luns, 2 de maio de 2011

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS:

Como xa notificaramos no blog, entre o 26 de abril e o 1 de maio disputouse en Cartagena (Murcia) o campionato de españa de seleccións autónomas nas categorías infantil e cadete, tanto femininas como masculinas. O resultado xeral para a expedición galega foi sobresaínte, conseguindo situar a tódolos equipos participantes no evento entre os oito mellores clasificados. Cabe destacar a gran actuación do combinado cadete feminino que logrou ser campión de España tras derrotar na final a Cataluña por 3-1. Pola súa banda o equipo cadete masculino conquistou a 6ª praza. No tocante ós equipos infantís onde existe representación do BOIRO VOLEIBOL, as rapazas cunha destacadísima Ana Bugallo acadaron a máis que meritoria 4ª praza, quedando ás portas da medalla de bronce. No equipo infantil masculino, no que a presencia de Ismael Martínez por parte do noso clube, axudou a conseguir un gran 7º posto. Parabéns para tódolos xogadores e adestradores, en especial a Ana e Isma por representar as nosas cores na selección galega.

1 comentario:

Andrés "Araña" dixo...

enhorabuena por los resultados y sobre todo por esa buena experiencia. A seguir trabajando y mejorando.