luns, 6 de decembro de 2010

Resultados da xornada na ponte de decembro:

BOIRO VOLEIBOL 3-2 MEXILLÓN DE OURO RIANXO VB.
(13-25,25-21,25-23,19-25,15-11)-(Liga galega xuvenil masculina)

Remate de Martín frente o bloqueo rianxeiro
Estréase no casilleiro da liga galega o equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol nun partido tan especial coma un derbi co equipo rianxeiro ó outro lado da rede. Bo encontro o visto no polideportivo da Cachada por parte de ámbolos dous conxuntos ofrecendo un emocionante espectáculo ata o final do quinto set no que os boirenses puxeron punto e final ao encontro cun triple bloqueo en zona 2.
Comezaba o primeiro set con moitas dúbidas nos locais e cunha deficiente recepción que se convertía nun sinfín de free-ball  convertidas en punto polo contundente ataque rianxeiro por parte dos seus receptores.O resultado era de victoria cómoda para o equipo visitante (13-25). No segundo xogo afinou recepción o Boiro Voleibol e guiados por un gran Martín Herrera con 7 puntos de ataque conseguiu facerse co triunfo no set por 25-21. O terceiro foi o set clave para o equipo boirense pola incrible remontada dos locais. O preparador local Andrés Martínez viuse na obriga de pedir un tempo morto cun abultado 4-11 a prol dos rianxeiros. Tal decisión técnica tivo efecto inmediato no equipo e comezaron a escalada no luminoso para facerse co parcial por un axustado 25-23. Con 2-1 a favor volveron as dúbidas no cuarto set. O nivel de recepción caiu, o ánimo xeral do equipo baixou e os visitantes forzaron para levarse o set por 19-25 cun inspirado Héctor Matilla en ataque e bloqueo. Chegábase ó clásico tie-break propio dos derbis barbanzanos. A igualdade era a gran dominadora ata mediado o set onde os  rapaces ás ordes de Andrés Martínez pisaron o acelerador para levarse o xogo e o partido da man de Diego Romero (3 puntos neste parcial) e Martin Herrera (4 puntos neste parcial).
Polo Boiro Voleibol xogaron: Martín Herrera, Ismael Martínez, Dani Sieira, Diego Romero, Antón Pérez, Diego García e Adán (líbero). Como reservas estaban Daniel Vázquez, Abel Sánchez e Miguel Lorenzo.


BOIRO VOLEIBOL 3-0 BERTAMIRÁNS FC VOLEIBOL
(25-19,25-23,27-25)-(Liga galega cadete masculina)

Bloqueo de Dani e Oscar arroupados por Isma e Lois
Cómoda vitoria en 3 sets para o equipo cadete masculino do Boiro Voleibol ás ordes de Andrés Martínez que significaba a estrea no casilleiro da competición regular autonómica. A consistencia no seu K2 cuns Daniel Vázquez e Fran Dieste moi acertados en ataque (14 puntos cada un) e o efectivo servicio foron as principais causas do amplo triunfo boirense. Cabe destacar tamén o traballo de Lois Vázquez en recepción, dando unha continuidade óptima ó xogo local.
Polo Boiro Voleibol xogaron: Raul Lojo, Fran Dieste, Ismael Martínez, Xian Pérez, Daniel Vázquez e Lois Vázquez. Como reserva actuou Óscar Refojo. Causaron baixa Alfonso e Abel Sánchez.
Os artilleiros dos locais foron: Daniel Vázquez e Fran Dieste (14 puntos), Ismael Martínez (6 puntos), Óscar Refojo e Xian Pérez (4 puntos), Lois Vázquez (3 puntos) e Raul Lojo (1 punto).

6 comentarios:

Anónimo dixo...

O único que se pode decir de excusa é que faltaba Brais e que xojamos bastante mal, pero a vosa defensa xa apunta coma a dos senior! Noraboa pola victoria, vemonos en Rianxo que esto non vai quedar asi! jajaja
Un saúdo.

Héctor

Antón dixo...

Muy bien jugado chicos, a seguir asi y a afinar la recepcion que cuando llega se hacen puntitos :). Tengo que pedir perdón porque hoy la verdad es que no estuve dentro del partido... prometo no volver a hacer lo de hoy... lo siento...
Enormes Diego y Martin!! asi da gusto!! ^^
A por todas chavaleees!!! ^^
FORZA CV BOIRO!!

Anónimo dixo...

venga chicos aora no podemos vajar de esta senda aora tenemos que acernos fuertes encasa y demostrar lo que somos capaces fuera esta sera la primera de muchas victarias .ENORMABUENA Y A SEGUIR .

DIEGO GARCÍA

Adrián Alves dixo...

Hai demasiado optimismo despois desta vitoria, non digo que sexa malo pero non sexades escravos del ou volverase na vosa contra. Agora é cando debedes ter os pés no chan e seguir traballando para mellorar porque recordade que o único lugar onde o éxito vai antes que o traballo é no diccionario. Bo partido rapaces.


FORZA CV BOIRO!!!

JUAN RESÚA dixo...

GUSTAME ESA FRASE CHICHO, POIS EU QUERÍA EXPRESAR TAMÉN A MIÑA ALEGRÍA POLA VICTORIA DOS XUVENILES, E DECIRVOS QUE SIGADES TRABALLANDO COMO HASTA AHORA, ESTE SOLO FOI UN PASO DOS MOITOS QUE AINDA TENDES QUE DAR...

MOI BEN E A SEGUIR KURRANDO A DESTAJO XD

FORZA CV BOIRO

Adrián Alves dixo...

Xa tendes máis fotos subidas na galería, a destacar as da visita da selección española júnior o ano pasado.
Sigo eperando que algún bondadoso (ademais de Bugallo) me pase material para subir ó blog, sexan fotos, vídeos....