domingo, 15 de maio de 2011

FASE DE ASCENSO á 1ª DIV. FEMININA: 2ª XORNADA

PROBOIN BOIRO VB 1-3 STO. DOMINGO SORIA
(25-17,20-25,8-25,21-25)

Lance do partido fronte a Soria
E chegou o segundo partido, con un pouco máis de cansancio dos dous equipos. Logo dunha boa comida e unha pequena visita a San Saturio (con plegaria de Rebe incluída) voltábamos ó pabellón con ganas de dalo todo ou todo. Salamanca vencía 3-1 a Oviedo e poñíase por diante na clasificación. Comenzamos o partido moi seguras en todo: ataque, saque, defensa, orden... e pronto nos distanciamos no marcador sin dar ningunha tregua ás sorianas, vencendo cun cómodo 25-17. No segundo set elas apretaron o acelerador e colléronnos en algún que outro despiste pero sin baixar a intensidade do primeiro set. Todo estaba por facer. O terceiro foi para olvidar. Non saía nada, nin remates, nin contrataques... blockout... etc... ainda que loitábamos non saíamos do bache. Todo foi preparao o cuarto e loitalo a morte.  E así salimos dándo todo. O Sto. Domingo defendeu e defendeu e as bolas non daban caído. Ben en ataque e defensa e creando moitos problemas co saque. Así chegamos ata o 21-21, onde catro erros consecutivos deron a victoria final ás locais. Mañá última xornada fronte a Salamanca. Aínda que tocadas, darémolo todo para irnos orgullosas de Soria e pelexaremos por ese terceiro posto. Boas noites, e ata mañá. Ah, gracias a todos os que preguntades e chamades, e nos dades eses ánimos. Unha aperta.


Nas covas de San Saturio

3 comentarios:

Xabier Vázquez Parcero dixo...

"Tanto mérito ten o que vence como o que combate, so fracasa o que abandona" Moito ánimo e unha boa viaxe de volta.

Gus dixo...

Espero que o pasarades moi ben!!!!

Gus dixo...

Aproveito este medio para comunicar que a quen non lle chegara ningún email de xogadoresboirovb@gmail.com, que é porque non teño a súa dirección correcta. Así que se non te chegou ningún, envíame un ti para correxilo.
ABRAZOS A TOD@S!!!!