mércores, 20 de novembro de 2013

EQUIPO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL. XORNADA DO 16 E 17 DE NOVEMBRO:

As vitorias masculinas ante o Burgas, protagonistas
A sección masculina copa a práctica totalidade do equipo ideal do Boiro Voleibol desta última xornada. As diversas vitorias dos equipos de base na 6ª data das ligas galegas e a excelente actuación do Náutico na Superliga 2 ante a CDV Textil Santanderina son os protagonistas deste novo combinado que a continuación presentamos. Colocador, Iván Souto: 4 puntos de bloqueo, excelente dirección e 2 aces. Esas son as credencias que presenta o santiagués para optar claramente a entrar no equipo ideal. Oposta, Paula Vázquez: a súa excelente actuación ofensiva e dende a liña de saque axudou claramente a que o JEALSA infantil feminino conseguira estrear o casilleiro de vitorias nesta tempada.  Receptor 1, Cristóbal Álvarez: máximo anotador da xornada na Superliga 2 Masculina (21 puntos) e cun magnífico 81% en recepción foi o baluarte sobre o que o Náutico tentou o asalto á vitoria ante un poderosísimo rival. Receptor 2, Pablo Nieto: axudou de maneira clara nas vitorias dos infantís e cadetes ante o Burgas. A contundencia en ataque do receptor do JEALSA foi demasiado para os ourensáns. Central 1, Fran Dieste: 5 puntos de ataque (71% de efectividade) e un bloqueo directo no partido que o Redesyl gañou ante o Burgas por 3-0 son motivos suficientes como para incluir a Fran no 7 ideal. Central 2, Christopher Rodríguez: gran actuación ofensiva que axudou enormemente a que os puntos da vitoria en infantís e cadetes se quedasen en Boiro. Líbero, Felipe Resúa: rozando o 70% de efectividade en recepción e conseguindo 6 defensas positivas sobre 7 intentos Felipe foi un dos piares sobre os que o xoven equipo de Adrián Alves se apoiou para doblegar ó Burgas Volei na 2ª División Autonómica.

Ningún comentario: