xoves, 12 de marzo de 2015

OS EQUIPOS FEMININOS COPAN O #7IDEALBOIRO VOLEIBOL DESTA SEMANA:

Elas pisan forte nesta xornada
As vitorias dos equipos femininos concentran un puñado de boas actuacións polo que como non podía ser doutra maneira o top 7 desta semana está protagonizado por elas. Colocadora, Laura Martínez: seria na xestión do caudal ofensivo do JEALSA e moi incisiva desde a liña de saque a xogadora do primeiro equipo feminino colaborou de maneira activa na vitoria boirense sobre o Dompa Getsión. Oposta, Sara Ordóñez: gran actuación en saque e ataque para manter vivas as opcións de vitoria das nosas infantís en Lugo. Receptora 1, Paula Vázquez: foi a mellor xogadora do equipo cadete na vitoria das de Emilio Palacio sobre as ourensás do Dompa Gestión. Pouco a pouco Paula estase a convertir nun dos faros ofensivos deste JEALSA. Receptor 2, Cristóbal Álvarez: unha das grandes novas da fin de semana foi a extraordinaria actuación do Diablo no Parc Esportiu do Llobregat. Os 15 puntos de ataque e 1 bloqueo para un total de 16 cun 100% de recepcións positivas confirman o gran estado de forma do receptor do primeiro equipo. Central 1, Lidia Figueira: destacada aparición a da xogadora alevín na vitoria das infantís sobre as lousamianas na xornada do sábado. A súa regularidade desde a liña de saque foi clave neste triunfo. Central 2, Germán Romero: os seus 8 tantos repartidos en 7 ataques (78% de efectividade) e 1 bloqueo colocan a Germán como un dos centrais do noso septeto ideal particular. Líbero, Sheila Outeiral: seguridade en defensa e gran participación na defensa de segunda liña do JEALSA fan de Sheila unha das habituais nas aliñacións deste #7IdealBoiroVoleibol

Ningún comentario: