7 ideal do 23 e 24 de novembro |
Difícil elección a desta xornada por mor da gran cantidade de vitorias e actuacións sobresaíntes que colleitaron os nosos equipos nas súas respectivas competicións. Alá imos cos destacados da semana. Colocador, Ismael Martínez: sendo xuvenil de primeiro ano conseguiu suplir con garantías a todo un Iván Souto e colaborar para sacar adiante un encontro na categoría de prata do voleibol español. Si cabe a tarefa cobra maior relevancia tendo en conta que este partido se trataba dun derbi a domicilio ante o Intasa San Sadurniño. Oposta, Isabel Gómez: baluarte en ataque das xuvenís. Isa foi unha das causas polas que o JEALSA mantivo opcións de vitoria ata o desenlace do choque. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: con 21 puntos e case un 70% de efectividade en recepción o Diablo foi o pilar sobre o que o Náutico construíu a vitoria no Municipal de San Sadurniño. Outra convocatoria máis e o vigués desmárcase claramente na pelexa polo MVP da temporada no Boiro Voleibol. Receptor 2, Adrián Gatbache: extraordinaria actuación do receptor xuvenil en San Sadurniño. Xa sexa en labores de recepción ou de ataque, Naji estivo moi atinando colaborando activamente na vitoria por 0-3 xuvenil e no serio partido plantexado polo filial masculino. Central 1, Alejandra Galbán: foi o auténtico escape ofensivo das xuvenís no seu encontro ante o CV Santiago. Nun encontro lento, cheo de imprecisións, Alejandra foi un oasis que convertía en punto cada balón que atacaba. Central 2, Óscar Refojo: acertadísimo en ataque e ordeado en bloqueo axudou a crear incertidume na defensa do San Sadurniño Xuvenil e a que o seu equipo tivese moitas oportunidades de contraataque. Líbero, Daniel Olveira: xogador infantil, destacou na posición de líbero na vitoria do xuvenil masculino en terras ferrolás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario