia, a través do Concello de Boiro, recibiron máis de 60 inscripcións nesta emerxente actividade que cada ano que pasa chama en maior medida a atención dos rapaces e rapazas boirenses. Cabe destacar tamén que cada verán recibimos deportistas de máis curta idade, dato que facilita a transmisión de hábitos deste atractivo e saudable deporte. As sesións impártense os luns, mércores e venres de 11:00h-12:30h. na area deportiva da praia de Barraña. Dende aquí animamos a pais e nais a que inicien ós seus fill@s no volei praia, de seguro lles gustará. Aproveitamos tamén para felicitar a Xian P., Ismael M. e Fran D. polo 7º posto acadado recentemente no Cpto. de España de volei praia por clubes sub-17 celebrado en Los Alcázares (Murcia), no que tamén participaron Lois V., Adrián G. e Rubén M. rematando nunha meritoria 15ª posición. Grande ese Barraña Volei Praia.

1 comentario:

laura_olveira dixo...

kero felicitar a todos os xogadores do boiro voleibol pero sobre todo a ruben k kon once anos xoga en sub17 felicidades chicos seguide mellorando