xoves, 2 de decembro de 2010

Fin de semana da ponte de decembro

Moitos son os equipos do Boiro Voleibol aos que lles afecta o parón ligueiro nesta fin de semana festiva de comezos de decembro. Os equipos aproveitarán tal cese da competición para ultimar detalles de cara a vindeira xornada de liga o día 11 deste mes no que andamos.
Por outra banda, e a falta dalgunha confirmación, a actividade do club non se detén celebrándose encontros tan importantes coma un derby na liga galega xuvenil masculina:

LUNS, 6 DE DECEMBRO:

BOIRO VOLEIBOL-MEXILLÓN DE OURO VB. RIANXO
(11:00 h, "A Cachada")-(Liga galega xuvenil masculina)

BOIRO VOLEIBOL XUVENIL MASCULINO
Agárdase na mañá do vindeiro luns un emocionante e apaixoante derby entre dous equipos da mesma comarca en categoría xuvenil. Os de Andrés Martínez seguen coa súa preparación e afán de atoparse no seu camiño a desexada primeira vitoria na máxima categoría do voleibol autonómico. A presa non será sinxela xa que no equipo rianxeiro militan xogadores con máis anos de experiencia no mundo do voleibol. Medirán as forzas dous xogadores, que malia ser xuvenís, xa son pezas importantes para os primeiros equipos de ámbolos dous clubes: Antón Pérez por parte boirense e Héctor Matilla por parte rianxeira. 


MÉRCORES, 8 DE DECEMBRO:


BOIRO VOLEIBOL-BERTAMIRÁNS FC VOLEIBOL 
(11:00h, "A Cachada")-(Liga galega cadete masculina)


BOIRO VOLEIBOL CADETE MASCULINO
Partido aplazado desta liga galega autonómica na que os de Andrés Martínez buscarán o primeiro triunfo da tempada diante dos seus siareiros no polideportivo boirense de "A Cachada".
Chega a Boiro un rival na mesma situación que os locais xa que aínda non fixeron a súa estrea no casilleiro da competición regular neste tempada 2010-2011. O encontro promete emocións intensas e igualdade en tódalas súas facetas e agardamos que o desenlace sexa positivo. ¡Moita sorte!



BOLETÍN INFORMATIVO:

UN BOIRENSE NA SELECCIÓN GALEGA:

Prácenos informar en nome do clube a presencia dun xogador do Boiro Voleibol na vindeira concentración da selección galega cadete masculina, que se celebrará en Monforte de Lemos os vindeiros días 6 e 7 de decembro. Trátase do boirense Fran Dieste Otero (nº 8 na imaxe superior) que procede das escolas deportivas municipais impartidas por preparadores do club. O serio traballo dos adestradores coa base comeza a dar os seus froitos e non descartamos outras futuras convocatorias como a de Fran Dieste pola boa fornada de rapaces das que dispón o club. Noraboa Fran, a seguir traballando.


UNHA BAIXA DEFINITIVA E UNHA IMPORTANTE LESIÓN NO REDESYL BOIRO VOLEIBOL:
Marcos Figueira "Peiper" abandoa a disciplina do equipo filial masculino ás ordes de Antón Pérez, o Redesyl Boiro Voleibol que milita na 2ª división masculina do voleibol autonómico. Por outra banda, o receptor Xavier Sarille padece dun esguince de nocello no seu pé dereito polo que se podería perder algún encontro de trascendencia para os seus nas vindeiras semanas. ¡Moito ánimo Xavi!


NOVA INCORPORACIÓN PARA O PROBOIN BOIRO VOLEIBOL:
A xogadora crucense Leonor Lorenzo Abalo volve ás filas do primeiro equipo feminino dirixido por Andrés Martínez que lidera a competición autonómica da 2ª división. A xogadora, formada nas categorías inferiores do Clube Voleibol Cabo de Cruz vivirá a súa segunda etapa no Proboin polo que xa coñece o funcionamento e os automatismos do equipo.


