SÁBADO 11:
BOIRO VOLEIBOL-FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(17:00h, "A Cachada")-(Liga provincial cadete feminina)
Buscan as de Juan Resúa unha nova vicoria tralo triunfo a domicilio no derbi ante as rianxeiras do Mexillón de Ouro Voleibol. As sensacións despois das dúas primeiras xornadas son inmellorables e as nosas están en cabeza na súa competición. (Informar tamén de que Ana Bugallo e Irene están convocadas para a concentración da Selección Galega Infantil que será en Noia na xornada do domingo 12)
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Boiro Voleibol | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 2 | 198 | 155 | 4 |
2 | IES Ames | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 3 | 197 | 179 | 4 |
3 | Os Bacelos Dodro | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 3 | 162 | 154 | 3 |
4 | Fisioterapia Cinesia Noia | 2 | 1 | 1 | 0 | 3 | 4 | 161 | 136 | 3 |
5 | Mexillón de Ouro - Voleibol Rianxo | 2 | 0 | 2 | 0 | 3 | 6 | 168 | 202 | 2 |
6 | CD Conxo | 2 | 0 | 2 | 0 | 2 | 6 | 140 | 200 | 2 |
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL-CLUB VIGO VOLEIBOL B
(19:00h, "A Cachada")-(1ª división nacional masculina)
Miguel Vázquez |
Partidazo por todo o alto o que se vivirá na tarde do próximo sábado no polideportivo boirense da Cachada.
Citanse para o evento dous equipos separados por unha vitoria na clasificación e na que os boirenses ás ordes de Emilio Palacio intentarán por tódolos medios conseguir un resultado positivo para asaltar os postos que dan dereito a acudir a fase de ascenso a liga FEV. Os vigueses chegan a Boiro como líderes invictos da competición e como actuais campións de liga polo que a vitoria para os nosos venderase moi cara nun partido que promete emocións fortes. O último precedente deste partido foi unha vitoria para o Hipescar Boiro Voleibol na pasada tempada 2009-2010 cando os boirenses venceron por 3-2 cun gran partido de Miguel Vázquez, Daniel Agra e José Luis Lojo "Cabeco" ó no que aquel momento era o líder da 1ª división.
O preparador boirense estará atento ás evolucións do seu receptor Iago Vidal, que se recupera dunha doenza na zona cervical que lle obrigou a ausentarse dos últimos adestramentos do equipo. Todo parece indicar que o receptor noiés chegará en condicións para o partido pero en caso contrario calquera dos outros receptores tomará o testigo e dará a cara no encontro como xa fixeron na xornada anterior no derbi ante o CV Rianxo.
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL-COMERCIAL DURÁN
(21:00h, Barraña)-(2ª división autonómica feminina)
Buscarán as de Andrés Martínez manter a súa condición de invictas e líderes do grupo galego da 2ª división. O rival será o equipo pontevedrés de Comercial Durán que acadou dúas vitorias en cinco partidos para ocupar a 6ª praza da clasificación.
EQUIPO | PJ | PG | PP | NP | JF | JC | TF | TC | PUNTOS | |
1 | Proboin Boiro Voleibol | 5 | 5 | 0 | 0 | 15 | 1 | 404 | 310 | 10 |
2 | Emeve Lab. Nupel B | 5 | 4 | 1 | 0 | 12 | 4 | 384 | 352 | 9 |
3 | San Sadurniño | 5 | 4 | 1 | 0 | 13 | 5 | 411 | 340 | 9 |
4 | Voley Arteixo | 5 | 4 | 1 | 0 | 12 | 5 | 406 | 346 | 9 |
5 | Calasancias Coruña B | 5 | 4 | 1 | 0 | 13 | 7 | 434 | 405 | 9 |
6 | Comercial Durán | 5 | 2 | 3 | 0 | 10 | 10 | 451 | 439 | 7 |
7 | Autos Rico UDC A | 5 | 1 | 4 | 0 | 5 | 12 | 348 | 398 | 6 |
8 | CD Conxo | 5 | 1 | 4 | 0 | 5 | 14 | 386 | 430 | 6 |
9 | XAV Cambados | 5 | 0 | 5 | 0 | 3 | 15 | 359 | 430 | 5 |
10 | Dompa Gestión | 5 | 0 | 5 | 0 | 0 | 15 | 242 | 375 | 5 |
DOMINGO 12:
BOIRO VOLEIBOL-CV VIGO
(10:00h, Barraña)-(Liga galega xuvenil masculina)
Duro encontro para o equipo dirixido por Andrés Martínez que chega a esta cita coa moral elevada tras a súa vitoria no derbi barbanzano ante o Mexillón de Ouro Voleibol de Rianxo por un axustado resultado no luminoso de 3-2 para os locais.
BOIRO VOLEIBOL-CV VIGO
(11:30h, Barraña)-(Liga galega cadete masculina)
Difícil partido para os pupilos de Andrés Martínez que veñen de vencer en 3 sets a Bertamiráns FC Voleibol. Para afrontar o encontro os boirenses contarán coa alta de Abel Sánchez e Alfonso totalmente recuperados da súa doenza, pero terán as baixas (aínda que por un bo motivo) de Ismael Martínez e Lois Vázquez, ámbolos dous convocados para a concentración da Selección Galega Infantil, que se celebrará en Noia durante toda a xornada do domingo 12.
REDESYL BOIRO VOLEIBOL-COMERCIAL DURÁN
(12:00 h, "A Cachada")-(2ª división autonómica masculina)
Antón Pérez dando instruccións aos seus xogadores |
Volve á competición o equipo filial masculino ás ordes de Antón Pérez coa misión de continuar invictos na súa competición regular. O rival será o actual campión de liga, o sempre combativo equipo pontevedrés do Comercial Durán.
Para o encontro os boirenses contarán coa importante baixa dun dos seus receptores titulares, Xavier Sarille por mor dunha lesión de nocello e coa xa definitiva baixa de Marcos Figueira "Peiper".
Boas novas chegan dende a FGVB xa que despois da volta de Fran Dieste da concentración da selección galega cadete celebrada en Monforte os pasados días 6 e 7 os nosos xogadores Ismael Martínez, Lois Vázquez, Ana Bugallo e Irene Vicente figuran na lista de convocados para a concentración das seleccións galegas infantiles masculina e feminina que se celebrará en Noia o próximo domingo 12 de decembro. Noraboa para todos eles e a seguir traballando.
ÚLTIMA HORA: MÁIS BOIRENSES NA SELECCIÓN GALEGA
Selección galega infantil masculina 2009-2010 |
5 comentarios:
Fin de semana importante para todos xa que teremos en contra rivales moi complicados. Moita sorte!
FORZA CV BOIRO!!!
Vamos rapaces, ánimo para todos e todas, a facer un bo finde !
Enhorabuena a nuestros y nuestras infantiles y a darlo todo en esa concentración. Disfrutar y aprender todo lo que podáis. Ánimo a todos en los partidos del finde, que son muuuuchos, y gracias de antemano por colaborar en las actividades y en el apoyo a nuestros jugadores en su competición. Un abrazo d8p.
Noraboa Lois, Ana, Isma e Irene por esa convocatoria para a selección galega e noraboa tamén a os vosos adestradores porque parte de culpa téñena eles.
FORZA CV BOIRO!!!
grazas a todos pola vosa colaboración
Publicar un comentario