martes, 24 de maio de 2011

FESTA FIN DE TEMPADA DO BOIRO VOLEIBOL:

O próximo domingo día 29 de maio no polideportivo de Barraña terá lugar a partires das 11:00h a festa de despedida desta excelente tempada que recén vimos de despedir no seo do Boiro Voleibol. Agardámosvos a todos e a todas co chándal do equipo para poder pasar uns intres xuntos antes de despedirnos ata o vindeiro curso. Pasaremos lista, desde os máis grandes ata os máis pequenos. Non podedes faltar. Para os máis cativos, decir que o sábado 28 a partires das 10:00h se pechará o curso das escolas deportivas municipais deste 2010-2011 nas pistas recén inauguradas na Avda. da Constitución próximas á instalación de "A Cachada". Alí vos agardamos a todos.



FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

7 comentarios:

Adrián Alves dixo...

O domingo ás 11:00h todo kiski ten q estar no polideportivo de Barraña para despedir esta temporada como se merece. Pasaremos un bo rato todos xuntos...NON FALTEDES!!!

Anónimo dixo...

vale jefe, allí estaremos!

Jesus_pivot dixo...

Tu mandas ne

Anónimo dixo...

O CONVITE É PARA SOCIOS E SIMPATIZANTES; OS MEMBROS DO CLUB TEMOS A OBRIGA DE ESTAR ALÍ EN AGRADECEMENTO A TODOS AQUELES QUE PUXERON AS PERRAS PARA QUE ESTO FUNCIONARA. POLO TANTO, AGARDAMOS QUE FAGADES CORRER A VOZ, PARA QUE SE ACHEGUE, CANTA MÁIS MASA SOCIAL, MELLOR.
A DIRECTIVA PÍDEVOS O DERRADEIRO ESFORZO DA TEMPADA E SÍNTESE EN DÉBEDA CON VÓS. MOITAS GRAZAS POR AXUDAR A FACER AS COUSAS MÁIS FÁCILES.
UNHA APERTA.

Bugallo

Anónimo dixo...

Anton Pai.
Aínda que me atopo lonxe de todos/as vós - presencial - non esquezo nin o traballo, nin o esforzo que fixestes e algúns están a facer.
Agora estou liado coa nai natureza - sabedes da faceta de viticultor- e tanto o 28 como o 29 non estarei en persoa; pero alí preto das augas do Sil agocharei un anaco de pensamento para estar ó voso carón.
Unha aperta a todos e todas.

Narciso dixo...

está moi ben o do anaco de pensamento para estar o noso carón....pero a unhas botelliñas de viño tampouco lle diciamos que non, jaja. Dalle duro cas cepas.

Anónimo dixo...

Dani Agra.
chavales, a darlo todo en este ultimo acto de la temporada y desde aqi desde hungria os mando un abrazo enorme!!!!! forza Boiro y ya sabeis...
nos veremos x los bares...jajajaja