domingo, 6 de marzo de 2011

Resultados do 5-6 de marzo:

MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO 0-3 BOIRO VOLEIBOL
(16-25,12-25,19-25)-(Play Off fase interzonal xuvenil feminina)

As xuvenís tamén optan ó ascenso
Encontro sen moita historia no que as rapazas de Juan Resúa se adiantaban na eliminatoria desfacéndose do equipo rianxeiro por un claro 0-3 en 52 minutos de xogo. As nosas viaxaban sen as dúas líberos habituais por lesión pero souberon manter un nivel aceptable de intensidade para superar con claridade ó seu rival. O partido de volta disputaráse en Boiro a vindeira semana e o gañador de este cruce pasará a disputar as semifinais do intersector para o ascenso á liga galega. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Ana, Katy, Andrea, Evelyn, Ángela e Sara (líbero). Tamén xogaron Adriana e Sindy.

CV VIGO 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-11,25-10,25-18)-(Liga galega cadete masculina)

Abel, un dos máis destacados do Reyca
Mal partido dos nosos cadetes que parece que lle teñen un medo especial ó Vigo. Os dous primeiros sets daba a impresión de que era o primeiro partido que xogaban, sin determinación, sin intención e moi perdidos polo campo, un sin fin de erros que propiciaron que un solo equipo estivera no campo: o Vigo. No terceiro set as cousas comenzaron a sair pero nin se achegaban ó xogo dos derradeiros partidos. Partido para pasar páxina e a seguir traballando que aínda quedan rivais cos que demostrar o bo xogo que se pode facer. Ánimo rapaces. Iniciaban o encontro Abel, Isma, Fran, Raúl, Lois e Xián, con Dani, Alfonso e Oscar de suplentes.

CV VIGO 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-21,25-14,25-19)-(Liga galega xuvenil masculina)

Bloqueo de Miguel Lorenzo e Dani Sieira
Parecía que os nosos xuvenís encontraban a orde e o bo xogo, e eso reflexaba o marcador do primeiro set con 3-4 puntos de vantaxe dos boirenses. O final do mismo, os vigueses defenderon ben os ataques do Trillizos e remontaron hasta facerse coa victoria. O segundo set foi un cúmulo de erros en ataque e recepción e a vantaxe foi sempre para os locaís. Tónica que se repetiu no terceiro no cal Vigo non encontrou ningunha oposición por parte dos boirenses. Xogaron polo Trillizos Boiro Voleibol: Diego Romero, Martín, Antón, Miguel, Dani Sieira, Isma -incial-, Arsenio (líbero), Diego García, Abel, Dani Vázquez, Lois e Xian.

CLUB VIGO VOLEIBOL B 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(23-25,20-25,23-25)-(1ª división nacional masculina)


O Hipescar, máis líder 
Contundente vitoria do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol nun encontro trascendental de cara as súas aspiracións ligueiras xa que ó outro lado da rede estaba un rival directo como é o Club Vigo Voleibol B. Desplazábanse os de Emilio Palacio  á cidade olívica coa importante baixa do receptor Manuel Pérez Andrade por motivos persoais pero en todo momento concentrados en facer un bo encontro. Comezaba  a disputa con intercambio de golpes entre os dous equipos do que os nosos saíron cunha mínima desventaxa de tres puntos mediado o set. Desde este momento os nosos reduciron erros e imprecisións, mantiveron un bo nivel defensivo tanto en primeira coma en segunda liña e conseguiron levarse con xustiza o parcial por 23-25. No segundo xogo o Hipescar estivo sempre á fronte no marcador debido a unha excelente construcción do ataque e a unha defensa memorable durante todo o set. Os vigueses vían como cada ataque que efectuaban era defendido sempre con garantías de contraataque, situación que condicionou totalmente o desenlace deste parcial (20-25). No terceiro a tónica era similar á do anterior parcial: grandes defensas dos boirenses e poderosas accións en bloqueo e contraataque. A traducción no luminoso foi dunha vantaxe constante durante todo o set de tres-catro puntos que chegado ó momento quente do mesmo se reducirían para establecer a igualada. Neste momento o equipo demostrou frialdade, orde e calidade para rematar con convicción o partido e dar un golpe na mesa da 1ª división nacional masculina. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez, Óscar Gómez, Jesús Vázquez "Pivot" e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Ignacio Cibeira "Frigu", Gustavo Romero e os xuvenís Antón Pérez e Martín Herrera. Despois desta importante vitoria en Vigo e do tropezo do Universidade de Valladolid na cancha do CV Rianxo por 3-0 o Hipescar lidera a clasificación da liga nacional en solitario.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Hipescar Boiro Voleibol13103035171193106723
2Universidad de Valladolid1394030221162109322
3Intasa San Sadurniño1486027251157113422
4CV Rianxo1477028241188114921
5Club Vigo Voleibol B1385026231096102621
6CID Jovellanos1367026261171115219
7Aule1266027241110114418
8Zalaeta1349017291000106117
9Auria Vella Voleyourense1311201137907115814

COMERCIAL DURÁN 1-3 PROBOIN BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 18-25, 25-13, 21-25)-(2ª división autonómica feminina)


