AD XIRIA ASESORIA CERVANTES 1-3 BOIRO VOLEIBOL
(20-25,21-25,25-20,21-25)-(Semifinal do play off na fase interzonal xuvenil feminina)
Saúdo inicial |
Vitoria das rapazas de Juan Resúa nesta semifinal do play off interzonal ante un duro rival como é o equipo de Carballo. Comezaba o encontro coas nosas dubitativas en defensa e recepción, motivo polo cal as locais collerían certa vantaxe no tanteador que se vería neutralizada momentos despois polo atinado servicio das boirenses. A motivación do equipo foi in crescendo a medida que o parcial avanzaba para finalizar con vitoria por 20-25. Durante o segundo, a tónica foi idéntica á vista no primeiro. Poder co saque das boirenses e as de Carballo xogando a remolque no luminoso. No terceiro voltaron as dúbidas. AD Xiria conseguía unha amplísima vantaxe no comezo do set que as nosas irían reducindo para rematar cun claro 25-20. Comezou o cuarto coas nosas moi concentradas, causa máis que suficiente para que dominasen o set dende o comezo ata o final. Polo Boiro Voleibol xogaron: Patri, Ana, Katy, Andrea, Evelyn, Ángela e Sheila (líbero). Tamén xogaron Sara, Adriana e Sindy.
CV. DUMBRIA 3-0 BOIRO VOLEIBOL
(25-13, 27-25, 25-23)-(Final do play off na fase interzonal xuvenil feminina)
Equipo xuvenil do Boiro Voleibol |
Pola tarde, co obxectivo da clasificación para a promoción de ascenso, as xuvenís disputaban a final frente o CV Dumbría. Comezaron as nosas con moitas imprecisións, factor que aproveitaron as da costa da morte para impoñerse con facilidade. Todo cambiou nos dous seguintes sets. As boirenses plantaron cara e apuraron os marcadores que se decidiron nos últimos intres podendo ser a vitoria para calquera dos dous bandos. Noraboa ás xuvenís e a Juan Resúa polo traballo que están a facer. O próximo rival na promoción á Liga Galega é o Comercial Durán de Pontevedra. Xogarase o partido de ida o 2-3 de abril en Boiro, e a volta o 9-10 de abril en Pontevedra.
CALASANCIAS CORUÑA 3-2 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(24-26,16-25,25-23,25-11,15-13)-(Liga galega cadete masculina)
Axustada derrota por 3-2 do equipo cadete masculino do Boiro Voleibol no seu desprazamento á cidade herculina para medirse ó Calasancias nesta nova xornada da liga galega cadete masculina. Comezaba o encontro cos de Boiro máis atinados que o rival polo que de contado se distanciarían no luminoso baseándose na continuidade do seu xogo e na non concesión de erros ó seu rival. Pouco a pouco a chispa boirense iría decrecendo e os coruñeses apretarían o tanteador nun 24-26 final. O segundo set foi un reflexo do que é o xogo do Reyca nesta temporada. Orde e intensidade defensiva e acerto no contrataque, motivos máis que suficientes para anotarse o parcial con comodidade por 16-25. No terceiro, a confianza excesiva xogoulles unha mala pasada aos boirenses, que co partido moi encarrilado chegaron ó final de set con posibilidades de vitoria e escapouse por 25-23. No cuarto, os nosos cadetes desapareceron do campo. Infinidade de erros é imprecisións do Reyca poñíanlle en bandexa a vitoria ós herculinos por un claro 25-11. Deste xeito chegábase á lotería do tie-break, no cal o Calasancias con traxectoria ascendente sairía gañador pola mínima (15-13). Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Xian Pérez, Fran Dieste, Daniel Vázquez, Abel Sánchez, Ismael Martínez e Alfonso Rey. Tamén xogaron Lois Vázquez, Raúl Lojo e Óscar Refojo.
