mércores, 27 de abril de 2011

Actividade do sábado 30 de abril:

O próximo sábado celebrarase no polideportivo municipal de Barraña a partires das 10:00h a xornada do deporte en idade escolar para os máis cativos. As escolas deportivas participantes serán as seguintes: Boiro Voleibol, Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo, IES Ames, FC Bertamiráns, CD Conxo, CV Noia e a Escola Deportiva do colexio Manuela Rial de Cee. En nome de todo o entorno do Boiro Voleibol ánimo para os nosos rapaces e rapazas.

luns, 25 de abril de 2011

CAMIÑO DE CARTAGENA:

Como xa informamos anteriormente, tres xogadores do Boiro Voleibol acudiron a pasada fin de semana ás concentracións da selección Galega. Finalmente os dous xogadores que van disfrutar e disputar o Campionato de España de autonomías son Ana Bugallo e Ismael Martínez. A priori Ana ocupará unha das prazas de receptora da selección Galega infantil femenina e Isma será un dos colocadores do combinado infantil masculino. A competición disputarase en Cartagena do 26 de abril ó 1 de maio. Disfrutade moito os dous nesta nova experiencia no voleibol coa selección galega.



Para seguir a competición pinchade no seguinte enlace:  


mércores, 20 de abril de 2011

Boirenses convocados pola selección galega:

Fran, Ana e Isma de novo coa selección
Unha vez máis faise patente o bo traballo dos técnicos do Boiro Voleibol coa base. Tres rapaces do noso club foron chamados para participar nunha concentración da que sairán os seleccionados polo combinado galego para disputar o campionato de España por autonomías que se celebrará en Cartaxena (Murcia) entre o 26 de abril e o 1 de maio. Os chamados foron Ismael Martínez (selección galega infantil masculina), Ana Bugallo (selección galega infantil feminina) e Fran Dieste (selección galega cadete masculina). As concentracións cadete masculina e infantil feminina terán lugar en Noia os días 18,19 e 20 deste mes. Pola contra a concentración infantil masculina terá lugar na cidade de Lugo os mesmos días. Na próxima fin de semana os equipos disputarán partidos de preparación nos que os técnicos farán unha selección de 12 xogadores dos 14 que alí se atopen. Noraboa rapaces e noraboa adestradores.

martes, 19 de abril de 2011

Entrevista en Radio Boiro:

Co motivo da viaxe a Cieza (Murcia) para disputar a fase de ascenso á categoría de bronce do voleibol español o medio local de Radio Boiro interesouse polas nosas impresións, vivenzas e experiencias nesa expedición. A entrevista tivo lugar hoxe ás 13:40h en directo, contando con protagonistas como Emilio Palacio (adestrador), Gustavo Romero (capitán) e Andrés Martínez (xogador). 

Emilio, Andrés e Gustavo en Radio Boiro

Fase final da 2ª división nacional feminina:

Tras conquistar o título ligueiro de 2ª división autonómica as rapazas do Proboin Boiro Voleibol disputarán a fase final competindo polo ascenso á 1ª división do voleibol nacional en Soria os vindeiros días 14 e 15 de maio. A organización xa puxo en coñecemento o cadro de competición, que é o seguinte:

luns, 18 de abril de 2011

Resultados do 16 de abril:

COMERCIAL DURÁN 3-1 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(15-25,27-25,25-19,26-24)-(Copa Xunta de Galicia)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV RIANXO
(16-25, 21-25, 19-25)-(Copa Xunta de Galicia)

Resumo fase de ascenso, 2ª e 3ª xornada:

O Hipescar en Cieza (Murcia)
CV ALTEA 3-1 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(25-22,14-25,25-20,25-22)

VALL D´HEBRÓN 3-2 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(25-22,22-25,15-25,25-23,15-8)

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 0-3 IGS ENERGÍAS REN. CIEZA
(31-33,30-32,22-25)

sábado, 16 de abril de 2011

Partidos do 16 de abril:

