martes, 19 de novembro de 2013

CRISTÓBAL ÁLVAREZ MÁXIMO ANOTADOR DA 5ª XORNADA DA SUPERLIGA 2:

Cristóbal (21 pts) mellor artilleiro na categoría de prata
O volei en Boiro segue a escribir a súa historia na elite e así o demostran os feitos recentes que seguen a ter como protagonistas a xogadores do noso club. Cristóbal Álvarez, receptor do Náutico Boiro Voleibol foi o mellor atacante (20 puntos) e máximo anotador (21) da 5ª xornada da Superliga 2 Masculina. Malia a derrota do seu equipo ante a CDV Textil Santanderina a actuación do vigués foi extraordinaria, axudando a manter as opcións de vitoria para os seus ata o final de cada set. Como non podía ser doutra maneira, o "Diablo" forma parte esta semana do 7 ideal que a Real Federación Española nomea en función das estadísticas de cada xornada. Hai que destacar tamén a inclusión do noso colocador Iván Souto no top 3 de mellores bloqueadores da fin de semana con 4 puntos directos. Si queredes repasar a estadística do encontro entre o Náutico e os cántabros podedes facelo premendo neste enlace. Forza Boiro Voleibol.