Bloqueo de Dani e Óscar |
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 CALASANCIAS CORUÑA B
(25-15, 25-23, 25-21)-(2ª división autonómica feminina)
Cómoda vitoria en 3 sets das nosas xogadores do primeiro equipo femenino, o Proboin, que dominou o xogo durante todo o encontro. A tónica do bo xogo manteuse durante todo o partido, no que as boirenses mantivéronse en todo momento por riba no tanteador. O Calasancias acercouse nalgún momento a causa de fallos das nosas xogadoras, sobre todo en ataque e recepción. Pese a eso, en ningún momento houbo temor de que puideran alcanzar a vitoria. Só apretaron un pouco máis no terceiro set, pese o cal o Proboin manteuse por riba no marcador e conseguiron levarse o partido. Un ataque seguro, marcado na posición 3, e unha defensa e recepción fortes foron as claves para a vitoria do Proboin, que as acercaba máis ó primeiro posto da súa categoría. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, María Triñanes, Leonor Lorenzo, Luci Paz, Rebeca González, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Tamén actuaron Anael Gómez, Sara Martínez e Luisa.
Bloqueo de Carol e Rebe frente a Calasancias |
AULE 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL
(19-25,20-25,20-25)-(1ª división nacional masculina)
O Hipescar, campión da 1ª división nacional |
E por fin chegou. Vitoria do primeiro equipo masculino en terras leonesas por un claro 0-3 que lle permite plocamarse campión da 1ª división nacional masculina a falta de unha xornada para o peche desta competición. Tiñan os de Emilio Palacio unha cita coa historia do clube ante un sempre combativo rival como é o AULE e non se desaproveitou a oportunidade que a competición ofrecía para alcanzar o ansiado título. O encontro estivo marcado polo acerto dos nosos en recepción e construcción do ataque, motivo que impedía ós locais acercarse no luminoso durante o primeiro parcial. No segundo set máis do mesmo. Precisión en recepción e colocación e unha orde sobresaínte en defensa acompañado de contundencia no ataque por tódolos carrís permitían ó Hipescar levarse con autoridade o segundo xogo. O terceiro foi un calco dos dous últimos parciais nos que os nosos ofrecían a súa mellor cara sendo coñecedores da trascendencia e a importancia que este choque tiña para o equipo e para todo o club en xeral. Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez, Óscar Gómez, Jesús Vázquez "Pivot" e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas actuaron Manuel Pérez Andrade, Gustavo Romero, Ignacio Cibeira "Frigu" e o xuvenil Antón Pérez.
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Hipescar Boiro Voleibol | 15 | 12 | 3 | 0 | 41 | 17 | 1343 | 1175 | 27 |
2 | Universidad de Valladolid | 15 | 10 | 5 | 0 | 35 | 25 | 1336 | 1239 | 25 |
3 | CV Rianxo | 16 | 9 | 7 | 0 | 34 | 27 | 1395 | 1322 | 25 |
4 | Intasa San Sadurniño | 15 | 9 | 6 | 0 | 30 | 25 | 1232 | 1177 | 24 |
5 | Club Vigo Voleibol B | 15 | 9 | 6 | 0 | 29 | 27 | 1236 | 1184 | 24 |
6 | CID Jovellanos | 15 | 7 | 8 | 0 | 29 | 31 | 1323 | 1326 | 22 |
7 | Aule | 15 | 6 | 9 | 0 | 29 | 33 | 1312 | 1399 | 21 |
8 | Zalaeta | 15 | 5 | 10 | 0 | 21 | 34 | 1186 | 1258 | 20 |
9 | Auria Vella Voleyourense | 15 | 1 | 14 | 0 | 14 | 43 | 1082 | 1365 | 16 |
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS
(25-23, 25-19, 25-20)-(2ª división autonómica feminina)
