domingo, 25 de setembro de 2011

Doblete de vitorias na visita a Noia:

No día de onte os nosos equipos xuvenil e filial masculino viaxaban á vila noiesa para medirse en sendos amigables de preparación para as competicións autonómicas que comezan o vindeiro 8 de outubro.

CV NOIA 0-3 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 13-25, 22-25)-(Xuvenil masculino)
Trillizos Boiro VB 2011-2012
Cómoda vitoria dos xuvenís do Boiro Voleibol na súa estrea nesta nova andaina que os levarán unha vez máis á liga galega. Acertados en recepción, moi ordeados en defensa e cun efeciente ataque da man, sobre todo, do central Martín Herrera e do receptor Dani Sieira conseguiron anotarse con comodidade os dous primeiros parciais. No derradeiro terceiro set ámbolos equipos cometeron erros non forzados propios da pretemporada e levaron o tanteador a un axustado 22-25 que finalmente caeu de saco visitante polo acerto na dirección dos colocadores boirenses. Queda moito traballo aínda por facer, e nas vindeiras datas agardamos minimizar erros para chegar na mellor forma posible ó día do debut en Lugo ante o EMEVE. Polo Trillizos xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Abel Sánchez, Dani Sieira, Martín Herrera, Alfonso Rey e Arsenio Santos (Líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez, Xián Pérez, Miguel Lorenzo, Adrián Outeiral e Lois Vázquez.

CV NOIA 2-3 BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 25-16, 9-25, 25-19, 16-18)-(Senior masculino)
Xavier Sarille ataca
Axustada vitoria do equipo filial masculino que dirixe Felipe García ante un rival da súa mesma categoría. Con moitos aspectos do xogo aínda por pulir presentábase en Noia o cadro filial do Boiro Voleibol mostrando nos inicios do encontro un forte K1. Aproveitando para efectuar múltiples sustitucións e variantes no xogo o equipo viviu diferentes situacións complicadas que deberá afrontar en vindeiros encontros. Boa pedra de toque para valorar o nivel de conxunto e ver en acción ás novas pezas como son Dani García, Pablo Suárez, Felipe Resúa ou Andrés Martínez. Polo Boiro Voleibol xogaron: Andrés García, Roberto Rodríguez "Tito", Alén García, Xavier Sarille, Martín Herrera, Pablo Suárez e Adrián Armental (Líbero). Como reservas actuaron Felipe Resúa, Dani García, Diego Romero, Diego Alcalde e Juan "Mande".

5 comentarios:

Adrián Alves dixo...

En canto ós xuvenís: vai ser un ano duro. Xogadores importantes abandonan o equipo por pasar a senior (Antón e Diego Romero)e moitos rapaces novos conforman o conxunto. Na tarde de onte demostrouse que aínda queda moito traballo por facer pero tamén quedou patente que madeira neste grupo sí hai. Boa orde por momentos no partido de onte.

En canto ós de 2ª: na miña opinión o equipo sae reforzadísimo coa chegada de Andrés, Dani, Pablo e Frigu. Para min o equipo ten a mellor pinta dos últimos tempos, eso sí, hai que ser 10000 veces máis disciplinados. A currar.


FORZA BOIRO VB!!!

Anónimo dixo...

que jugadores van estar este año en la primera plantilla masculina????

Narciso dixo...

A modo de comentario, que cada un o tome como queira, creo que hai que aclarar algo (polo menos na miña opinión):

A existencia de enquisas sobre mellor xogador, xogador mais decisivo, MVP, bla bla bla...en xeral, e mais evidentemente no caso do equipo filial, non fai mais que provocar, perdoen a expresion, "que se chupen a pirola uns os outros". O ano pasado comezaron asi, e acabaron penúltimos da clasificacion, so por diante dun equipo de cadetes.

Isto favorece a indivilualización do equipo, o cal se refexou perfectamente no terreo de xogo a tempada pasada.

Se queredes levarvos méritos, facedeo xogando, e non emitindo os vosos votos na web

Adrián Alves dixo...

A votación simplemente é unha estratexia para que a xente (non só xogadores do equipo filial) aporten unha opinión, un contacto co blog...Vamos, unha estratexia para atraer máis visitantes. A miña intención non era para nada provocar malos entendidos nin creo que esto os provoque, pero si fose así asumo o erro e tomo nota para publicacións futuras.

Adrián Alves dixo...

Moi ben, acabouse a encuesta...Mentres non deixedes de decir parvadas no blog os comentarios anónimos serán automáticamente suprimidos a partires deste momento. Estou xa un pouco cansadiño de eliminar palabras de anónimos graciosetes...Aparvados!!!