O pasado fin de semana do 9 e 10 de xullo tivo lugar no areal do Ézaro en Dumbría a terceira proba do circuito galego de volei praia para categorías inferiores. Preto de 300 deportistas de moitos clubes da nosa comunidade citáronse para competir pola coroa e polo dominio autonómico nesta modalidade en categorías sub-15, sub-17, sub-19 e sub-21.
|
O Boiro Voleibol, cerca da cabeza |
SUB-15:
|
Ismael Martínez |
En categoría masculina o xogador do Boiro Voleibol Ismael Martínez conseguiu, por terceira vez consecutiva nesta tempada de verán, o primeiro posto xunto cos seus compañeiros do COVP Víctor Conde, Nuno Paz e Cristian González. Este feito permítelles afianzarse na primeira praza da clasificación xeral. En rapazas o ouro foi a parar de novo a mans das ourensás Gladys Giráldez, Ivette Giráldez, Patricia González e Eva Dieguez do COVP.
SUB-17:
|
Daniel Vázquez na semifinal sub-17 |
Os vigueses Pablo Penedo e Carlos López continúan dominando a categoría masculina tras derrotar na final a Iago Varela (Aldebarán), Pablo Rodríguez (EMEVE) e Borja Álvarez (VPV). O bronce foi para os xogadores do noso club Daniel Vázquez, Abel Sánchez e Ismael Martínez que caeron en semifinais por un axustadísimo 2-1 ante os futuros subcampións da proba. En rapazas Carla e Antía Rodríguez impuxéronse á parella formada por Nuria Salgado e Elena Sardiña, as cales siguen ó frente da clasificación xeral.SUB-19:
|
Arsenio Santos |
Os vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez derrotaron na final a Martín Betancurt e Rubén Sixto do Aldebarán, feito que lles permite seguir ó mando da xeral tralas probas disputadas. En categoría feminina Sofía Hidalgo e Sara Rivera sorprenderon na final a Paula Martínez e Alexandra del Castillo do CV Marineda.
SUB-21:
|
Xavi-Mechas en acción |
Boris Trillo e Alexandre Ismael Prada do COVP colgáronse o ouro tras derrotar na final ós novos líderes da clasificación xeral, os coruñeses Jorge Lendoiro e Brais Gómez do CV Zalaeta. A competición feminina foi suspendida por ausencia de participantes, polo que a xogadora do Boiro Voleibol Rebeca González e a súa compañeira María Aguiar seguen ó frente da xeral do autonómico.
2 comentarios:
Bo traballo rapaz@s, a seguir traballando!!
FORZA BOIRO VB!!!
buena prueba chicos... se os da bien el arenal de Ezaro eh... A seguir currando y mejorando. un abrazo
Publicar un comentario