Luci en ataque |
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Proboin Boiro Voleibol | 17 | 15 | 2 | 0 | 49 | 12 | 1451 | 1159 | 32 |
2 | Acersa Voley Arteixo | 17 | 14 | 3 | 0 | 46 | 13 | 1370 | 1102 | 31 |
3 | Emeve Lab. Nupel B | 17 | 13 | 4 | 0 | 40 | 21 | 1358 | 1275 | 30 |
4 | San Sadurniño | 17 | 11 | 6 | 0 | 42 | 26 | 1516 | 1321 | 28 |
5 | Comercial Durán | 17 | 11 | 6 | 0 | 38 | 25 | 1421 | 1292 | 28 |
6 | XAV Cambados | 17 | 7 | 10 | 0 | 25 | 38 | 1300 | 1416 | 24 |
7 | Autos Rico UDC A | 17 | 5 | 12 | 0 | 25 | 38 | 1313 | 1414 | 22 |
8 | Calasancias Coruña B | 17 | 5 | 12 | 0 | 22 | 40 | 1243 | 1395 | 22 |
9 | CD Conxo | 17 | 4 | 13 | 0 | 22 | 47 | 1387 | 1563 | 21 |
10 | Dompa Gestión | 17 | 0 | 17 | 0 | 2 | 51 | 891 | 1313 | 17 |
CV VAGALUME 3-1 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(23-25,25-17,25-19,25-11)-(2ª división autonómica masculina)
Derrota a domicilio do equipo filial masculino do Boiro Voleibol, o Redesyl. O inicio do encontro presentaba a un Redesyl aplicado en recepción e cun eficaz ataque por ambas bandas o que facía dano no sistema defensivo dos ferrolanos do CV Vagalume. Cun nivel en bloqueo e intensidade máis que aceptable os de Antón Pérez anotábanse o primeiro por un axustadísimo 23-25 ante un combativo equipo que pelexa pola vitoria final na 2ª división. O segundo comezou con moita igualdade no marcador pero chegados á metade do mesmo o K2 local comezou a inquietar ós nosos, que tampouco conseguían construír o xogo coa fluidez desexada. O desenlace foi de un cómodo 25-17. O terceiro foi similar ó xogo anterior. Forte defensa local e nerviosismo do Redesyl cando o tanteador está en contra. No derradeiro os erros dos boirenses fixeron todo o traballo para o CV Vagalume. Baseando o seu xogo na constancia e na orde no sistema bloqueo-defensa conseguían facerse co set e co partido con menos problemas dos previstos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Roberto Rodríguez "Tito", Fran López "Chepe", Juan Resúa, Manuel Pérez "Cholo", Xavier Sarille e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas estaban Diego Romero, Adrián Armental "Nara" e Juan "Mande".
O Redesyl cae en Ferrol |
16 comentarios:
Grandisimo el partido, en ningun momento dimos opción de nada, fue de lo mejor de la temporada , justo en el momento que se necesitaba, concentrados siempre.Perfecto.Enhorabuena chicos, sois enormes.
Cristobal
Oscar
Gustavo
Ivan
Manuel
Miguel
Adrián
Antón
Narciso
Nacho
Daniel
Felipe
Iago
Andrés
Emilio
GRACIAS
FELICIDAES CAMPEONES!!!!!
Me alegro mogollon x vosotros!!!pero tb fuisties a escoger el año en q no estoy yo...joer....yo tb qiero!!!! =)
Enhorabuena chicos!! Temporada casi perfecta pero que siempre se llevó bien y con buen humor. Ahora los agradecimientos:
Que decir de la afición, siempre enorme, en los buenos y malos momentos y sabiendose comportar, dando ánimos siempre... Es un subidón teneros cada partido de casa en la grada, os debemos mucho. Gracias a todos los integrantes por hacer que esta liga sea nuestra, en serio, un placer ENORME jugar con vosotros. Esto es más que un equipo chicos!!!. Y por supuesto, gracias a Emilio, que nos lleva aguantando toda la temporada a todos y es quien creo que llevó el grupo como se debía llevar. Un placer enorme tenerte como entrenador!!
Ahora a jugar el ultimo partido de liga y a celebrar la liga en casa!