COMERCIAL DURÁN-PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(16:30h, "A Xunqueira")-(Copa Xunta de Galicia Feminina)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL-CV RIANXO
(18:00h, "A Cachada")-(Copa Xunta de Galicia Masculina)

Fase de ascenso a FEV: 1ª Xornada

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 3-0 UNIV. DE VALLADOLID
(25-20,25-17,26-24)

Cristóbal Álvarez
Partido controlado polos nosos no que a orde defensiva e a consistencia no contraataque da man do receptor Cristóbal Álvarez foron demasiado para os vallisoletanos. O Hipescar mantívose sempre por diante no tanteador salvo no desenlace do terceiro set no que se atopaba cun 22-24 en contra. Foi neste momento cando os servicios do vigués anteriormente citado e un par de accións atinadas de Miguel Vázquez levaron a vitoria a porto boirense. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Miguel Vázquez, Antón Pérez, Jesús Vázquez "Pivot" e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas actuaron Daniel Eiras, Andrés Martínez, Gustavo Romero, Manuel Pérez Andrade e Martín Herrera.

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 1-3 BADAJOZ VOLEIBOL
(19-25,25-20,18-25,25-27)

O Hipescar en defensa ante os extremeños
Tropezo dos rapaces do Hipescar no partido da tarde do venres ante un experimentado conxunto como é o extremeño. As sensacións non eran boas xa desde o comezo do encontro. A elevada temperatura murciana inactivaba ós nosos en boa parte do partido no que sufriron ante un rival que apenas cometeu erros cunha sensación de pesadez e ausencia de forza que a posteriori marcaría o encontro. Esta derrota deixa en máxima igualdade a competición xa que a estas horas os seis equipos participantes se atopan cunha vitoria e cunha derrota nos seus respectivos casilleiros. Agora toca descansar e afrontar a dura xornada de mañá coa importancia que merece ter. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Antón Pérez, Jesús Vázquez "Pivot" e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Nesta ocasión actuaban como reservas Daniel Eiras, Andrés Martínez, Manuel Pérez Andrade, Miguel Vázquez e Martín Herrera.

Outros resultados da xornada foron:

IGS ENERGÍAS RENOVABLES CIEZA 3-2 VALL D´HEBRÓN

CV ALTEA 3-1 BADAJOZ VOLEIBOL

VALL D´HEBRON 3-1 CV ALTEA

IGS ENERGÍAS RENOVABLES CIEZA 0-3 UNIV. DE VALLADOLID


http://www.clubvoleadores.com/final-primera-nacional.htm


domingo, 10 de abril de 2011

Cartel da fase de ascenso á liga FEV masculina:

Resultados do sábado 9 de abril:

ZALAETA "C" 1-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 
(25-23,17-25,21-25,19-25)-(Copa Galicia feminina)


As rapazas seguen adiante
Vitoria a domicilio do primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol en terras coruñesas nun partido ó que as nosas viaxaban con numerosas e importantes baixas como as de Carolina Cuadros, Ángela Triñanes, Sara Martínez, Leonor Lorenzo ou Anael Gómez. Comezaban as nosas cun xogo errático no que non funcionaba o seu habitual forte K1. Os erros en recepción e ataque condenaban ás de Andrés Martínez ante o xoven equipo herculino no primeiro parcial no que a vitoria sería para as locais. A partir de aquí as boirenses non deron opción. Cunhas atinadas Rebeca González e María Triñanes o Proboin gañaría os tres seguintes sets para levarse a eliminatoria e seguir adiante nesta Copa Xunta de Galicia. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Luci Paz, Evelyn Urrutia, María Triñanes, Rebeca González, Ámgela Fernández, Alicia Novoa e Carla Castro (líbero). Como reserva atopábase Luisa Ferreirós. Na vindeira eliminatoria o Proboin medirase ó Comercial Durán pontevedrés.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 COMERCIAL DURÁN
(21-25,20-25,25-20,25-15,15-13)-(Copa Galicia masculina)

O Redesyl tapa feridas na Copa Galicia
Vitoria pola mínima dos rapaces que dirixe Antón Pérez nun partido que se meteu no peto o conxunto que menos erros cometeu. Comezaba a disputa cos boirenses desconcertados, cunha recepción deficiente e cunha intensidade bastante reducida. As dificultades na construcción pasaban factura ós nosos e impedíalles crear xogo con fluidez. Esta situación traducíase en vitoria pontevedresa nos dous primeiros parciais e deixando ó Redesyl contra as cordas. Chegados a este punto, os boirenses engrasaron a maquinaria, sacudíronse a presión e xogaron sen trabas o resto do encontro. A reducción de erros non forzados por parte dos de Boiro puxeron en apretos ó Comercial Durán que xa non podía subsistir a base de irregularidades alleas. Da man dun atinado Xavier Sarille a remontada foi posible e a vitoria volveu a terras barbanzanas tras unha boa xeira de derrotas. Agardamos este sexa o cambio de dinámica que se estaba agardando de este equipo, xa que a calidade é infinitamente maior á mostrada na competición regular. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Adrián Armental "Nara", Juan "Mande", Antón Pérez, Juan Resúa e Juan Lorenzo (líbero). Como reservas estaban Manuel Pérez "Cholo", Xavier Sarille, Roberto Rodríguez "Tito", Luis Lustres e Fran López. Tras superar esta ronda o equipo filial masculino medirase na próxima eliminatoria ante o CV Rianxo da 1ª división nacional no polideportivo de "A Cachada". Moita sorte para eles.

xoves, 7 de abril de 2011

Parttidos do sábado 9 de abril:

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR
(A partir das 10:00h, PM de Bertamiráns)

REDESYL BOIRO VOLEIBOL-COMERCIAL DURÁN
(18:00h, "A Cachada")-(Copa Galicia masculina)


ZALAETA "C" - PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(12:30h Colexio Zalaeta)-(Copa Galicia feminina)

sábado, 2 de abril de 2011

Resultados do sábado 2 de abril

BOIRO VOLEIBOL 3-2 COMERCIAL DURÁN
(25-23,20-25,22-25,25-22,15-8)-(Promoción á liga galega xuvenil feminina)

Vitoria das xuvenís
Trepidante encontro o visto nesta tarde de sábado na Cachada e no que as de Juan Resúa saíron vitoriosas tras cinco emocioantes sets. O encontro comezaba coas boirenses nun estado profundo de nerviosismo, cometendo múltiples erros no K1 por mor do eficaz servicio das pontevedresas. A traducción no luminoso sería dunha vantaxe visitante de seis puntos co set ben avanzado (15-21). Sería neste momento cando as nosas conseguirían engrasar a súa  maquinaria para remontar e levarse o primeiro por 25-23 da man dunha atinada Ángela Fernández. Os dous seguintes xogos serían similares. Moi igualados ata a metade dos mesmos e que caeron en saco visitante debido ós erros das nosas nos momentos importantes. Cun 1-2 na contra as de Juan Resúa sacaron a súa mellor cara para darlle a volta á situación. Da man dunha inspiradísima Ana Bugallo (26 puntos) e dunha orde defensiva notable conseguiron reverter a situación e levarse o encontro por 3-2, conseguindo deste xeito unha renda mínima para o partido de volta. Boiro Voleibol: Patri, Andrea, Evelyn, Ana, Ángela, Katy e Sheila (líbero). Como reservas agardaban Iria, Adriana e Sindy.

Xente do Boiro Voleibol, María Triñanes

“O volei marcoume a vida”

María durante a entrevista
María leva máis da metade da súa vida facendo voleibol. E fala del como da súa familia, de feito as historias crúzanse, cando sae Ángela, a súa irmá e compañeira de equipo. Fala do compromiso co club “para o que faga falta”. E sobre a posibilidade de deixalo dalle a risa: “Diso nada. O volei marcoume a vida, ás veces cando me falan de marchar fóra estudar ou calquera cousa, penso, e deixar o volei? Non, non!”
E aínda co que dan para contar máis de dez anos de pista e praia, ela céntrase no equipo. Non hai compoñente do club do que non fale marabillas: os chavales do Redesyl, os da canteira, os adestradores, e Andrés “nomea a Andrés, a Andrés hai que nomealo!”, e Luci que é super comprometida, e Ángela, e até do bo traballo da directiva falou.