Saúdo inicial do Proboin en Pontevedra
Bo partido das rapazas do Proboin frente a un equipo moi renovado e con máis potencial que o da primeira volta. As boirenses dominaron os dous primeiros sets dende a metade dos mesmos, donde o potente saque e os ataques efectivos tanto por centro coma polas alas, non deron opción ás pontevedresas. No terceiro as rapazas do Proboin quedaron atrancadas nunha das rotacións debido sobre todo ós fallos de recepción. Os saques locáis estaban facendo dano e a bola non chegaba ben para definir o ataque. No cuarto set a igualdade no marcador reinou ata o punto 18 a partir do cal as rapazas do Proboin foron sacando vantaxe ata o 21-25 final. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron Ángela Triñanes, María Triñanes, Carolina Cuadros, Alicia Novoa, Luci Paz, Sara Martínez e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Evelyn Urrutia, Ángela Fernández e Luisa.

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Acersa Voley Arteixo15123040131220100627
2Proboin Boiro Voleibol1412204012122698526
3Emeve Lab. Nupel B14122037151194106826
4San Sadurniño15105039221364117225
5Comercial Durán1486029241177111622
6CD Conxo15411022411266141219
7XAV Cambados1358019301007110718
8Autos Rico UDC A14410019321049114618
9Calasancias Coruña B14410018341035116818
10Dompa Gestión140140242730108814

COMERCIAL DURÁN 3-2 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-18,25-22,18-25,19-25,15-6)-(2ª división autonómica masculina)


O Redesyl cae en Pontevedra
Novo tropezo do equipo filial masculino que dirixe Antón Pérez neste viaxe a Pontevedra para enfentarse ó Comercial Durán. O Redesyl comezou o encontro con moitas dúbidas, cometendo erros que lle facilitaban a papeleta ó experimentado equipo pontevedrés. A traducción no luminoso foi de dous sets en contra para os nosos que nada puideron facer para evitar que o Comercial Durán se levase con relativa comodidade as dúas primeiras mangas. Todo cambiou no terceiro. O K2 do Redesyl comezou a funcionar moi ben da man dun inspirado Adrián Armental "Naranxo" na segunda liña, poñendo o contraataque como a mellor baza dos nosos neste tramo do partido e a un Manuel Pérez "Cholo" destacado nesta faceta. Esta actitude mantívose no terceiro e cuarto set, nos que o Redesyl mostrou unha cara ben diferente á do comezo do partido e se anotou por 18-25 e 19-25 estes xogos. O tie-break achegábase cun Redesyl á alza. De novo volveron as dúbidas. No comezo do mesmo o Comercial Durán conseguiu unha ampla vantaxe (5-1) que se mantivo ata o final do parcial que se anotarían os locais por 15-6. Cabe destacar que para este encontro o Redesyl contou con tres importantísimas baixas como foron o oposto Alén García e o receptor Xavier Sarille por motivos persoais e o colocador Luis Lustres por lesión. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Manuel Pérez "Cholo", Diego Romero, Fran López, Juan Resúa e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas estaban Juan "Mande", Antón Pérez e Adrián Armental "Naranxo".

MEX. DE OURO VB RIANXO 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-19,25-15,26-24)-(Liga galega xuvenil masculina)

O Trillizos Boiro Voleibol cae no derbi
Xusta a derrota que o equipo rianxeiro inflixeu ó Trillizos Boiro Voleibol neste encontro aplazado da liga galega xuvenil masculina. Comezaban os nosos acertados no seu xogo e mantendo unha vantaxe de dous-tres puntos ata ben entrado o parcial, momento no que os erros dos nosos, sumados ó acerto no saque do rianxeiro Héctor Matilla propiciaron a remontada local para levarse o primeiro por 25-19. No seguinte xogo, o Trillizos desapareciu da pista. Multitude de erros en tódalas facetas por mor da pouca intención e intensidade dos nosos puxéronlle en bandexa a vitoria ó equipo rianxeiro por un amplio tanteador de 25-15. No terceiro set os rapaces de Andrés Martínez despertaron do seu letargo. Os ánimos volveron a ser os axeitados e o tanteador disparábase ata un tempo morto solicitado polo técnico rianxeiro cun 5-11 a favor do Trillizos Boiro Voleibol. A medida que avanzaba o set, os locais foron recortando distancias gracias ós erros dos boirenses e conseguiron levarse o set nun axustadísimo final por 26-24. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Dani Sieira, Antón Pérez (7 puntos), Martín Herrera (14 puntos), Diego Romero (7 puntos), Diego García (1 punto), Miguel Lorenzo (2 puntos) e Adán Arsenio (líbero). Xián Pérez, Lois Vázquez, Daniel Vázquez e Abel Sánchez estiveron como reservas. 

4 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Vamos chavales!!!

Sí señor,demostrando outra vez que cando hai q xogar xógase e punto.


FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

Chicho ya subí algunas fotos del partido Juvenil Fem. del sábado ;D

Evelyn.

Adrián Alves dixo...

Gracias Evelyn!!

LOST dixo...

MARAVILLOSO CHAVALES, SOIS LA OSTIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
MUY BIEN CHICAS!!!!!!!!!!!!!!
El resto, hay que seguir esforzandose un poquito cada dia y los resultados llegarán solos, ÁNIMO CHICOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!