FORZA CV BOIRO
moitos meses, case 8 xa, moitos dias de entrenamento (que frio fai en Barraña), miles de kilometros dende Santiago, A Coruña, Vigo, sen esquecer, A Pobra, Cabo de Cruz e Comoxo, tantas dores (e tanto Reflex, as tiras de "colorines" do pelotudo, tantas horas sen durmir, cafes e Redbull (xa nos podia patrocinar)....cambiaria todo isto outra vez por unha tarde coma a de onte.
Igual non fai falla, pódemolo repetir sábado na Cachada. Hai que demostrar que a charanga non é gafe
OEOEOEOEOEOE!!!!!!!
Enhorabuena chicos, por los resultados, pero sobre todo porque da gusto veros jugar (hasta mi padre va a boiro a ver a cris en vez de a mi...)
Disfrutar de la victoria y de ese ambiente que teneis entre vosotros, no creo que lo tengan muchos equipos.
Ahora nos tocas a nosotras, a ver si ponemos la guinda la semana que viene.
Que placer compartir equipo con esta panda de amigos e conseguir este título que tanto e tanto traballamos. Agora a despedirse da liga na casa como dios manda e facer unha festa do voley en Boiro...
Na celebración o ambiente era de máxima alegría por parte de todos (algunha bágoa tamén caeu) pero a min faltábame alí xente e compis aos que botei de menos (Andrés, Iago, Eiras, Piño, Dani, Cabeco, Victor, Brasi...) Compañeiros cos que empecei nesto e cos que sempre soñabamos en chegar a lograr esta liga... Vai por vós chavales!!!
P.D: agora a seguir adestrando para a fase de ascenso e sempre debemos recordar que estaremos alí polo que fixemos, non polo que vamos a facer e se xogamos como sabemos e sen presión...OLLO!!
FORZA CV BOIRO!!!
Noraboa rapaces!!!!!!!!!!!!!!!!!
E na fase de ascenso, xa sabedes que "PODEMOS"!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
MOITO ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Eu xa estou entrenando para o "DESFASE"?!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
FELICIDADES CHAVALES!!!!!!!!!!
Mi más sincera enhorabuena!!
Es un orgullo contar con un equipo como el vuestro en el club; por los grandes jugadores que en el juegan,pero sobre todo por las grandes personas que lo forman.
Disfrutarlo!!!...Más!!...si podéis,jeje
Alén
Enormesss!!! enhorabuena chicos!!! sois muy muy pero que muy grandes!!!
Pd: Iago ya sabes que me apunto a ese desfase eh....pasame las oras de entreamiento para llegar en buena, forma, jajaja!!!
enorme chavales un 10 para todo el club esto e de todos os componentes de este club
frigu
GRACIAS a todos (jugadores, entrenadores, directiva...) por haberme hecho sentir como en mi casa desde el primer día que llegué al club.
GRACIAS por el trabajo que hicieron durante todo el año.
GRACIAS por haber jugado tan bien durante toda la liga.
Y MUCHAS GRACIAS por la calidad humana que tienen que es el mayor premio que se puede tener.
O Presidente da Federación Extremeña de Voleibol e do Cáceres, fixo chegar os seus parabéns polo campionato a través do teléfono e desexou sorte na fase de ascenso.
Bugallo
Euforia máxima na publicación da Voz de Galicia...en fin.
CAMPEOOOOOONEEESSS CAMPEOOOOONEEEESSS OOOEEEOOOEEEEOOOEEEEEEEE!!!
FORZA CV BOIRO!!!
Mechas!! ti entrena para xogar e non para desfasar!! :), que pasa por ese equipo filial?? non me creo que terminedes penúltimos con ese equipazo que tedes, non entendo nada!!
Opino o mesmo que o anónimo...menos desfasar e máis adestrar pero non entendo porque non se pon o nome!!!
Caguetas!!!!
CAMPEEOOOOOOONEEES CAMPEOOOOOONEEESS OOOOEOOOEEEOOOOOEEEEE!!!!
Publicar un comentario