-(Charo) Primeiro de nada, parabéns pola Liga! Preparadas para subir á Primeira?
-(María) Gracias! Esperamos facer unha boa fase de ascenso, levamos moitas ganas; rematamos moi contentas. Se quedamos primeiras ou segunda collemos praza. Até agora o problema non era tanto de calidade como de cantidade; é díficil dicirlle á xente que veña xogar para a Segunda División. Para Primeira igual é mais fácil que se anime.
E se Arteixo sube, xunto con Ourense que xa está en Primeira, seríamos tres equipos de aquí, así non teríamos que desprazarnos tanto a fóra.

-Levas no volei desde nena
-Si. Non saberia dicir cantos anos levo, comecei nas Escolas Deportivas con Fran e Antón. Ángela empezou aos seis anos, e lévame dous, e eu comecei uns anos despois dela.
O volei é unha cousa que me marcou a vida; é do máis importante, até cando estou agobiada preciso que chegue o venres para ir xogar.

-E que tal se leva o de xogar coa túa irmá?
-Ben, eu admiro moito a Ángela, faime sentir orgullo. Leva aí toda a vida e víveo. Mira, até aí atrás fomos xogar a Narón a semana antes de ela se examinar do MIR – Ángela estudou medicina- e alí se presentou no partido.

-Algún momento especialmente memorábel?
-Pois o ascenso, por recente e tamén por importante. En Segunda non hai tanta competitividade, poder subir aumenta a motivación. E pensar que a principio de temporada non sabiamos nin se poderiamos sacar equipo! Pero moito foi cousa de Andrés, que se empeñou. Eramos poucas, pero empezou a sacar unha de aquí, outra que tal... Se non fora por el non sacábamos equipo, e mira ti ao final como foi!

-Praia ou pista?
-Non che saberia dicir, eu empecei en pista, pero son moi diferentes. Cando estou na pista penso “que chegue a praia!”, e cando estou na praia, penso “que chegue a pista!”. Así e todo, moita xente que está en pista engancháronse na praia. Chicho, Víctor… empezaron xogando pachangas na praia, e agora mira. Por aí sempre se achega xente nova.

-E a afección, que tal se porta?
-A afección, a verdade céntrase máis nos homes, tamén é diferente xeito de xogar, eles son máis rápidos. Pero cando hai público dá moito apoio, ver as gradas dando ánimo axuda na motivación. E hai que dicir que tamén contamos con algúns incondicionais: Chicho, Alén, Cristóbal...

-Como ves a canteira?
-Hai moi bo plantel. De rapazas, as xuvenís están moi ben, véselles ganas, velas que andan seguido no pavillón, incluso despois do seu adestramento. Os rapaces tamén están facendo un bo traballo, algún dos xuvenís até adestra ás veces con nós, en particular Adán Arsenio. Ese rapaz adestra con todos os equipos, e en primeira porque non lle deixan!(risas).
E, comentar tamén o dos rapaces de Segunda, que a verdade empezaron nas primeiras semanas no alto, entre os tres primeiros. E logo, non se sabe porque empezaron a baixar, perderon partidos a pesar de facer uns adestramentos incríbles.

-A longo prazo, valoras a posibilidade de ligarte de algún outro xeito ao club?Adestradora...?
-Por anos no club xa son veterana, pero non por idade. Oxalá dure moito tempo, por agora non teño pensado deixar. E manter o compromiso, iso sempre, para calquera cousa que haxa que axudar. De adestradora, non mo plantexei moito, porque creo que me costaría explicarlles aos rapaces, expresarme... Que tamén podería aprender a facelo, aínda que para iso igual mellor outra xente como Chicho, ou de rapazas Ángela, Luci...
Charo López