mércores, 6 de novembro de 2013

SEPTETO IDEAL DO BOIRO VOLEIBOL. XORNADA DO 2-11-2013:

Náutico, Xuv. Masc. e Cadete Fem. protagonistas no septeto
O 7 ideal do Boiro Voleibol desta semana xa está aquí. Os destacad@s da xornada son: colocadora, Lea Gatbache: gran actuación da directora de orquesta cadete no encontro xuvenil no que as nosas visitaron a cancha do Zalaeta. A pesar da derrota Lea destacou polo seu descaro á hora de elixir a mellor opción de ataque para o seu equipo. Oposta-Colocadora, Paula Vázquez: clara protagonista na primeira vitoria da temporada para o noso equipo cadete feminino. Atinadísima en ataque e intelixente na construcción foi un dos piares no triunfo do JEALSA sobre o Club Vigo Voleibol. Receptor 1, Cristóbal Álvarez: espectacular o encontro do vigués ante o FC Barcelona. Foi o puntal sobre o que os de Emilio Palacio apoiaron todo o seu xogo ofensivo na visita á cidade condal, da que o "Diablo" se levou máis dunha trintena de puntos rozando o 50% de efectividade en ataque. Receptor 2, Xian Pérez: notable actuación a do pequeno dos irmáns Pérez no Municipal de Dumbría para axudar a manter invicto ó equipo xuvenil masculino na LGXM. Contundencia en ataque e acerto en recepción son os atributos que outorgan a Xian a presencia neste equipo ideal. Central 1, Mario Iglesias: superando amplamente a decena de puntos nos dous choques que o Náutico disputou a pasada fin de semana, o rianxeiro asegurouse un posto de privilexio no 7 da xornada. Foi un auténtico pesadelo en bloqueo para os atacantes do FC Barcelona, que viron como ata 5 veces os seus remates se estrelaban na muralla do Náutico. Central 2, Lois Vázquez: a velocidade e o seu tempo de ataque fai de Lois un central difícil de parar para os rivais. Único xogador que repite convocatoria respecto ó septeto da semana pasada. Xa temos dominador na carreira polo MVP da temporada. Líbero, Irea Triñanes: rapídisima de reflexos e cunha predisposición defensiva óptima, a súa aportación foi determinante na estrea do casilleiro de triunfos das cadetes en Vigo.

2 comentarios:

Jesus_pivot dixo...

Lea titular, Pas banqueta. ;)

Adrián Alves dixo...

Como podedes ver a esixencia para estar no 7 ideal do Boiro Vb é máxima. Pas MVP na Superliga 2 e aquí non aparece por ningún lado... ;)

Duras competidoras che saíron esta semana!