martes, 12 de novembro de 2013

AMPLA REPRESENTACIÓN DO NÁUTICO NO SEPTETO IDEAL DESTA XORNADA:

O Náutico copa o #7idealBoiroVoleibol desta semana
A segunda vitoria do Náutico na Superliga 2 non pasa desapercibida para nós e ata catro dos seus integrantes formarán no #7idealBoiroVoleibol desta xornada. Colocador, Iván Souto: situando a catro dos seus compañeiros por riba dos 10 puntos, volveu a dar unha lección maxistral de dirección de xogo. Ademais, cos seus 4 aces axudou a desestabilizar a recepción do cvleganés.com. Oposto, Narciso Abalo: co seu máis que aceptable 41% de efectividade en ataque (14 puntos), 2 bloqueos directos e a xeira de servicios que brindou a posibilidade de xogar o tie-break o xogador crucense entra de xeito merecido no equipo ideal, demostrando que semana a semana volve a ser o xogador desequilibrante de antes da lesión. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: repetindo unha semana máis gracias ó 93% de recepcións positivas e 52% de perfectas sobre 27 intentos. Polo pundonor e autoconfianza que transmite ó resto do equipo en partidos igualados coma o do sábado merecida a presencia do vigués. Receptor 2, Ana Bugallo: vital a aportación de Ana en recepción, servicio e ataque no encontro que as cadetes venceron ante as veciñas noiesas nunha disputada batalla que se decidiu no 5º set. Central 1, Emilio Palacio: soberbio en ataque (85% de efectividade) contribuíu de maneira directa en poñer a salvo 2 puntos para o seu equipo. Central 2, Laura Olveira: atinada en recepción e bloqueo e moi participativa en ataque destacou por riba das demais na derrota que as infantís sufriron ante o Fisioterapia Cinesia A-Solucións Noia. Líbero, María Triñanes: partido completísimo da líbero de emerxencia que Mario Iglesias adaptou a un esquema repleto de baixas. Sobresaínte en recepción e rapidísima en defensa foi a única luz nun partido cheo de sombras para o noso primeiro equipo feminino.

Ningún comentario: