Entre o 27 de xuño e o 3 de xullo celebrase na cidade de Ourense o VI torneo de volei praia ourensán. O único representante do noso club nesta proba será Adrián Alves "Chicho" que formará parella co vigués e ex-internacional absoluto coa selección española Kike de la Fuente.
xoves, 30 de xuño de 2011
mércores, 29 de xuño de 2011
EDM DE VOLEI PRAIA 2011:
O vindeiro día 11 de xullo darase o pistoletazo de saída ás Escolas Deportivas Municipais de volei praia deste verán 2011. Contaremos con dous monitores especializados na materia e as sesións celebraránse tódolos luns, mércores e venres na área deportiva do areal de Barraña en horario de 11:00-12:30. Para inscribirse na actividade tan só deberán achegarse á área de deportes do Concello de Boiro situada na casa da cultura. Agardamos manter o crecemento gradual dos últimos tempos e superar os case 50 rapaces e rapazas inscritos do ano pasado.
![]() |
¡Arrancamos! |
xoves, 23 de xuño de 2011
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-17 EN PORTONOVO:
A vindeira fin de semana terá lugar en Portonovo o Campionato de España de seleccións autonómicas en idade cadete. O areal de Baltar será o escenario da batalla pola hexemonía do volei praia nacional na que participarán pola nosa comunidade os seguintes deportistas: en categoría masculina teremos dous equipos formados por Carlos López, Óscar Sánchez e Pablo Penedo (CV Vigo); Iago Varela (CV Aldebarán), Pablo Rodríguez (EMEVE) e Borja Álvarez (VPV). En féminas competirán Nuria Salgado, Elena Sardiña e Eva Diéguez do COVP. O día do sábado complétase coa maratón de Pequevoley, ó que acudirán os máis pequenos do Boiro Voleibol para disfrutar dun bo día xunto cos seus compañeiros e monitores.
mércores, 22 de xuño de 2011
II PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA:
A pasada fin de semana tivo lugar a II proba do Circuito Galego de Volei Praia 2011. O sábado disputábanse en Bertamiráns as probas do sub-15 e do sub 17. O domingo era o turno das competicións dos máis grandes (sub-19 e sub-21) que se celebrou na cidade de Ourense.
SUB 15:
Pase de Ismael Martínez |
Xian Pérez-Fran Dieste |
SUB 19:
Héctor Fernández e Marcos Piñón do CV Aldebarán impuxéronse na categoría masculina ós vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez. Pola súa banda Claudia Rozas e Blanca Carvajal conseguiron a medalla de ouro na categoría feminina. Do Boiro participaron en categoría masculina Miguel Lorenzo e Xian Pérez (8º); Arsenio Santos e Daniel Sieira (7º) e Fran Dieste e Raul Lojo (10º). En categoría feminina as nosas representantes foron Evelyn Urrutia e Sheila Outeiral (8ª), Katy Sampedro e Melissa Novoa (9ª): Alba Fernández e Aldara González (14ª) e Ángela Fernández e Sindy Oliveira (13ª).
SUB 21:
A familia Boiro Voleibol |
xoves, 16 de xuño de 2011
PREVIA II PROBA CPTO. GALEGO VOLEY PRAIA
Os días 18 e 19 son os elexidos para esta segunda proba do Campeonato galego de Base. As sedes son as seguintes:
- Categoría sub-17, domingo 19 Bertamiráns.
- Categorías sub-19, sábado 18 Ourense
- Categorías sub-21, domingo 19 Ourense.
Haberá un autobús o sábado e outro o domingo. Saldrán da Cachada ás 8 da mañán de cada día e deixará en Bertamiráns ós equipos sub-15 e sub-17. O autobús regresará de Ourense cando remate o último partido no que xoguen algún dos nosos xogadores. Intentaremos que as categorías de Bertamiráns xa retornen a Boiro antes, da man das furgonetas do clube.
Calquera aclaración ou duda poñédevos en contacto con Andrés (629-824957).
Boa proba a todos.
mércores, 8 de xuño de 2011
I PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA:
A pasada fin de semana disputouse en Dumbría a I proba do circuito galego de volei praia. O escenario foi a praia do Ézaro que presentou unha apariencia inmellorable con preto de 300 deportistas galegos de entre 13 e 21 anos. Trala disputa de tódalas modalidades o noso club sitúase ó frente na categoría masculina e segundo na feminina.
SUB 19:
SUB 17:
SUB 21:
Miguel Chao e Javier Dovale proclamáronse campións nesta I proba tras superar na gran final ós boirenses Antón Pérez e Diego Romero por 2-1. Xa se enfrentaran no pase a semifinais estas dúas parellas con vitoria boirense pero os lucenses tomaron vinganza na final tras chegar pola ronda de perdedores. Na competición feminina a boirense Rebeca González xunto coa súa compañeira María Aguiar proclamábanse campioas sub-21 logo de desfacerse da tamén boirense Sandra Lojo que facía perella con Miriam Bravo (CV Zalaeta). Por parte do Boiro Voleibol tamén participaron: en rapazas Evelyn Urrutia e Patri Rodríguez (8ª); Katy Sampedro e Iria García (10). En categoría masculina tamén competiron Rubén Taibo e Xavier Sarille (4º) e Arsenio Santos e Daniel Sieira (13º).
domingo, 5 de xuño de 2011
RECORDOS QUE DEIXARON PEGADA...
Abrimos esta nova sección no blog para conmemorar a excelente temporada de voleibol que ven de baixar o telón na vila de Boiro. A causa merece a pena e agardamos poder repetir e mellorar éxitos como os recén acadados en vindeiras campañas. A temática da sección é a seguinte: gustaríanos que todos e cada un de vós (rapac@s das escolas deportivas, cadetes, xuvenís, senior, directivos, siareiros, socios, pais, santiegueses, noieses, vigueses, rianxeiros, etc, etc) escollades un momento, un recordo, unha vivencia desta pasada temporada que mereza a pena mencionar e recordar por todos nós. Animádevos!
![]() |
Recordos 2010-2011 |
venres, 3 de xuño de 2011
COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA
Arranca a tempada de praia |
Esta fin de semana comeza o Campionato Galego de categorías base de volei praia. O escenario para esta proba é o areal de Ézaro, no concello de Dumbría. O sábado serán as probas das categorías sub-15 e sub-19 e o domingo terán lugar as de sub-17 e sub21. Un total de 25 equipos do noso clube van disputar as distintas categorías. Sorte a todos. Os autobuses sairán, tanto o sábado coma o domingo ás 8:15 horas na cachada.
¡SORTE PARA TODOS!
xoves, 2 de xuño de 2011
E CHEGOU O FINAL...
![]() |
Escolas Deportivas Municipais |
A pasada fin de semana demos por rematada a exitosa tempada do Boiro Voleibol. O sábado pola mañá os nenos e nenas das escolas deportivas recibían un agasallo do concello mentres disfrutaban dos últimos partidos da temporada. O domingo, sobre as 11 da mañá comenzaban a chegar a Barraña, xogadores, directivos, pais, nais, socios, colaboradores e amigos para dar peche á temporada 2010-2011. Logo dun pouco de xogo, viñeron as entregas de trofeos ós xogadores, ós patrocinadores e colaboradores. Dúas grandes lonas homenaxeaban ós equipos de 1ª división masculina e 2ª división femenina por ser os campións de Liga este ano. Ó remate houbo unha degustación para todos os alí presentes. Boa festa para dar o peche a esta gran campaña na que todos puxemos o noso gran de area e da que nos sentimos orgullosos. Esperamos que coa axuda de todos, sigamos dándonos estas alegrías. NORABOA A TODO O CLUB
Festa en Barraña |
¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)