O CARTEL COS COMERCIOS COLABORADORES XA ESTÁ AQUÍ:


Recén chegada ó clube está a cartelería que anunciará os encontros dos nosos equipos e  na que participan un bo puñado de comercios e empresas boirenses. Infinitos agradecementos para eles en nome de todos nós por colaborar no proxecto do Club Voleibol Cabo de Cruz.

15 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Moita sorte ao equipo xuvenil no que para a maioría dos integrantes será o seu primeiro derby.

FORZA CV BOIRO!!!

mechas dixo...

Si señor!!! a por ellos chavales!!!

Adrián Alves dixo...

Xa podedes ver na videoteca do blog un novo vídeo coas mellores accións do Hipescar Boiro Voleibol 3-0 CV Zalaeta.
Comprobaredes que a definición é moito mellor que a dos vídeos anteriores posto que Gus me puxo as cousas un pouco máis fáciles...Graciñas capi!!

FORZA CV BOIRO!!!

Antón dixo...

Chicho, el partido está bien? es en la Cachada?? (pense que nos tocaba jugar allá)

Adrián Alves dixo...

Si Antón, todo correcto

Antón dixo...

Ok, gracias Chicho, queria saberlo para saber si tenia que madrugar un poco mas aun xDD

a10 dixo...

si que se juega en la cachada pero tiene razon antón porque el partido cuando se aplazo estaba para jugarse en rianxo debieron caambiar el orden.

Antón dixo...

Enhorabuena Fran! a darles caña a todos en Monforte (pero tampoco te pases eh!!! XDDD)
Ánimo Xavi, reposa que en nada estás rompiendo bloqueos!!! :P
Ya veo que el equipo femenino está reforzándose aún más... asi me gusta!! Encantados de tenerte con nosotros de nuevo Leo!! :)
Y otra cosa, gracias Cris por las clases magistrales de ayer!! jaja, poco a poco intentare corregirlo :).
FORZA CV BOIRO!!

Adrián Alves dixo...

Noraboa Fran!!
Recorda que estás aí polo que fixeches, non polo que vas a facer e así que moita confianza no teu traballo, ánimo!

FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

Porq abandona Peiper¿?

Adrián Alves dixo...

Por motivos persoais que ninguén mellor ca el vos pode explicar. Poñede o nome para saber con quen se está a falar!!

Anónimo dixo...

No derbi do luns a min podedesme chamar fillo de puta e o que queirades, que non me vai importar nin o vou ter en conta XD. Penso que o que ocorreu en Rianxo foron "cousas do deporte", simplemente insultos para amolar a Narci para que fallara, non polo tema persoal de que cambiara de equipo. Sorte no partido e que gane o mellor.

Héctor

Anónimo dixo...

MUCHO ANIMO XAVI, espero verte en breves na cachada. Antón espero no ser muy pesado jeje.

Diablo

mechas dixo...

Buenas!!! Franciscooooo enhorabuena!!! ahora ya sabes, a seguir asi y a dar algo mas, (haber si dejamos la pájara y te pone Eloy como un pájaro, y te lo dice uno que estubo en unas cuantas....

Bueno a lo verdaderamente importante (que no menosprecio lo de Fran ni mucho menos, pero es la parte que mas cerca me toca) Xaviiii, ya sabes tio, estubimos hablando entre semana y ya veras como en nada ya estamos con esas SUPER en 4,2,1,84,....etc ah!!!! e A FAIIIIIIIIIII!!! jejeje!!!! asique mucho animo tio!!!

PD: Diablo, tu nunca eres pesado tio!!! pesadas son las hostias y los saques que metes...jejeje!! HAY M8TO ANIMAL!!!! jejeje
































"Soy el dueño de mi destino, soy el capitán de mi alma"

Forza Boiro
Máis que un club

BlackBandana dixo...

Enhorabuena a los juveniles!!
Sí señor!!partidazo chavales!sobre todo acabando el partido en el quinto set con triple bloqueo!enorme!
Otro derbi para la saca!!

Xavi ponte a saltar YA,Ánimo Crack!!

FORZA C.V.BOIRO!!!