domingo, 12 de decembro de 2010

Crónica da xornada do 11-12 de decembro


BOIRO VOLEIBOL 3-1 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA
(26-24-25-19,23-25,25-18)-(Liga provincial cadete femenina)

Ana Bugallo bloqueando
Traballada vitoria das xogadoras ás ordes de Juan Resúa que seguen intratables neste arranque ligueiro. Baseando o seu xogo nun potente saque e nunha constancia e regularidade moito maior que a do equipo rival as rapazas do Boiro Voleibol fixéronse con autoridade co partido. Deste xeito as boirenses comparten o liderado con IES Ames, rival ao que se enfrontarán na próxima xornada do día 12 de decembro.Polo Boiro Voleibol xogaron: Ana Bugallo (22 puntos), Alba (1 punto), Sara Bugallo (12 puntos), Sheila (2 puntos), Katy (4 puntos), Melissa (12 puntos). Como reservas actuaron Sandra (3 puntos) e Andrea. 


HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 2-3 CLUB VIGO VOLEIBOL B
(23-25,23-25,25-21,25-23,11-15)-(1ª División nacional masculina)

Bloqueo de Iván "Pas" xunto a Jesús
Dura derrota en cinco sets a que encaixou na xornada do sábado o noso primeiro equipo masculino nun partido de alto nivel e de gran emoción ata o último punto. Comezaba o Hipescar cun xogo moi sólido, disparándose no marcador do primeiro parcial e obrigando aos vigueses a consumir un tempo morto con 14-9 no luminoso. Foi a partir de este momento cando os locais desapareceron do encontro. Esta situación foi aproveitada á perfección polo experimentado equipo olívico  que se levou o xogo por 23-25. A situación de desconcerto permaneceu nos locais ao largo do segundo set. Os vigueses levaron totalmente a iniciativa este parcial e só  unha excelente racha de servicios por parte de Jesús Vázquez "Pivot" permitiu meter na loita ao Hipescar, que perecería por un axustado 23-25. No arranque do terceiro parcial o equipo local conxurábase para darlle a volta ao adverso resultado de 0-2. Mellorouse en K1 e K2 pero sobre todo houbo un acelerón considerable na intensidade e ánimo xeral dos xogadores do Hipescar. Cunha gran actuación de Narciso Abalo neste xogo (9 puntos) os boirenses leváronse o set por catro tantos de diferencia. A dinámica ascendente mantíñase no cuarto set. Forte K1 do Hipescar o que obrigaba aos visitantes a xogar a remolque no marcador ata  os derradeiros puntos do parcial, nos que o Vigo apretaba e axustaba o luminoso nun resultado final 25-23. O tie-break antoxábase moi difícil para ámbolos dous conxuntos. No inicio, os vigueses conseguiron unha vantaxe con 2 bloqueos que a posteriori sería decisiva. Tal diferencia foi levada no marcador ata o final xa que ambos equipos mantiñan con facilidade o seu cambio de saque, mais non conseguían os locais acadar un contraataque que os situara de novo no encontro. O resultado final foi 11-15.
Polo Hipescar Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas" (6 puntos), Narciso Abalo (26 puntos), Miguel Vázquez (9 puntos), Cristóbal Álvarez (21 puntos), Jesús Vázquez "Pivot" (1 punto), Antón Pérez (4 puntos) e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas actuaron Gustavo Romero, Manuel Pérez Andrade, Ignacio Cibeira, Daniel Eiras e Fran Outeiral.

PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 COMERCIAL DURÁN
(25-14,25-17,25-15)-(2ª División autonómica feminina)

Carolina no bloqueo frente ás pontevedresas
Contundente vitoria en tres sets das rapazas dirixidas por Andrés Martínez que en ningún momento do encontro permitían ás pontevedresas do Comercial Durán meterse  na loita polo triunfo. Seguen as boirenses líderes invictas do grupo galego da 2ª división feminina con 6 triunfos en 6 partidos cedendo tan só un set no que vai de competición regular. Polo Proboin Boiro Voleibol xogaron: Luci Paz, María Triñanes, Sara Martínez, Anael Gómez, Alicia Novoa, Carolina Cuadros e Carla Castro (líbero). Como reservas estaban Ángela Fernández e a recén incorporada á disciplina do primeiro equipo feminino Leonor Lorenzo.

BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV VIGO
(14-25,19-25,19-25)-(Liga galega xuvenil masculina)

Bloqueo de Martín e Diego
Derrota do equipo xuvenil masculino ás ordes de Andrés Martínez ante un duro rival como é o equipo vigués. A irregularidade local non permitía acercarse no marcador e os erros en ataque distanciaban ós nosos rapaces da vitoria. Deberán seguir traballando os xuvenís do clube, xa que o potencial deste equipo é bo tal e como demostraron na xornada anterior no derbi ante o Mexillón de Ouro VB Rianxo, facéndose coa vitoria por 3-2. Polo Boiro Voleibol xogaron: Antón Pérez, Diego Romero, Diego García, Dani Sieira, Daniel Vázquez, Martín Herrera e Adán (líbero).Como reservas estiveron Abel Sánchez, Xian Pérez e Miguel Lorenzo.


BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV VIGO
(4-25,21-25,16-25)-(Liga galega cadete masculina)

Fran Dieste nas alturas
Coas importantes baixas de Ismael Martínez e Lois Vázquez por estar concentrados coa selección galega infantil o equipo cadete masculino do Boiro Voleibol non tivo oportunidades de facer dano ao equipo olívico. O partido comezaba cos locais ausentes e cunha ineficacia e irregularidade no seu xogo moi notoria. A medida que avanzaba o partido o xogo boirense mellorou e as sensacións non foron todo o malas que prometían no inicio do partido. Polo Boiro Voleibol xogaron: Abel Sánchez, Daniel Vázquez, Fran Dieste, Raul Lojo, Óscar Refojo e Xian Pérez. Como reserva actuou Rubén Martínez.


REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 COMERCIAL DURÁN
(25-21,25-17,25-21)-(2ª División autonómica masculina)

Bloqueo do Redesyl
Claro trinufo do equipo filial masculino dirixido por Antón Pérez ante o vixente campión de liga, o equipo pontevedrés do Comercial Durán. A pesar das moitas modificacións tácticas e de xogadores realizadas durante o encontro polo preparador local o equipo gañou con autoridade e suficiencia ante un equipo con maior experiencia na competición. Cabe destacar o bo traballo táctico do conxunto, excelente en defensa e cun contrataque resolutivo durante todo o encontro sobre todo da man de Manuel Pérez "Cholo". O Redesyl continúa intratable na competición regular con tres vitorias en tres partidos e sin ceder aínda ningún set polo camiño. A pesar de contar coa importantísima baixa do receptor titular Xavier Sarille o equipo mostrou unha solidez envexable e demostrou que é un clarísimo aspirante a dominar a liga de 2ª división autonómica nesta tempada 2010-2011. 
Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Diego Romero (2 puntos), Román Vidarte (4 puntos), Fran López, Antón Pérez (7 puntos) e Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas actuaron Manuel Pérez "Cholo" (11 puntos), Fran Outeiral (1 punto), Roberto Rodríguez "Tito" (9 puntos), Luis Lustres e Juan Resúa (1 punto).


FESTA DO VOLEIBOL BOIRENSE NO HIPESCAR:

DJ Magenta
Na mañá do pasado sábado moitos dos xogadores e directivos do clube fixemos unha promoción do voleibol e da nosa propia entidade na rúa peonil de Boiro, na porta dun dos nosos partocinadores como é o Hipescar. Ali rematamos de vende-la lotería de Nadal que quedaba, así como facer novos socios e xogadores para o Boiro Voleibol. A resposta da xente e os resultados obtidos foron excelentes e a festa foi moi entretida para os cativos e os non tan cativos. Unha boa xornada amenizada en parte pola Charanga "O Trompo das Nicras" e polo noso pinchadiscos particular, DJ Magenta. Grazas a todos os que colaboron nesta actividade e grazas tamén por todo o público que arroupa ós nosos equipos nos seus respectivos encontros. Grazas

11 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Dura e dolorosa derrota a de onte, pero debemos seguir currando porque o tempo xoga ó noso favor.
Un pracer xogar e compartir equipo con todos vós, vaia cracks!

P.D: Noraboa ao Redesyl e ao Proboin, estades imparables.

un alce dixo...

O lider chega a TEIS

Adrián Alves dixo...

Partido do Redesyl o sábado en Teis ás 14:00???


ejem ejem

mechas dixo...

me huele a encerrona chavales!!! finde importante para muchos equipos, mucha suerte a todos y en especial al de primera que se desplaza hasta tierras asturianas!! Mucha suerte a todos!!!

PD: cuidado con la fai!!!

un saludo!!

Andrés "Araña" dixo...

De encerrona nada. Nosotros solicitamos esa hora. Los juveniles a las 12, 12 y media y los de 2ª junto con los cadetes sobre las 2. Finde de viaje para todossss. Saludos.

Fran el Chepe dixo...

Xa dicía eu q o de xojar as duas tiña q ser unha Andresada!jajaja

mechas dixo...

bueno e que ??jejeje

vale andres!!

ANDRES dixo...

sí, hay que facer moitas Andresadas todos los fines de semana... e ainda que non o sepades, necesitamos da vosa axuda en moitas delas... lástima que sempre esteades tan ocupados. como di Mechas, bueno, e que?? típica frase da xente involucrada. Ay que se me vaaa la ollaaaaa. Saludos y gracias a todos por vuestro apoyo al club, el mismo que os apoya a vosotros.

JUAN RESÚA dixo...

Non podedes contar conmigo para este partido de MIGHNIGHT BLOQUER XD xa que teño que ir cas cadetes e cas juveniles o sabado pola tarde a Ames as 16:00 o juvenil e as 17:30 o cadete.

MOITA SORTE E A DARLLE DURO

O LIDER NON CHEGA A TEIS, PERO A VER SI SAE DE AHI...

FORZA C.V. BOIRO

mechas dixo...

andres con eso no estaras diciendo que estoy poco implicado con el club no ? jejeje un saludo

Xavi dixo...

a todo esto o animal de pas bloqueando ca cabeza ...