venres, 3 de xuño de 2011

COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA

Arranca a tempada de praia
Esta fin de semana comeza o Campionato Galego de categorías base de volei praia. O escenario para esta proba é o areal de Ézaro, no concello de Dumbría. O sábado serán as probas das categorías sub-15 e sub-19 e o domingo terán lugar as de sub-17 e sub21. Un total de 25 equipos do noso clube van disputar as distintas categorías. Sorte a todos. Os autobuses sairán, tanto o sábado coma o domingo ás 8:15 horas na cachada.


¡SORTE PARA TODOS!

2 comentarios:

ANDRES dixo...

podedes mirar os grupos da cada categoría e os horarios estimados dos partidos no enlace da Federación Galega de Voleibol. Vémonos en Ezaroooo. un abrazo

Adrián Alves dixo...

Ánimo a todos!!